Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
setembro 2010
Outubro2010
novembro 2010
Decembro
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Festas da Saleta 2010

23 de setembro | Ampliamos o programa das festas, según nos contan, horarios e actividades:

Venres, 24
00:00 horas:     Gran FOLIÓN de comezo das fiestas
00:15 horas: Verbena con PARIS DE NOIA
Sábado, 25
17:00 a 20:00 h:  Festa INFANTIL na Praza Maior
23:00 horas: Verbena coas orquestras ABANICO e ALKAR
Domingo, 26    
10:00 horas Pasarrúas: Banda de Música de CELANOVA
14:00 horas Concerto: Banda de Música de CELANOVA
17:30 horas Fútbol: CD CEA – Leiro CF en O Lodairo
20:00 horas Concerto: Banda de Música de CELANOVA
21:00 horas Actuación das PANDERETEIRAS DE CEA
22:00 horas Verbena coas orquestras  COSTA OESTE e CINEMA
Lunes, 27
10:00 horas Pasarrúas: Banda de Música de MUIMENTA
14:00 horas Concerto: Banda de Música de MUIMENTA
20:00 horas Concerto: Banda de Música de MUIMENTA
21:00 horas Verbena coas orquestras  PANORAMA e ACHÉ
 

Ademais, do 17 ó 25 de setembro, Rosario, Misa e Novena no Santuario da Virxe da Saleta.

O domingo 26 e o luns 27, misas na honra á Virxe da Saleta ás 9, 10, 11 y 12 (Misa Solemne con procesión).

 

Concluímos...

22 de setembro | Despois do exposto e deixando moi claro a forma de actuar do concello, concluímos:

"Non sabemos moi ben que concepto existe das obrigas municipais e do principio de legalidade, ainda que non sería de extrañar que a incoherencia política levara a algúns a pedirlle ó Concello que viole a normativa que os parlamentarios do PSOE e do BNG aprobaron durante o anterior goberno da Xunta de Galicia en materia medioambiental. O noso sentido das resposabilidades públicas, o noso compromiso co Estado de Dereito e o noso talante democrático impídenos facer burla do principio de igualdade de todos ante a Lei, por iso, aplicaremos a normativa atendendo sempre ó procedimiento previsto legalmente e amparándonos ó informe emitido polas diversas Consellerías."

 

 

Máis trámites

22 de setembro | Como a nosta labor é informar, seguimos expoñendo os trámites levados a cabo polo Concello de San Cristovo de Cea.

Instancia do 06/07/2010 pola que Compost Galicia SA solicita Licencias de Obra e actividade para "Zona de maduración de compostaxe e nave de almacén de envasado, no lugar das Fontaiñas", acompañado polo proxecto técnico.

A) Lexislación fundamental de aplicación: "Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provinciais, Lei 9/2002, de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia" e "Decreto 133/2008", de 12 de Xuño, que regula a "Avaliación da Incidencia Ambiental", e que deroga expresamente o "Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e perigosas de 1961 (RAMIN)"

B) Actuacións municipais derivadas do expediente:

  • Informe do técnico municipal que califica favorablemente o Expediente, o non encontrarse a actividade incluida no anexo I do Decreto 133/2008 que recolle as actividades ou obras que teñen que someterse a Avaliación Ambiental, o que implicaría licencia directa por parte do Concello sen necesidade do trámite de Información Pública e notificación ós colindantes.
  • Oficio do 20 de Agosto polo que o Concello trasládalle copia do proxecto á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, (a efectos de ter unha maior seguridade xurídica), para que valoren se a actividade poderíase someter a avaliación ambiental, a pesar de non estar incluida no Decreto 133/2008. Constestando en SENTIDO FAVORABLE (esto é: licencia directa polo Concello), mediante resolución de data 2 de setembro.
  • Solicitude de informe á Consellería de Sanidade, remitida con data 3 de setembro de 2010. Contéstase FAVORABLEMENTE , sinalando que non é preceptivo o informe da Consellería, suliñando a non existencia de risco para a saúde pública.
  • Decreto da Alcaldía de 24 de agosto de 2010, paralización do depósito de compost e a subsanación da actuación.
  • Concesión de Licencia Municipal pola Xunta de Goberno Local en data 15/09/2010.

C) Otras incidencias del procedimiento:

  • Solicitude de información e traslado de Expediente ós solicitantes do mismo con posible lexitimación (solicitude dos veciños de Carballño, solicitude do concelleiro do PSdeG-PSOE, D. Guillermo Fernández Dopazo), e D. César Fernández Sorribas, (concelleiro do B.N.G).
  • Acta de Inspección favorable do Servicio de Avaliación Ambiental da Delegación Territorial da Consellería.
  • Escrito dos Concellos de O Carballiño e Maside, solicitando ser parte do expediente, rexeitado polo Concello

Esta é a información nos expedientes seguidos con "Compost Galicia SA" ata a data, información que xa poseían os grupos da oposición e que demostra que o Concello non solo foi escrupuloso na tramitación, senón que excedeu notablemente as súas obrigas ó remitilo a Medio Ambiente e Sanidade, a pesares do informe favorable do técnico municipal, que facultaba para a concesión da Licencia municipal directa, o que se fixo para na procura de defender os intereses municipais e garantir os dereitos dos nosos veciños.

 

Festas da Saleta 2010

21 de setembro | Xa queda menos, estamos a menos de 4 días para celebrar as Festas na honra á Nostra Señora a Virxe da Saleta. Esperámosvos a todos....

Saleta 2010

 

FIOU: Máis fotos

21 de setembro | Adxuntamos novas fotografías de FIOU, neste caso do concerto de El Combo Dominicano celebrado o domingo 5 de setembro na Praza Maior, no escenario Clásicos Latinos.

El Combo Dominicano (37 fotografías)

 

Antes si agora non...

20 de setembro | Seguen algúns empeñados en comparar a Planta de Compostaxe de Lamas (Concello de Leiro), coa futura Planta de Maduración e Envasado de Compost das Fontaiñas. Diferenzas fundamentais, a primeira foi aprobada durante o anterior Goberno da Xunta de Galicia, precisamente sendo delegado da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o señor Celso Fernández López, hoxe alcalde do Concello de Maside, quen por aquel entón informa FAVORABLEMENTE sobre a actividade de "Pranta de Residuos organicos agropecuarios e Residuos Biodegradables de Depuradora", segundo consta no documento que achegamos e que todos podedes ver e comprobar.

No mesmo sentido o señor Juan Monedero Aguilera, delegado provincial da Consellería de Sanidade, emite un informe FAVORABLE sobre a concesión de Licenza de apertura para a mesma actividade, achegamos tamén o documento para a súa comprobación.

En outubro do ano 2006, o señor Celso Fernández López, hoxe alcalde do Concello de Maside, informa FAVORABLEMENTE a actividade, e hoxe, pide a paralización dunha planta que nada ten que ver coa anterior.

E dicimos que nada ten que ver unha coa outra pola evidencia que temos na actividade que a empresa expón para a solicitude de Licenza, a Planta de Leiro é de "Tratamento de Lodos", a de Fontaiñas é de "Maduración e envasado de compost xa tratado", coa lóxica diferenza. É máis e para que resulte máis cómodo de entender, na Planta de Leiro recíbense residuos para ser tratados e na de Fontaiñas recíbese produto xa tratado, e totalmente inerte. Esa é a diferenza.

 

Informe Consellería de Medio Ambiente (Outubro 2006)

Informe Consellería de Sanidade (Xullo 2008)

 

Inicio de los trámites

20 de setembro | A empresa Compost Galicia SA presenta unha Solicitude de Licenza Municipal para "Movementos de terras para a realización de cinco bancais nas leiras situadas nas Fontaiñas, no polígono 15, parcelas 648 e 601".

O Concello de San Cristovo de Cea, do mesmo xeito que ante calquera outra solicitude de licenza, tanto de obra como de actividade, ten que únicamente cinguirse á lexislación aplicable, neste caso á "Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Normas Complementarias e Subsidarias de Planeamento Provinciais".

Ante isto, o Concello, sempre cumprindo coa legalidade, concede a Licenza favorable o 31/05/2010, pasando a liquidar impostos e taxas.

A forma de actuar do Concello de San Cristovo de Cea axústase a legalidade. E recalcamos un dato de vital importancia: "As licenzas tanto de obra como de actividade, son un "Acto Regrado", o que implica que os Concellos violarían o ordenamento xurídico e prevaricarían se negan as licenzas aos solicitantes cuxa pretensión estea amparada pola lei a normativa de aplicación coa consecuente responsabilidade patrimonial por parte do Concello, se é o caso".

Devandito isto e explicado doutra forma, o Concello, o Alcalde ou a Xunta de Goberno Local NON PODEN POR LEI negar Licenza de Obra ou actividade a aquel solicitante que o faga amparado pola lei, é dicir, o Concello NON ten capacidade legal para dar ou non dar licenza segundo o alcalde estime ou non oportuno, ten que dar ou non esas licenzas segundo cumpran a normativa vixente ou non a cumpran, e de facer o contrario o Concello estaría prevaricando. Neste caso cúmprese a lexislación e é obrigación legal dar esa licenza...

Como o Concello de San Cristovo de Cea non quere prevaricar concede esa licenza a Compost Galicia SA.

Seguiremos informando...

 

Informacion sobre la Planta de Maduración y Envasado do Compost.

20 de setembro | Desde fai preto dun mes vivimos unha insólita situación, dándose informacións falsas, contraditorias e co único fin de enganar á opinión pública. Desde o Concello de San Cristovo de Cea, como branco desas acusacións, consideramos que chegou o momento de deixar claro as actuacións do propio Concello, as actuacións do Alcalde e do equipo de goberno, todas elas tomandas desde o sentido da responsabilidade e a legalidade.

Para ir completando todas estas informacións dispomos dun completo dossier que iremos debullando.

Farémolo paso a paso, farémolo argumentado todo tipo de decisións e tratando de expolo da forma máis sinxela posible. Para toda esta información colocamos unha ligazón no menú especiais onde manteremos esta información ordenada segundo a vaiamos colocando ademais de nesta sección ir mostrando tamén as novidades publicadas.

Seguiremos informando...

 

Saleta 2010

15 de setembro | Acabamos de acabar FIOU e chega a Festa da Saleta, festa con moita tradición e a que se achegan multitude de amigos de diferentes partes da comunidade autónoma. Presentamos o cartel que a organización preparou, estamos seguros que será un auténtico éxito. Quedades todos convidados

Saleta 2010

 

Gracias!!!

15 de setembro | O 26 de agosto de 2004 nacía www.concellodecea.com, desde entón publicamos miles de novas relacionadas co noso Concello. Falamos de miles de novas nos máis de 2190 dias de existencia desta páxina. Aquí puxemos tódals novas de interese do noso concello, falamos de festas, falamos de obras, de actividades, falamos de turismo, de historia, aos poucos completamos unha galería fotográfica que a día de hoxe contén máis de 4000 arquivos. Este espazo creceu paulatinamente para converterse a día de hoxe punto de encontro para moita xente que desexa obter novas do noso Concello.

Este artigo encabezámolo como GRACIAS, palabra que empregamos ultimamente noutro artigo, pero esta vez para agradecervos a todos e a cada de vós, a todos os que nos visitades.

O pasado martes alcanzamos as 60.292 visitas, ou o que é o mesmo igualamos o número de visitas de todo 2009. O mes de agosto de 2010 foi o máis visitado en toda a nosa historia con 8.456, e este mes de setembro ten tódolos visos de bater esta marca pois a día de hoxe levamos 6.212 con medio mes por diante.

Por paises, loxicamente España é o de maior número de accesos, seguido por Arxentina, Chile e Suíza, nesa orde, pero curioso que recibimos visitas de até 32 paises diferentes.

Por todo iso queriámosvos dedicar este artigo, convidarvos ao novo curso que imos comezar na web e a lembrarvos que esta web non sería nada sen as vosas visitas. Moitas GRACIAS a todos.

 

Más FIOU

13 de setembro | Seguimos ampliando o catálogo de fotografías e videos do FIOU, o Festival Internacional de Orquestras de Galicia que se celebrou en Cea o 3, 4 e 5 de setembro. Agora a medida que imos completando este catálogo pedímosvos a vosa opinión, considerámola importante para futuras edicións, consideramos que tódolos asistentes foron os protagonistas e eles deben de dar unha opinión sincera e obxetiva do festival, poñemos á vosa disposición o Libro de Visitas. Adxuntamos tres videos da banda norteamericana Hypnotic Brass Ensenble e fotos de Armonía Show (Canarias) e da Orquesta Nacional de Barbés (Francia/Magreb). Esperamos que sexan do voso agrado.

Hypnotic Brass Ensemble - Video 1

Hypnotic Brass Ensemble - Video 2

Hypnotic Brass Ensemble - Video 3

Orquesta Nacional de Barbés (Francia/Magreb) - 43 fotografías

Armonia Show (Canarias) - 51 fotografías

 

Obradoiro de Emprego "Terras de Cea"

13 de setembro | O Obradoiro de Emprego "Terras de Cea" prosigue cos seus traballos de rehabilitación de fornos y demais bens patrimoniais do noso Concello. Debido ós últimos acontecementos, deixamos de poñer información sobre os mesmos pero non por elo deixaremos de deixar constancia nesta web.

San Martiño de Oseira San Martiño de Oseira San Martiño de Oseira San Martiño de Oseira
Forno de San Martiño de Oseira
Vilanfesta Vilanfesta Vilanfesta Vilanfesta
Forno de Vilanfesta

 

Máis Fotos e videos de FIOU

10 de setembro | Onte comezabamos coa subida de fotos do Festival Internacional de Orquestras de Galicia FIOU, hoxe continuamos coas mesmas, e con algún video novo. De momento imos poñer o material que nóss mesmo obtivemos e logo comezaremos a compartir material que está xa publicado ou que mandastes:

Video: Los Melódicos 2

Video: Los Melódicos 3

Video: Los Melódicos 4

Fotos: Roy Paci & Aretuska (10 fotos)

Fotos: Orquesta Philadelphia (12 fotos)

Fotos: Billo´s Caracas Boys (65 fotos)

 

Saleta 2010

10 de setembro | Acabamos de celebrar FIOU, un acontecemento grande, grandísimo, recoñecido por todos os que visitaron, cunha capacidade organizativa e técnica dun alto nivel. Pero en Cea non queda aí a cousa, nas próximas horas salirán á luz os carteis-programa das Fiestas na Honra á Virxe da Saleta, cóntanos que serán espectaculares...., de momento deixámosvos o que nos pasan, como o logo das festas..., tan pronto esté nas nosas mans poñeremos o programa.

Saleta 2010

 

FIOU: En Fotos

09 de setembro | Dispoñemos dunha gran cantidade de imaxes do Festival, vamos a tratar de ir poñendoas pouco a pouco. Tamén dispoñemos dalgún video que xa estamos procedendo a subir, pedímosvos un pouco de paciencia, pois o material do que dispoñemos é moito e leva o seu tempo publicalo. Hoxe engadimos fotos do Pregón (con Sito Sedes), y da actuación de Los Melódicos (Escenario Clásicos Latinos), e un video da afamada formación venezolana.

[Video Los Melódicos - 1]

[Ver fotos Pregón] (9 fotos)

[Ver fotos Los Melódicos] (19 fotos)

 

FIOU: Gracias!!!

08 de setembro | O pasado fin de semana miles de persoas estiveron en Cea no máis multitudinario de todos cantos se celebraron no noso pobo. Foron tres días que podemos resumir nunha palabra: Éxito e que debemos, hoxe, xa pasado o evento empregar outra palabra para dirixirnos a todos cantos pasaron por FIOU: Gracias.

Gracias a tódolos veciños e veciñas do pobo de Cea polo seu comportamento, exemplar e comprensivo coas molestias que se lles puideron ocasionar.

Gracias a todos aqueles que nos visitastes, de lugares próximos e lugares menos próximos, destes un exemplo de comportamento e saber estar.

Gracias todos aqueles que colaborastes dalgunha forma en que o festival fose un rotundo éxito. Agradecemento especial ao persoal voluntario e ao servizo de limpeza polo traballo realizado. Gracias á brigada municipal, pois estes días desenvolveron unha tarefa fundamental.

Gracias ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense pola axuda prestada na elaboración e posta en marcha do plan de limpeza.

Gracias a Consellería de Medio Rural polo desplegue de efectivos antincendios, aportounos seguridade e normalidade o saber que estabamos ben protexidos.

Gracias a Xacobeo por pensar en Cea como a localización idoneo para a celebración dun evento tan importante como foi FIOU.

Gracias a Deputación de Ourense, pola axuda prestada e por tomar como propio un proxecto tan importante.

Gracias a Espectaculos Lito polo traballo realizado, pola súa preocupación por causar as menos molestias posibles.

Gracias Riga Santiago, a Autocares Pérez e a Consernor a súa colaboración foi fundamental no desenvolvemento do Festival.

Gracias aos efectivos de seguridade privada, a súa profesionalidade e bo facer fixeron que o festival destacase pola súa seguridade e organización.

Gracias de forma moi especial á Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, POlicía Autonómica e demais Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. polo despregamento realizado, pola súa colaboración desde fai mais de dous meses e desde o primeiro instante que se lle pediu.

Gracias a todos aqueles que realizastes tarefas de organización e coordinación, o voso traballo foi unha das claves do rotundo éxito.

Gracias a quenes de forma desinteresada puxestes á nosa disposición, de maneira totalmente desinteresada, terreos para prestar servizos indispensables.

Gracias ao persoal sanitario que nos acompañou, por sorte apenas interviñeron, pero de forma rápida e eficiente liquidaron os pequenos problemas que xurdiron.

Gracias a todas as orquestras e grupos que nos acompañaron, eles foron os verdadeiros protagonistas e os verdadeiros artifices da gran afluencia de público.

Pechamos FIOU cun balance máis que positivo, gran afluencia, sen nada negativo que destacar, cun elevado grao de satisfacción daqueles que nos visitaron e co sentir propio de realizar as cousas ben. Agora e xa despois de dixerir e analizar o Festival trataremos de repetir o éxito en vindeiras edicións.

Pero devandito todo isto, non debemos dar por finalizado definitivamente FIOU 2010, nos próximos días unhas extensas galerías fotograficas serán subidas a esta web, esperamos que sexan de voso agrado.

En defintiva, podemos valorar o Festival como un rotundo éxito. Moitas gracias a todos.


FIOU: Fotos

01 de setembro | A conta atrás empezou... mostrámosvos fotos dos avances dos preparativos do Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU. Anunciámosvos que tódolos días do festival haberá imaxes nesta web das diferentes actividades do evento.

Acampada FIOU
Escenario Internacional FIOU
Escenario Internacional FIOU
Zona de acampada de noite
Macro Escenario
Escenario Orquestras Internacionais

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares