Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
setembro 2010
Outubro2010
novembro 2010
Decembro
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Magosto 2010

 

Novos dominios...

27 de outubro | Desde agora esta web será vista desde a dirección www.concellodecea.com, como até o momento, pero tamén desde www.sancristovodecea.es (xa accesible) e nuns días www.concellodecea.org. Esta medida permitiranos nun futuro usar os tres dominios para diferentes fins dentro da idea orixinal que é a que estamos levando a cabo na punto com.

 

Forno de Lamas

27 de octubre | Engadimos á web a ficha do Forno de Lamas, restaurado polo Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Como sabedes, no apartado Obradoiro del Emprego do menú Especiales estamos recopilando as actuacións levadas a cabo polo Obradoiro. En cada ficha podedes ver un mapa interactivo, fotos do antes e do agora e a evolución fotográfica da restauración. [Forno de Lamas]

 

Magosto 2010

 

Fotos históricas: unha nova foto dispoñible

26 de outubro | Engadimos ó apartado En Fotos | A Historia de Cea en Fotos, unha nova imaxe que forma parte da nosa Historia. Seguro que esta foto estará na gran Exposición de fotografias antigas que se está preparando e para a cal pedimos as vosas colaboracións.

A foto que adxuntamos é dunha procesión das Festas da Saleta, na mesma podemos observar o curioso transporte da Virxe. Gracias ANGODA pola aportación. [Ver fotos Historicas]

 

Obradoiro de Emprego

26 de outubro | Na nosa labor de recuperar a evolución da restauración dos diferentes Fornos que o Obradoiro de Emprego está levando a cabo, engadimos as galerías fotográficas do Forno de Costa de Monte e do Forno de Regueira. Para velas podedes entrar n apartado Obradoiro de Emprego do menú especiais e dentro na ficha correspondente a cada forno ou nos enlaces que seguen.

Forno de Costa de Monte

Forno de Regueira

 

Lembranzas...

25 de outubro | Hoxe, e por elo debemos sentirnos agraciados, os avances tecnolóxicos serven para non pasar as penurias doutros tempos. No apartado Lembranzas (foto de portada), vemos unha "panadeira" de Cea co seu traballo a costas... Serva esta fotografía como recordo e homenaxe a tódalas persoas que dalgún xeito foron importantes para ter un produto recoñecido pola súa elaboración e calidade únicos.

 

Teatro: "Don Armando Gresca", as fotos...

25 de outubro | Onte, domingo 24 de outubro, a Compañía Hospital de Lugo, representou no Edificio Multiusos a obra "Armando Gresca", que eles mesmos definen como "unha historia de humor e de amor". Gran interpretación dunha compañía de aficionados, que deixaron un gran sabor de boca ós asistentes, que casi enchían a sala. Adxuntamos fotografías... [Ver fotos]

 

Gran Exposición

25 de octubre | Desde o Concello de San Cristovo de Cea e desde esta web pedímosvos a todos o voso gran de area para a elaboración dunha gran Exposición da Historia do noso Concello. Necesitamos de todos vós os documentos gráficos antigos que podades deixarnos para realizar (¿este nadal?), unha gran exposición sobre Cea. Na mesma queremos facer unha gran recopilación de fotos antigas. Podedes deixalas no Concello (escaneanse e devólvense ó momento) ou envialas a info@concellodecea.com. Sería ideal adxuntar una pequena lenda a cada foto, co lugar, as persoas, o ano da foto, ou o evento ó que se refire a mesma. Os que colaboren aparecerán nunha lista que se expoñerá ó público. Entre todos podremos facer algo que será un importante legado para xeneracións futuras. Axúdanos!!! Seguiremos informando...

 

Magosto 2011

22 de outubro | Como tódolos anos, o Concello de San Cristovo de Cea organiza un Magosto Popular para tódolos veciños e veciñas do noso Concello. En breve colocaremos un banner anunciando o evento, pero para ir informando deixámosvos datos de interese:

Magosto Popular Concello de Cea
Día: 13 de novembro Hora: 20:00
Lugar: Plaza Maior Prezo: 5 €
Prazo para sacar o bono: 10 de novembro, no Concello
Menú: Empanada, chourizo asado con pan, queique, castañas, viño e auga

Outros datos de interese: Haberá carpa e actuará un dúo musical

 

Obras... Saneamento, abastecimento e pavimentación

22 de outubro | Despois de levarse a cabo obras de saneamento, abastecemento e pavimentación nos accesos á Plaza Maior asora procedeuse a realizar o mesmo cometido nas rúas máis centricas de Cea. Con elas lógrase uniformar as rúas máis emblemáticas do noso pobo coa realización destos traballos importantes para a mellora destos lugares. Adxuntamos imaxes que ampliaremos unha vez estén estas obras rematadas ao 100%

Obras Cea
Obras Cea
Obras Cea
Obras Cea
Obras Cea
Click para ampliar en cada imaxe

 

Obras... Nave Municipal

22 de outubro | Fai aproximadamente cinco meses anunciamos o comezo da necesaria Nave Municipal. A día de hoxe ésta encóntrase realmente avanzada. Desta actuación adxuntamos dúas imáxes, unha de fai un par de meses e outra do estado actual.

Nave Municipal
Nave Municipal
Estado da nave (18/05/2010)
Estado da nave (19/10/2010)

 

Teatro en Cea...

21 de outubro | A compañía "Hospital de Lugo" presenta... "Don Armando Gresca", unha obra de humor e amor. O próximo domingo 24 de outubro, no Multiusos Municipal ás 20:00 horas. Vas a perderlo?

 

O Noso Facebook

21 de outubro | Xa somos 519 na rede social de moda. Búscanos e agréganos e aí poderás obter información complementaria desta web e contactar con veciños e amigos.!

 

 

Comienza el curso...

21 de outubro | A Escola Mixta de Fútbol Sa comeza un novo curso. Presentación no Pavillón de Deportes o pasado 19 de outubro. Os interesado/as poden inscribirse na dirección do CPI Virxe da Saleta ou no Concello.

 

Máis fotos Festas da Saleta

21 de outubro | Subimos á web novas imaxes das Festas da Saleta 2010. Nesta ocasión deixamos unhas fotografías da procesión do luns. Esperamos que sexan do voso agrado. Dispoñibles no apartado En Fotos e no enlace que segue. [Festa da Saleta 2010]

 

Lembranzas...

18 de outubro | Seguimos na portada da web coa serie de "Lembranzas", que recentemente comezamos e que actualizamos semanalmente.

En 1929 un grupo de monxes franceses chegou a Oseira, da man e o interese do Dr. Cerviño, Obispo de Ourense desde 1922. En 1930 na súa primera visita a Oseira desde a chegada dos monxes, o Dr. Cerviño levou unha grata sorpresa debido a que o enorme edificio xa dispoñía de porta principal e ventás na fachada principal... A foto que mostramos da fe do estado do edificio, e de como os monxes, fai máis de 80 anos tiveron que inxenialas para realizar unha asombrosa restauración...

 

Nova imaxe

18 de outubro | Ainda que non é unha nova versión da web propiamente dita, procedemos a realizar un importante cambio na combinación de cores da web. Tódolos apartados terán as mesmos cores e o deseño dos enlaces e banners cambiou. Despois de case ano y medio coa mesma cofiguración consideramos que chagara o momento de darlle á web un novo estilo. Esperamos que estos cambios sexan do agrado de todos.

 

Encabezados de la web

18 de outubro | Desde que a web ten este deseño que acabamos de modificar cunha nova combinación de cores o encabezado sempre estivo adornado por unha imaxe. Esta foi variando chegando a usar 33 imaxes diferentes. Poñémosvos un enlace a 10 imaxes que no seu día estiveron no encabezado, se pulsades sobre elas ampliaranse. Seguiremos en breve engadindo as restantes.

Vista Parcial de Cea
Pan de Cea
Torre do Reloxo
Homenaxe á Panadeira
Praza Maior de Cea
Torre do Reloxo (noite)
Msteiro de Oseira
Iluminación de Nadal
Iluminación de Nadal
Praza de Cea (Noite)

 

 

28 de maio de 1994...

13 de outubro | Estamos preparando algo especial para poñelo na web. Trátase de algo histórico que sucedeu tal día como o 28 de maio de 1994, moitos de nós vivimolo, moitos dos que estedes lendo esta nova tamén, pero lembrades que foi?. Deixamos o libro de visitas aberto a posibles solucións... En breve en www.concellodecea.com

 

Más fotos de nuestra historia

13 de outubro | Tres novas fotos da nosa historia dispoñibles no apartado En Fotos | A Historia de Cea en Fotos. Tres panorámicas do Mosteiro de Oseira do ano 1909 xa dispoñibles no apartado antes citado. Seguiremos ampliando a nosa colección.

Lembrámosvos que nos gustaría a colaboración de todos para ir facendo un gran álbum no que podamos recoller o noso pasado. Poñemos á vosa disposición a dirección info@concellodecea.com para que podades facernos chegar as vosas fotos históricas. Se logramos reunir unha cantidade interesante de fotos, incluso poderíamos exponelas. Gracias pola vosa colaboración. [Ver fotos históricas]

 

Forno de Toubes

12 de outubro | Engadimos unha nova ficha dun forno recentemente restaurado polo Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Lembramos que na ficha temos a ubicación do horno, a parroquia á que pertence, un mapa interactivo, fotos do antes e do agora e un enlace á evolución da restauración. Xa dispoñible o forno de Toubes [Ver apartado Obradoiro de Emprego]

 

Forno de Faramontaos de Pereda

12 de octubre | Na nosa labor de recuperar a evolución da restauranción dos diferentes fornos e outros bens de interese patromonial do noso Concello engadimos á ficha do Forno de Faramontaos de Pereda un enlace coa evolución da súa restauración. Dispoñible na ficha do forno e no apatado En Fotos

Ficha forno de Faramontaos de Pereda

Evolución da restauración do Forno de Faramontaos de Pereda

 

CD Cea: E se toca aquí...

11 de outubro | CD Cea sacou a venta unha tirada de Lotería Nacional para o sorteo extraordinario de Nadal, que se celebrará o próximo 22 de decembro. Pódese adquirir en décimos e en participacións. os primeros teñen un coste de 23 euros (xóganse 20 € e 3 € son de donativo para o Clube), e as segundas teñen un prezo de 5 € (xóganse 4€ e 1 € é o donativo).

Xa se poden adquirir nos diferentes locais comerciais de Cea e alrededores. Click na seguinte imaxe amplía.

Loteria de Nadal CD Cea

 

Ano de 1959... Beariz...

11 de outubro | Ano de 1959 en Beariz, por CD Cea formaban: Ramón, Carballino, Churrete, Pulpeiro, Badelo, Manolito, Alvaro, Américo (entrenador), Canteiro, Pedro, Andrés, Roquiño e Genaro. Aquel encontro rematou con victoria de CD Cea por 0 a 6.

Engadimos esta valiosa foto ó apartado Lembranzas, que desde fai unha semana estamos poñendo na portada da web, seguiremos con fotos antigas facendo memoria de lugares, tradicións, xentes que xa forman parte da nosa historia.

 

Obradoiro de Emprego Terras de Cea

11 de outubro | Despois dunha tempada de ausencia de fotos e de no haber incluído ningunha nova actuación dentro do apartado que creamos para mostrar os traballos do Obradoiro de Emprego Terras de Cea, chegou o momento de retomar o tema, e de esta forma, ir pouco a pouco completando o propio apartado.

Comezaremos por facer repaso fotográfico do antes e despois de cada un dos fornos que até o momento engadimos.

Ver ficha Forno de Pereda

Ver resumo fotográfico Forno de Pereda

 

FIOU: Na punta do pé

07 de outubro | Pasado máis dun mes desde que en Cea celebramos o Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), e a día de hoxe seguimos recibindo correos e valoracións do mesmo. A decir verdade, desde o Concello de San Cristovo de Cea estamos orgullosos de que unha altísima porcentaxe de xente que nos visitou se marchara cun grato sabor de boca, tanto polo festival en si, como pola organización do mesmo, como pola acollida que se lles deu a todos eles. Todo esto lémbrannoslo cada día en multitude de emails.

Dito iso, e continuando a nosa labor de lembrar o gran evento, deixámosvos un enlace para ver integro (sobre 30 mins), o programa da TVG "Na punta do pé", que se emitiu desde Cea. Esperamos que sexa do voso agrado.

"Na Punta do pé" (TVG-. 03.09.2010)

 

Apertura do curso

07 de outubro | Hip-Hop, Danza Creativa, Pequedanza... ábrese o curso 2010/2011 para que os máis cativos podan disfrutar destas novedosas actividades. Mezcla de diferentes modalidades como o Hip Hop, Jazz, Funky…, e introducción ó baile moderno. Entre os obxetivos desta aula está o traballo da creatividade, o ritmo, a expresividade

Está destinado a tódolos alumnos e alumnas do CPI Virxe da Saleta, será os luns durante o recreo y poderedes anotarvos na dirección do propio CPI ou na Casa do Concello.

 

Máis fotos históricas

05 de outubro | Ademais das fotos históricas que iremos engadindo á portada seguimos ampliando o apartado de "Fotos Históricas" do apartado En Fotos. A que hoxe engadimos é desas de moito valor, dado que é das máis antigas que se conservan. É do ano 1909, e trátase dunha panorámica da Vila de Cea por aquel entón. Xa dispoñible no apartado En Fotos | A Historía de Cea en Fotos ou no enlace que segue [Ver fotos Históricas]

 

Lembranzas

05 de outubro | Desde o pasado domingo na intro desta web podedes ver unha foto da nosa historia, na nosa mente está comezar a colocar nese apartado, chamámolo "Lembranzas", unha serie de fotografías de forma semanal para lembrar o noso Concello, as nosas xentes, as nosas tradicións..., estamos seguros que algunhas das imaxes sorprenderanvos. Temos algunhas exclusivas gardadas que seguro que, polo menos, chamarán a vosa atención.

A próxima imaxe... CD Cea!!!, no apartado Lembranzas

 

Excursión a Santiago de Compostela

04 de outubro | O Concello de Cea organiza unha excursión a Santiago de Compostela en autobús para tódolos veciños e veciñas interesados en ganar o Xubileo no presente Ano Santo 2010. Lembramos que no mes de maio, por etapas, en varios domingos, os veciños e veciñas interesados realizarón o "Camiño" a pé.

Esta excursión será o próximo 17 de outubro, domingo. Partirá o autobús ás 08:00 horas desde a cabina de teléfonos, y terá un custe de 20 € (inclúe autobús e comida). O prazo de inscrición remata o 13 de outubro, e como sempre, poden inscribirse na Casa do Concello en horario de 9 a 14:30 horas, ou nol teléfono 988 28 20 00.

Camino de Santiago
Camino de Santiago

Entre maio e xuno, 25 veciños do Concello de Cea xa realizaron o Camiño de Santiago a pé. (Click nas imaxes amplía)

 

Saleta 2010

04 de outubro | Catro días de afluencia masiva a todas e cada unha das actividades programadas nas Festas da Saleta 2010. Podemos cerrar esta edición das festas na honra á nosa Señora a Virxe da Saleta como un ÉXITO. Adxuntamos algunhas fotografías. (pulsa en calquiera das miniaturas para abrir a galería fotográfica)

Saleta2010

Saleta2010

Saleta 2010

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares