Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
setembro 2010
Outubro2010
novembro 2010
Decembro
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Tarde noite de neve

30 de novembro | Ainda que as previsións xa daban neve en cotas de 500 metros, sobre as 17:30 horas un intenso vendaval de neve fixo acto de presenza convertendo nun precioso manto branco as nosas paisaxes. As dificultades metereolóxicas impidíronnos sair de Cea para deixar constancia gráfica do acontecido no noso Concello, pero podemos decir que practicamente todo quedou teñido dun branco xélido para lembrar en tempo. Deixámosvos unhas fotos que ampliaremos en futuras datas. Para amplialas pulsades nas miniaturas

Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea
Neve 29.11.2010 en Cea

 

Exposición de fotos históricas

22 de novembro | Como vimos informando nas últimas datas, estamos a preparar unha exposición de fotos antiguas. Definitivamente será neste nadal e inaugurarase, se non surxen incovintes de última hora, o próximo 23 de decembro. Seguimos abertos a que nos enviedes as fotos que teñades para enriquecer máis a mostra. En dias veredes nesta web o cartel da propia exposición. Adxuntamos un novo mosaico con fotos diferentes

Fotos históricas

 

CD Cea: E se toca aquí...

22 de novembro | CD Cea sacou a venda unha tirada de Lotería Nacional para o sorteo extraordinario de Nadal, que se celebrará o próximo 22 de decembro. Pódese adquirir en décimos e en participacións. Os primeiros teñen un coste de 23 euros (xogan 20 € e 3 € son de donativo para o Clube), e as segundas teñen un prezo de 5 € (xóganse 4 € e 1 € é o donativo).

Xa se poden adquirir nos diferentes locais comerciais de Cea e arredores. Click na seguinte imaxe amplía

Loteria de Nadal CD Cea

 

Comparaciones

22 de novembro | Fai uns días poñíamos na web un mosaico con algunhas das fotos históricas que recibimos, ó poñer a miniatura do mosaico deciamos que comparariamos ésta con outra foto. A continuación deixamos a foto orixinal e el mosaico, parécense??? Se ampliades ambas veredes como non encontramos ningunha similitude...

Foto original
Mosaico

 

Forno de Betar

16 de novembro | Engadimos ao apartado Obradoiro de Emprego a ficha do Forno de Betar. Como é habitual nesta ficha dispoñedes dun mapa interactivo, fotos do antes e do agora e a evolución fotográfica da restauración. Agradecemos as facilidades e a implicación da propia dirección do Obradoiro ao facilitarnos todo canto está na súa man para ser publicado nesta web e á vez informar de tódalas actuacións do propio Obradoiro [Obradoiro de Emprego]

 

Foto...

16 de novembro | Unha foto..., pero unha foto especial, dun lugar especial... moi cerca da nosa casa... ¿sabedes de onde estamos a falar...? Click na imaxe amplía

Foto HDR

 

 

Magosto 2010

15 de novembro | Fotos do Magosto Popular do pasado sábado dispoñibles no apartado En Fotos. Sobre 150 veciños do noso Concello e un grupo de 10 persoas que nos visitaban desde León e algúns peregrinos degustamos o menú preparado. A estos que nos visitaron desde outras localidades agradecerlles a presenza o o noso máis sincero desexo de que lles resultara agradable a súa estancia polas nosas terras.[Ver fotos]

 

Fotos históricas

15 de novembro | Xa dispoñemos de máis dun centenar de fotos que forman parte da nosa Historia. Estamos ultimando os detalles da exposición, que pretendemos sexa algo máis que iso, tentaremos darlle máis sentido que unha simple colección fotográfica. Trataremos de ambientala e de darlle "vida" tratando de facer participe a tódolos que a visiten. Pensamos tamén a idea de que ésta sexa unha colección ampliable co tempo e dalgún xeito que día a día se vaia completando para o recordo de todos nós.

Agradecer aos que xa nos envíaron as súas fotos e seguir pidindo colaboración a todos aqueles que nos podan "prestar" as fotografías que dispoñan. Mostrámosvos un pequeno mosaico dalgunhas fotos que recibimos até o momento. (click amplía) - PD: Fixádevos na foto en pequeno, nun par de días ensinaremos outra foto, veredes similitudes.

Fotos historicas

 

Lembranzas

15 de novembro | Tras unha semana de ausencia renovamos a portada da web cunha nova "Lembranza". Fai uns días subimos unha foto ao apartado de A Historia de Cea En Fotos, de cando se metiu a auga pública no pobo de Cea, alá por 1965, agora en portada deixamos unha nova foto desa importante obra... esta vez na Rúa Calvo Sotelo.

 

Fotos Históricas...

03 de novembro | Como sabedes, estamos realizando unha campaña de recolección de fotos antigas do Concello de San Cristovo de Cea, y xa recibimos as primeiras fotografías... Neste intre dispoñemos, ademais das que xa tiñamos no noso propio arquivo, 60 novas fotografías que, amablemente, diferentes veciños nos facilitaron.

Podedes levalas ó Concello, escanearanse e devolveranse ó momento, ou bien, mandádelas á dirección info@concellodecea.com. Coas fotos recibidas, ademais de expoñelas, elaborarase un listado de colaboradores, para recoñecer a quen dalguna forma participará nesta iniciativa.

Xentes, tradicións, lugares, CD Cea, Mosteiro de Oseira, serán algúns dos contidos desta exposición. Engadimos á web unha das fotos que xa recibimos. Trátase de ano 1965, cando na vila de Cea se fixeron as obras pertinentes para instalar a auga da traida... Esperamos que vos guste. Para ver esta foto pulsa no seguinte enlace...[ Fotos históricas]

 

Campamento Urbano 2010

03 de novembro | Unha das actividades del pasado verán Deputación de Ourense foi o Campamento Urbán 2010, coa asistencia dos nenos e nenas do Concello de San Cristovo de Cea. Esta actividade, cofinanciada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense, supuxo un enriquecedor punto de encontro para os máis xóvenes dos diferentes núcleos de poboación do noso Concello. Lembramos a galería fotográfica que no seu día puxemos nesta web. [Ver fotos]

 

"Un pais para comérselo"

02 de novembro | Imanol Arias e Juan Echanove, xunto a un equipo de 12 persoas máis rodaron en Oseira unha parte do programa "Un pais para comérselo", que TVE emite os xoves. A gastronomía da provincia de Ourense será a protagonista do programa que se emitirá, posiblemente, durante o mes de marzo do vindeiro año.

O Pan de Cea e o Eucaliptine tuveron o seu recoñecemento no programa de turismo grastronómico presentado polos famosos actores. Veránse imaxes do Mosteiro de Oseira e dun forno de Pan de Cea no que os presentadores fixeron o seu propio Pan de Cea.

Un pais para comérselo en Cea
Un pais para comérselo en Cea
Imanol Arias cunha peza de Pan de Cea en presenza do Irmán Pascual e de Dom Juan Javier, Abade de Oseira
O Eucaliptine en mans de Juan Echanove
Un pais para comérselo en Cea
Un pais para comérselo en Cea
O Pan de Cea sorprendeu moi gratamente aos presentadores, tanto polo seu sabor como pola súa elaboración tradicional
Detalle da grabación...

 

Lembranzas

02 de novembro | Din os entendidos que a Restauración de Oseira. e poñemolo en maiúsculas dada a súa importancia, debe ser considerada como o resurxir do Ave Fénix, que morreu para renacer con toda a súa gloria. A fotografía que esta semana estará en Lembranzas da fe de elo. Véxase o Calefactorium no ano 1929...

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares