Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
FIOU: Gran Exposición
31 de agosto | Unha gran exposición sobre a historia das orquestras de baile en Galicia será outro dos atractivos deste innovador proxecto. Como vedes pouco a pouco imos desgranando as particularidades deste gran evento, único en Galicia e creado con idea de futuro. E non podemos decir que ata aquí chega a cousa. Seguiremos avanzando detalles e máis detalles, podémosvos asegurar que FIOU é algo máis ca un festival, podémosvos asegurar que quen esté en FIOU disfrutará dunha das tradicións con máis arraigo en Galicia...
Este evento marcará un antes e un despois e tódolos medios posibles están sendo usados para que se converta nun evento destacadísimo. A partir de mañá podréis ver gráficamente como avanza FIOU....
FIOU: Charlas coloquio
31 de agosto | Como sabedes, ademais dlos concertos programados FIOU será algo máis. Un dos pratos fortes do festival serán as charlas-coloquio. Celebraranse dúas, ambas na Praza do Santo Cristo, o sábado e o domingo ás 18: horas. E hoxe anunciámosvos o contido da primeira:
Coloquio 1: Sábado 4 de setembro.
Título: Coloquio da experiencia
Neste coloquio falarase da experiencia de cada un dos poñentes e do seu gran anecdotario
Poñentes: Pili Pampín (artista galega), Nonito Pereira (periodista e crítico musical), Pepe Chiné (trompetista e músico recoñecido) e Joaquín García (fundador da orquestra París de Noia)
Modera Xosé Manuel PIñeiro
Actuacións do venres
27 de agosto | Como anunciaramos deixámosvos tres videos das actuacións previstas para o venres. Os melódicos de Venezuela, Roy Paci & Aretuska (Sicilia - Italia) e Orquestra Philadelphia (Galicia). (Click no nome de cada un e abrirase o video nunha nova ventá, debes desactivar o bloqueador de pop-ups)
27 de agosto | O luns próximo os veciños de Cea recibirán nos seus domicilios unha comunicación sobre o Festival con información sumamamente importante. No mesmo adxuntarase información relativa ós cortes de rúas previstos, ó servicio de recollida de basura e unha serie de recomendacións e facilidades para os propios veciños. Ese comunicado poñeremos nesta web unha vez esté ultimado.
Ubicación: Escenario Vermouth y Clásicos Latinos
27 de agosto | Como sabedes o festival vai repartir as súas actuacións en tres lugares diferentes. Un deles dará cabida á Sesión Vermú e á Clásicos Latinos. No primeiro actuarán Sintonía de Vigo e Diplomaticos do Acordeón, no segundo, as venezolanas Los Melódicos e Billo´s Caracas Boys e El Combo Dominicano. Adxuntamos fotografias da Praza Maior, onde se ubicará ese escenario que acollerá as formaciones antes citadas. (Click nas miniaturas amplía)
FIOU
26 de agosto | Adxuntamos de novo o programa de FIOU, e anunciamos, pregón ás 19:30 horas do 3 de setembro, na Praza Maior. A continuación concerto de Los Melódicos. Mañá, fotos da ubicacion, Praza Maior, videos de Los Melódicos, de Roy Paci & Aretuska e a Orquesta Philadephia. Comezamos...
O Camiño de Santiago....
26 de agosto | Xa puxemos na web algunhas fotos da peregrinación dos "Amigos do Camino". Agora acercámosvos tres videos, que nos envía o noso amigo e colaborador Arturo Vázquez. Neles poderedes ver un emotivo episodio da visita destes "peregrinos", que estamos seguros vos gustarán...
Video 1
Video 2
Video 3
FIOU
21 de agosto | Como vedes, nos últimos días estamos insistindo na promoción do Festival Internacional de Orquestras de Galicia que se celebrará en Cea os días 3, 4 e 5 de setembro. Consideramos este un evento importantísimo para Cea e consideramos de que se vai acercando o momento de empezar a dar a coñecer tódolos entresixos do mesmo. A partir do luns tódolos días, todos, haberá algunha novidade ó respecto. Hoxe queremos poñer a disposición de todo o que o necesite a nosa dirección de correo electrónico para axudar ou resolver algunha dúbida a quen o requira. O noso mail info@concellodecea.com
MerzaBrass en Cea
21 de agosto | Magnífico concerto do grupo de metais MerzaBrass en Cea. Máis dunha hora de boa música, lembrando as Bandas Sonoras máis emblématicas do cine dos últimos anos. Os asistentes pudemos disfrutar dun verdadero espectáculo, que recomendamos a quen teña ocasión de velo. Adxuntamos serie de fotografías [Ver Fotos]
Programa FIOU
20 de agosto | Dispoñible o programa de FIOU. Para velo pulsa na seguinte miniatura e ampliaráse a programación de concertos..., seguiremos informando...
Actualidade
16 de agosto | Tras uns días de menos actividade do habitual na web volvemos á carga coas ultimas novas, e como podedes ver no encabezado da web con máis información de FIOU, o Festival Internacional de Orquestras de Galicia. Deste, ampliaremos información en breve...
Taller de Memoria
16 de agosto | Dispoñibles as fotos da entrega de diplomas do Taller de Memoria do pasado curso. Podédela ver no apartado En Fotos ou no enlace que segue [Taller de Memoria: fotos]
Xacobeo 2010
16 de agosto | O Ano Santo está cumplindo coas expectativas previstas. É raro o día que en Cea non vemos un grupo numeroso de peregrinos. O albergue está prácticamente cheo tódolos días, e o pavillón de deportes é raro o día que non está sendo usado como "albergue" provisional. Adxuntamos dúas galerías fotográficas da visita de dous grupos numerosos nos últimos días.
16 de agosto | Xa dispoñibles as fotos de Ludiverán 2010. Lembrámosvos que éstas son actividades pensadas para os máis pequenos e que istes disfrutaron duns días de entreteñemento nun entorno envidiable. [Ver fotos]
FIOU: Zona de acampada libre
09 de agosto | Aberto o prazo de inscrición para a zona de acampada libre do Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU). Os interesados poden inscribirse envíando a hoja de inscrición á dirección de correo que podedes ver no seguinte enlace da web do festival [Acampada FIOU - Xacobeo.es]
Fotos: Excusión ás Illas Cies
09 de agosto | Dispoñibles as fotos da excursión ás Illas Cies do pasado 1 de agosto. No apartado En Fotos ou no enlace que segue [Excursión Islas Cies]
Obradoiro de emprego: más fotos
09 de agosto | Novas fotos das actuacións do Obradoiro de Emprego Terras de Cea, nesta ocasión adxuntamos imaxes dos traballos nos Fornos de Veiga de Arriba e Tanxil e do camiño que se comezará a recuperar entre Casledo e Áspera.