Concluímos...


22 de setembro | Despois do exposto e deixando moi claro a forma de actuar do concello, concluímos:

"Non sabemos moi ben que concepto existe das obrigas municipais e do principio de legalidade, ainda que non sería de extrañar que a incoherencia política levara a algúns a pedirlle ó Concello que viole a normativa que os parlamentarios do PSOE e do BNG aprobaron durante o anterior goberno da Xunta de Galicia en materia medioambiental. O noso sentido das resposabilidades públicas, o noso compromiso co Estado de Dereito e o noso talante democrático impídenos facer burla do principio de igualdade de todos ante a Lei, por iso, aplicaremos a normativa atendendo sempre ó procedimiento previsto legalmente e amparándonos ó informe emitido polas diversas Consellerías."

 

Máis trámites


22 de setembro | Como a nosta labor é informar, seguimos expoñendo os trámites levados a cabo polo Concello de San Cristovo de Cea.

Instancia do 06/07/2010 pola que Compost Galicia SA solicita Licencias de Obra e actividade para "Zona de maduración de compostaxe e nave de almacén de envasado, no lugar das Fontaiñas", acompañado polo proxecto técnico.

A) Lexislación fundamental de aplicación: "Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provinciais, Lei 9/2002, de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia" e "Decreto 133/2008", de 12 de Xuño, que regula a "Avaliación da Incidencia Ambiental", e que deroga expresamente o "Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e perigosas de 1961 (RAMIN)"

B) Actuacións municipais derivadas do expediente:

  • Informe do técnico municipal que califica favorablemente o Expediente, o non encontrarse a actividade incluida no anexo I do Decreto 133/2008 que recolle as actividades ou obras que teñen que someterse a Avaliación Ambiental, o que implicaría licencia directa por parte do Concello sen necesidade do trámite de Información Pública e notificación ós colindantes.
  • Oficio do 20 de Agosto polo que o Concello trasládalle copia do proxecto á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, (a efectos de ter unha maior seguridade xurídica), para que valoren se a actividade poderíase someter a avaliación ambiental, a pesar de non estar incluida no Decreto 133/2008. Constestando en SENTIDO FAVORABLE (esto é: licencia directa polo Concello), mediante resolución de data 2 de setembro.
  • Solicitude de informe á Consellería de Sanidade, remitida con data 3 de setembro de 2010. Contéstase FAVORABLEMENTE , sinalando que non é preceptivo o informe da Consellería, suliñando a non existencia de risco para a saúde pública.
  • Decreto da Alcaldía de 24 de agosto de 2010, paralización do depósito de compost e a subsanación da actuación.
  • Concesión de Licencia Municipal pola Xunta de Goberno Local en data 15/09/2010.

C) Otras incidencias del procedimiento:

  • Solicitude de información e traslado de Expediente ós solicitantes do mismo con posible lexitimación (solicitude dos veciños de Carballño, solicitude do concelleiro do PSdeG-PSOE, D. Guillermo Fernández Dopazo), e D. César Fernández Sorribas, (concelleiro do B.N.G).
  • Acta de Inspección favorable do Servicio de Avaliación Ambiental da Delegación Territorial da Consellería.
  • Escrito dos Concellos de O Carballiño e Maside, solicitando ser parte do expediente, rexeitado polo Concello

Esta é a información nos expedientes seguidos con "Compost Galicia SA" ata a data, información que xa poseían os grupos da oposición e que demostra que o Concello non solo foi escrupuloso na tramitación, senón que excedeu notablemente as súas obrigas ó remitilo a Medio Ambiente e Sanidade, a pesares do informe favorable do técnico municipal, que facultaba para a concesión da Licencia municipal directa, o que se fixo para na procura de defender os intereses municipais e garantir os dereitos dos nosos veciños.

 

Antes si agora non...


20 de setembro | Seguen algúns empeñados en comparar a Planta de Compostaxe de Lamas (Concello de Leiro), coa futura Planta de Maduración e Envasado de Compost das Fontaiñas. Diferenzas fundamentais, a primeira foi aprobada durante o anterior Goberno da Xunta de Galicia, precisamente sendo delegado da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o señor Celso Fernández López, hoxe alcalde do Concello de Maside, quen por aquel entón informa FAVORABLEMENTE sobre a actividade de "Pranta de Residuos organicos agropecuarios e Residuos Biodegradables de Depuradora", segundo consta no documento que achegamos e que todos podedes ver e comprobar.

No mesmo sentido o señor Juan Monedero Aguilera, delegado provincial da Consellería de Sanidade, emite un informe FAVORABLE sobre a concesión de Licenza de apertura para a mesma actividade, achegamos tamén o documento para a súa comprobación.

En outubro do ano 2006, o señor Celso Fernández López, hoxe alcalde do Concello de Maside, informa FAVORABLEMENTE a actividade, e hoxe, pide a paralización dunha planta que nada ten que ver coa anterior.

E dicimos que nada ten que ver unha coa outra pola evidencia que temos na actividade que a empresa expón para a solicitude de Licenza, a Planta de Leiro é de "Tratamento de Lodos", a de Fontaiñas é de "Maduración e envasado de compost xa tratado", coa lóxica diferenza. É máis e para que resulte máis cómodo de entender, na Planta de Leiro recíbense residuos para ser tratados e na de Fontaiñas recíbese produto xa tratado, e totalmente inerte. Esa é a diferenza.

 

Informe Consellería de Medio Ambiente (Outubro 2006)

Informe Consellería de Sanidade (Xullo 2008)

 

Inicio dos trámites


20 de setembro | A empresa Compost Galicia SA presenta unha Solicitude de Licenza Municipal para "Movementos de terras para a realización de cinco bancais nas leiras situadas nas Fontaiñas, no polígono 15, parcelas 648 e 601".

O Concello de San Cristovo de Cea, do mesmo xeito que ante calquera outra solicitude de licenza, tanto de obra como de actividade, ten que únicamente cinguirse á lexislación aplicable, neste caso á "Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Normas Complementarias e Subsidarias de Planeamento Provinciais".

Ante isto, o Concello, sempre cumprindo coa legalidade, concede a Licenza favorable o 31/05/2010, pasando a liquidar impostos e taxas.

A forma de actuar do Concello de San Cristovo de Cea axústase a legalidade. E recalcamos un dato de vital importancia: "As licenzas tanto de obra como de actividade, son un "Acto Regrado", o que implica que os Concellos violarían o ordenamento xurídico e prevaricarían se negan as licenzas aos solicitantes cuxa pretensión estea amparada pola lei a normativa de aplicación coa consecuente responsabilidade patrimonial por parte do Concello, se é o caso".

Devandito isto e explicado doutra forma, o Concello, o Alcalde ou a Xunta de Goberno Local NON PODEN POR LEI negar Licenza de Obra ou actividade a aquel solicitante que o faga amparado pola lei, é dicir, o Concello NON ten capacidade legal para dar ou non dar licenza segundo o alcalde estime ou non oportuno, ten que dar ou non esas licenzas segundo cumpran a normativa vixente ou non a cumpran, e de facer o contrario o Concello estaría prevaricando. Neste caso cúmprese a lexislación e é obrigación legal dar esa licenza...

Como o Concello de San Cristovo de Cea non quere prevaricar concede esa licenza a Compost Galicia SA.

Seguiremos informando...

 

Información sobre a Planta de Maduración e Envasado de Compost.


20 de setembro | Desde fai preto dun mes vivimos unha insólita situación, dándose informacións falsas, contraditorias e co único fin de enganar á opinión pública. Desde o Concello de San Cristovo de Cea, como branco desas acusacións, consideramos que chegou o momento de deixar claro as actuacións do propio Concello, as actuacións do Alcalde e do equipo de goberno, todas elas tomandas desde o sentido da responsabilidade e a legalidade.

Para ir completando todas estas informacións dispomos dun completo dossier que iremos debullando.

Farémolo paso a paso, farémolo argumentado todo tipo de decisións e tratando de expolo da forma máis sinxela posible. Para toda esta información colocamos unha ligazón no menú especiais onde manteremos esta información ordenada segundo a vaiamos colocando ademais de nesta sección ir mostrando tamén as novidades publicadas.

Seguiremos informando...

 

 
. Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares