Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Curiosidades

31 de maio | O noso Concello é rico en elementos patromoniais (fornos, fontes, muiños...), pero tamén destaca por estar enclavado nun entorno natural especial, no mesmo podemos encontrarnos con curiosidades e con inxenios como o que podedes observar na foto, aproveitando elementos naturais dun maneira sobresainte. Esta imaxe podemola ver en Faramontaos de Viña

Faramontaos de Viña

 

Mosteirón e Faramontaos de Viña

31 de maio | Xa dispoñibles as fichas dos Fornos de Mosteirón e Faramontaos de Viña no apartado Obradoiro de Emprego Terras de Cea do menú da esquerda. pouco a pouco iremos completando todas e cada unha das actuacións que o Obradoiro está realizando en todas e cada unha das 13 parroquias do noso Concello [Obradoiro]

 

Solidaridad y compromiso

"Aos ignorantes avantáxanos os que len libros. A Estes, os que reteñen o lido. A Estes, os que comprenden o lido. A Estes, os que pon ao choio"

26 de maio | Comezamos esta nova cun proverbio indio, e escollemos un indio non por casualidade. O noso veciño e amigo Víctor decidiu "poñerse ao choio". Entre o 2 e o 27 de agosto estará de viaxe de voluntariado cun grupo misioneiro na India, máis concretamente en dous orfanatos sitos en Pune e Manali.

Víctor faranos chegar unha especie de diario da súa estancia e o seu traballo naquelas terras, con algunhas fotos, sempre e cando as conexións á rede o permitan. Todo elo irémolo engadindo según o recibamos.

Ademais, queremos facer chegar a tódolos visitantes da web a petición de colaboración, en nome de Víctor, en nome do grupo misioneiro co que realizará a viaxe e como non en nome desta web. Poderán levar ropa (nova ou usada en bo estado), para nenos e nenas de 3 a 18 anos. Cada un dos voluntarios poderán levar até 10/12 kg, polo que pedimos a quien o desexe e a quen poida, colabore deixando esa ropa na Casa do Concello. Neste, como en outros moitos casos, o noso pequeno xesto axudará ós máis necesitados. Esperamos a vosa colaboración. Para calquera dúbida ou suxerencia poñemos á vosa disposición a seguinte dirección de correo electrónico info@concellodecea.com. En breve veredes un banner na web, que quedará permanante con esta nova.

 

Ponte Mandrás: nova praza

25 de maio | Xa está rematado un novo espazo de esparcemento en Ponte Mandrás. Bancos, mesas de pedra, máquinas biosaadables nun entorno moi bien resolto forman un novo lugar de reunión e ocio no pobo da parroquia de Mandrás.

Ponte Mandrás Ponte Mandrás Ponte Mandrás Ponte Mandrás

 

Camiño de Santiago: 3ª etapa

25 de maio | Catro fotografias da etapa do domingo da peregrinación a Santiago de Compostela organizada polo Concello de Cea. A etapa transcurriu entre Lalín (estación de tren)eSan Martiño de Dornelas, uns 28 kms nos que o calor resultou asfixiante. De momento deixamos catro imaxes, en breve ampliaremos o número de fotos de tódalas etapas da peregrinación

Etapa 3 Etapa 3 Etapa 3 Etapa 3

 

Obradoiro de Emprego: Fotos

23 de maio | Novas fotos dos traballos realizados polo Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Cambiamos a forma de mostrar as fotos, dun xeito máis sinxelo e accesible, engadiremos en adialante 4 fotos de cada un dos traballos realizados durante a semana. Para ampliar as fotos basta con pulsalas.

Axardinamento e rego do edificio multiusos
Multiusos de Cea Multiusos de Cea Multiusos de Cea Multiusos de Cea
Forno de Lamas
Forno de Lamas Forno de Lamas Forno de Lamas Forno de Lamas

 

Rúa Lodairo

23 de maio | A pasada semana procedeuse ó asfaltado da Rúa Lodairo. Adxuntamos un par de imaxes do novo aspecto da propia rúa.

calle lodairo
calle lodairo

 

Nova Colaboración: As Panadeiras de Cea

21 de maio | O noso amigo e colaborador O Xiada proponnos unha nova colaboración para a web. Neste caso fálanos de "As Panadeiras de Cea" como unha homenaxe a todas aquelas e aqueles que se adicaron a levar o nombre do Pan de Cea ó lugar ó que lle corresponde e onde hoxe se atopa. Esperamos que sexa do agrado de todos vós esta nova colaboración. Xa dispoñible no apartado colaboracións e no enlace que segue [As Panadeiras de Cea]

 

XIX Festa de Exaltación do Pan de Cea

21 de maio | Falta exactamente 1 mes e 13 días para a celebración da XIX Festa de Exaltación do Pan de Cea. Queremos lembrar que para Cea e o seu Concello, e moi especialmente para tódolos panadeiros e panadeiras do noso municipio supón unha importantísima data na promoción do noso Pan. Como ano tras ano vimos facendo nesta web teremos un especial informativo sobre a festa. De momento adiantámosvos que xa hai cartel e xa hai pregoeiro... no seu momento ampliaremos información aquí, en www.concellodecea.com

 

Obras: Nave Municipal

19 de maio | Xa comezaron as obras da nova Nave Municipal. Estará ubicada na parte posterior do campo de fútbol, moi cerca do depósito de agua. Adxuntamos un par de fotos no que se pode comprobar o inicio das obras

Nave Municipal
Nave Municipal

 

Máis do Obradoiro

19 de maio | Tres novas galerías fotográficas dos traballos que o Obradoiro de Emprego Terras de Cea está realizando. O forno e o lavadoiro de Longos, o lavadoiro de San Facundo e un pequeno muro na parte exterior do Campo da Saleta son as actuacións que mostramos nas galerías que seguen.

Forno e Lavadoiro de Longos

Lavadoiro de San Facundo

Murete exterior do Campo dla a Saleta

 

 

Novas fotos históricas

17 de maio | Dúas novas fotos da historia do noso Concello dispoñibles no apartado En Fotos | A Historia de Cea en Fotos. Trátase de dúas fotos da Igrexa da Ventela durante a súa restauración e construcción do cemiterio. Podedes velas no enlace que segue [Fotos Históricas]

 

Obradoiro de Emprego Terra de Cea

17 de maio | Dispoñibles as fichas dos fornos de Regueira e Ermida no apartado Obradoiro de Emprego que está no menú da esquerda. Lembrámosvos que en cada ficha temos a ubicación do forno, un mapa interactivo, fotos do seu estado anterior e actual e un enlace á evolución da súa restauración. [Obradoiro de Emprego]

 

Novo artigo "Diario dun triatleta"

14 de maio | Dispoñible un novo artigo en "Diario dun triatleta Ceense". Walter relátanos a súa participación no "III Maratón do Miño", celebrado o pasado 18 de outubro de 2009 en Ourense. No mesmo, 9 fotografías, algunhas moi entrañables, con veciños e vecinas do noso pobo, outras da prueba en si e outras con algún atleta famoso, como Fermín Cacho. Dispoñible no enlace do menú da esquerda [Diario dun triatleta ceense]

 

Fotos da excursión a Portugal

12 de maio | Engadimos ña web unha serie de fotografías da excursión a Portugal do pasado domingo, 25 de abril. Lembramos que un nutrido grupo de veciños do noso concello visitou a cidade lusa de Oporto. Por uns días permanecerá a galería completa (179 fotos), logo extraeremos 12/15 fotos para deixalas de xeito permanente. Xa dispoñibles no apartado En Fotos ou no enlace que segue [Fotos Excursión a Portugal]

 

Charlas de Orientación

12 de maio | A pasada semana os alumnos de 4 de ESO do CPI Virxe da Saleta asistiron a unhas xornadas de orientación que tiveron lugar no Edificio Multiusos. Varios poñentes informáronos da súa propia experiencia á hora de elexir estudios posteriores. Sen dúbida dous días que lle axudarán nas súas futuras decisións. Adxuntamos fotografías

Foto1 Foto2 foto3

 

Camiño de Santiago: 2ª Etapa

11 de maio | Fotos da segunda etapa da peregrinación a Santiago de Compostela organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Un total de imaxes dispoñibles no apartado En Fotos. Outra bonita xornada a pesar de acompañarnos unha climatoloxía adversa, máis propia doutra epoca do ano. [Ver Fotos]

 

Novas instalacións: parque infantil

11 de maio | Desde a semana pasada os nenos e nenas da villa de Cea dispoñen dun novo parque infantil ubicado no entorno do Centro de Saúde. Consideramos un importante servizo para os máis pequenos nunha zona céntrica e ben dotada para o disfrute dos máis novos. Adxuntamos fotografía.

Parque infantil

 

Semana de moitas actualizacións

10 de maio | A partir de mañá comezaremos cunha se2 Etapamana de constantes actualizacións e novos contidos na web. Obras, excursións, a segunda etapa do camiño de Santiago, novas fichas na sección obradoiro, novos artigos dos nosos atletas.... Espéranos unha intensa semana informativa...

 

Novas fotos do Obradoiro...

10 de maio | Dispoñibles no apartado En Fotos novas fotos das actuacións levadas a cabo polo Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Estamos ultimando as fichas definitivas de dous novos fornos xa rematados que publicaremos nesta mesma semana no apartado do Obradoiro, mentras tanto podedes velos traballos realizados nos fornos de Ariz e Mosteirón nas últimas datas. Click nos enlaces que seguen...

Forno de Ariz

Forno de Mosteirón

 

Camiño de Santiago: Fotos da primeira etapa

07 de maio | No apartado En Fotos xa está dispoñible unha galería fotográfica (80 fotos) da primeira etapa da peregrinación a Santiago de Compostela organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Lembramos que o domingo 9 de maio dispoñerémonos a "camiñar" a segunda etapa (Cea- Estacion de autobuses de Lalín), da que, por supuesto, poñeremos algunhas fotos. [Fotos primeira etapa]

 

Ceenses polo mundo: 3er artigo

07 de maio | Novo artigo no apartado Ceenses polo Mundo. Agradecemos a todos aquiles que están colaborando con este apartado, á vez que pedimos os nosos potenciales colaboradores un esforzo. Entre todos podemos conseguir que o contacto entre nós e vós pase máis alá dunhas simples palabras. Lembrámosvos que podedes mandarnos os vosos artigos a info@concellodecea.com. [Ceenses por el mundo]

 

O apartado En Fotos funcionando...

07 de maio | Tras uns días nos que estivemos realizando operacións de mantemento no apartado, xa está de novo funcionando ó 100%. Engadimos ó mesmo máis fotos como anunciamos nas anteriores novas.

 

25 aniversario

05 de maio | Alá polo 28 de abril de 1985 CD Cea proclamábase campeón de 1ª Rexional por primeira vez na súa historia, co conseguinte ascenso á Rexional Preferente, apenas un par de meses despois, CD Cea, por primera vez na súa historia novamente, lograba un, até a data, irrepetible doblete ó proclamarse campeón da Copa Deputación.

Engadimos ó menú Especiais un enlace no que detallamos o evento. No mesmo poderedes encontrar mais información, recortes de prensa da época, e algunhas fotos e videos. Esperamos que sexa do agrado de todos vós. [ 25 Aniversario: Un doblete para a nosa Historia]

 

Peregrinación a Santiago: 1º etapa Ourense-Cea

03 de maio | 25 "peregrinos" do noso Concello partimos onte domingo da Catedral de Ourense para completar a primeira etapa da peregrinación a Santiago de Compostela organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Partimos ás 8:30 horas de Cea, nun autobús da empresa Pérez con dirección a Ourense, unha vez alí e tras selar as nosas credenciais na Catedral, sobre as 9:30 horas partimos hacía o noso destino. Tras 4:30 horas o primeiro grupo chegou a Cea, e os dous restantes facíano un pouco mais tarde. Unha mañá bonita, nun entorno inigualable e nunha magnífica compaña. En defintiva un xornada de convivencia maravillosa. Adxuntamos algunhas fotos, ampliaremos en número as mesmas ó longo desta mesma semana.

Camino de Santiago Camino de Santiago Camino de Santiago Camino de Santiago

 

Apartado En Fotos inoperativo

03 de maio | O apartado En Fotos permanecerá inoperativo durante uns días por motivos de mantemento e ampliación de espazo. Ainda que neste período poderanse velas fotos existentes, non subiremos mais nin se contabilizarán as visitas. En breve dispoñible con todo o contido operativo.

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares