Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

A Regueira

29 de marzo | A Regueira é un pequeno pobo do Concello de Cea. Pertence á parroquia de Pereda. Nos últimos días o Obradoiro de Emprego Terras de Cea realizou actuacións neste pobo. Á espera de engadir á web novas actuacións dentro do apartado do Obradoiro adiantámoslle catro fotos das obras levadas a cabo no pobo.

A Regueira
A Regueira
A Regueira
A Regueira

 

Nova foto Histórica

29 de marzo | Engadimos unha nova foto histórica á web. De 1909, posiblemente das máis interesantes desde o punto de vista histórico pola súa antiguedade. Queremos agradecer á persoa que nos facilitou esta imaxe de modo totalmente desinteresado únicamente para ser mostrada na web. Esta persoa quixo manterse no anonimato, o cal respetamos, e trataremos de que o seu desexo de que so sexa exposta na páxina web oficial do Concello de San Cristovo de Cea sexa respetado por todos. Dispoñible no apartado En Fotos | A Historia de Cea en Fotos ou no enlace que segue. [Fotos históricas]

 

Entra a primaveira

22 de marzo | O pasado 20 de marzo ás 18:32 horas entrou oficialmente a primaveira. Para celebralo deixámosvos tres imaxes onde podemos comprobar que iste feito en algo xa se nota...

Asimesmo anunciámosvos un cambio significativo na forma de ver as fotos nesta páxina, na página de novas, nas que até agora ó pulsar nunha miniatura abríase unha nova ventá, agora cos cambios realizados abrirase nunha nova capa, mellorando considerablemente a navegación. Para cerrar a imaxe basta con pulsar no botón co mesmo nome que aparece na parte inferior da imaxe. Esperamos que vos guste esta nova aplicacion.

Primavera Primavera Primavera

 

350 peregrinos cordobeses en Cea

20 de marzo | 350 peregrinos de Córdoba enchen as rúas de Cea con motivo da súa peregrinación a Santiago de Compostela.

O pavillón de deportes sirviu de albergue ós mesmos, creando unha estampa verdadeiramente curiosa. Moi organizada a peregrinación, con coches de apoio, 8 autobuses e incluso servizo de catering fixeron que Cea tivese unha imaxe diferente á habitual. Deixamos unhas fotos para que comprobedes a magnitude do evento.(click en cada imaxe amplíase)

350 peregrinos cordobeses
350 peregrinos cordobeses
350 peregrinos cordobeses
350 peregrinos cordobeses

 

Charlas - Coloquio "Movéndonos polo Río"

17 de marzo | O obxetivo desta charla é sensibilizar sobre a importancia dos ríos no desenvolvemento dun pobo e das suas xentes. Neste encontro os/as asistentes poderán voltar atrás no tempo, e recuperar historias vividas de xóvenes entorno ós ríos (contos, lendas, fotos, cantigas…).

- Centro Social de A Grela: días 16 e 18 de marzo ás 19:00 horas

- Centro Social de Ponte Mandrás 23 e 25 de marzo á 19:00 horas

Organizan: Concello de San Cristovo de Cea e Cruz Vermella

 

Abrimos o apartado "Obradoiro Terras de Cea"

17 de marzo | Abrimos o apartado "Obradoiro de Emprego Terras de Cea", con dúas actuacións xa no mesmo. De cada unha delas colocamos a súa ubicación, un mapa de localización interactivo (pódese velo mapa, a vista desde o satélite e moverse a través do mesmo), unha foto co seu estado anterior exterior, outra interior e otras dúas co seu estado actual e un acceso ás galerías da evolución da restauración.

Polo momento dispoñibles os Fornos de Pereda e Faramontaos de Pereda, estamos traballando nos de Costa de Monte e Souto que en breve publicaremos.

Para velo apartado click no acceso da esquerda.

 

O Camiño de Santiago ó seu paso polo noso Concello

17 de marzo | Como anunciamos días atrás, estamos preparando un apartado especial con motivo do Año Santo 2010. Xa tenemos o mesmo case listo para abrilo, pero de momento adiantamos algunhas imaxes que poderemos ver en dito espazo.

Ponte Mandrás
Albergue
Ponte Mandrás: Beleza natural
Albergue: o merecido descanso

 

Obradoiro de Emprego Terras de Cea

13 de marzo | Como xa é habitual nesta web, publicamos fotos dos traballos realizados no Obradoiro de Empleo "Terras de Cea". Esta semana damos especial protagonismo ó módulo de xardinaría, publicando fotos de traballos realizados, de traballos en realización e futuros lugares de actuación. Como sempre, dispoñible no apartado "En Fotos" ou nos enlaces que seguen.

Fonte de Fatón

Fonte-Lavadoiro de A Ermida

Forno-Fonte-Lavadoiro de A Regueira

Fonte-Lavadoiro de Mosteirón

Fonte de Nogueira

Fontes de Anllo

Entorno do Edificio Multiusos

Xardín Xaponés (Edificio Multiusos)

Área de esparcemento de O Lodairo

 

Novo apartado recopilatorio de fotos na web do Mosteiro de Oseira

13 de marzo | Infórmanos desde a web do Mosteiro de Oseira (www.mosteirodeoseira.org), que acaban de abrir, de forma provisional un apartado recopilatorio das fotos da súa web, na que se poden ver de forma organizada casi 500 imaxes que foron publicadas na mesma desde o seu nacemento en 2008.

Asimesmo coméntannos que están traballando nun tema especial dentro deste apartado adicado a fotos Históricas do propio mosteiro. No dubidedes en visitalo, seguro que vos gusta!

 

Máis fotos HDR

13 de marzo | Desde fai aproximadamente 10 días no encabezado da web tivemos unha foto un tanto especial do Campo de Casledo en Oseira. Compartimola con todos vós en tamaño completo. ¿Conocedes esta estampa en vivo?. Recomendámosvos un paseo por la zona.

A medida que o noso catalogo de fotografías HDR vaia en aumento crearemos un apartado en En Fotos en donde recopilaremos todas estas imaxes

Campo de Casledo

 

 

El CD Cea perde en Maside

13 de marzo | CD Cea perdeu 2 a 0 na súa visita ó Outeiro Grande frente ó Maside o pasado domingo. CD Cea anos 60

C.D. Maside: Toño; Pereira, Roberto (Caiña, min. 46), Chevi, Israel, Bruno, Hugo, Luso (Jonathan, min. 82), Cristian (Utrero, min. 66), Adrián e Paco (Héctor, m.88).

C.D. Cea: Montes, Rubén, Toni, Victor, Roberto, Marcos (Danilo, min. 46), Omar, César (Fran Noguerol, min. 62), Ángel, Obenza e Rodrigo (Iván, min. 46).

Arbitro: Iglesias, asistido nas bandas por Carlos e Lucía. Expulsou por vermella directa a Víctor (min. 75) e Danilo (min. 82) do Cea. Amonestou a Chevi e Caiña  del Maside e a Toni e Obenza no Cea.

Goles: 1-0, min. 11: Paco; 2-0, min. 78: Paco.


8 de marzo: Dia Internacional da Muller Traballadora

09 de marzo | A Asociación de Mulleres Rurais Maximinio e Melania do Concello de San Cristovo de Cea celebrou o pasado domingo, cunha comida e unha agradable sobremesa, o Día Internacional da Muller Traballadora. Adxuntamos unha galería fotográfica de 63 imaxes que dan fe do que disfrutaron no acto desenrolado no Edificio Multiusos de San Cristovo de Cea.

Dispoñibles no apartado En Fotos e no enlace que segue [Mulleres Rurais Maximinio e Melania]

 

Obradoiro de Emprego Terras de Cea

09 de marzo | Batería de fotos novas do Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Fotos dos fornos, fontes e xardíns rematados, en restauración e próximas actuacións. Todo esto no apartado En Fotos ou nos enlaces directos que a continuación deixamos.

Forno de Mosteirón (semana1)

Forno de Souto (semana 1)

Forno da Ermida (semana 1)

Forno de Pereda (semana 4)

Forno de Faramontaos de Pereda (semana 4)

Forno de Faramontaos de Pereda (semana 5)

Forno de Costa de Monte (semana 3)

Forno de Costa de Monte (Semana 3)

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares