Son Arturo V.C. nativo de CEA, pero residente desde fai máis de 25 anos en Gandia, Valencia. Desde este rincón de CEENSES POLO MUNDO, que nos brinda a Web do noso pobo, tentarei mostrarvos a ciudade onde vivo, as súas festas e as súas costumes.
Animo a tódolos Ceenses que se encuentran fora de CEA, que participen e nos fagan participes, a todos, dos seus pobos ou cidades onde residen, costumes, festas, monumentos ou lugares de interese.
Gandía, está situada na Costa Mediterránea, ten uns 81.296 habitantes, o que a converten en Gran Cidad3, é unha cidadw eminentemente turística, posto que goza dunha das Praias máis bonitas da nosa costa: por limpeza, por extensión, por servizos e pola calidade das suas augas.
“El Consell ha aprobado hoy el anteproyecto de ley por el que la localidad de Gandia será considerado como "Municipio de Gran Población" (Gran Ciudad), por lo que disfrutará de unos beneficios que mejorarán su organización,” 12/02/2010
Recentemente celebrouse a Semana Santa, que en Gandía está declarada de Interese Turístico Nacional, ten nada que ver coas de Sevilla, pero está moi ben e participa moitísima xente, tanto nas cofradías que desfilan, como o numerosísimo de público que asiste.
Na actualidade hai en Gandia 18 Cofradías e cada unha ten a súa figura ou Paso.
Deixovos algunha foto, como documento gráfico desta celebración. (Menú da esquerda, e abaixo, con click amplíanse)
Próximamente comentareivos a Festa das Fallas en Gandia.
|
|
Confradía Entrada de Xesús en Xerusalén |
Cofrades coa cruz a costas e cadeas |
|