Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Fotos de 2009: Neve no noso Concello

28 de xaneiro | Como anunciabamos na nova anterior vamos a comezar a lembrar as fotografías que foron postas na web durante 2009. En cada un destes álbumes reducimos, ou estamos en proceso, a cantidade de imaxes a 12.

Xaneiro de 2009 foi un mes frío, no mesmo, dúas intensas nevadas deixaron estampas belísimas. Podemos lembralas nas galerías fotográficas que a continuación enlazamos.

 

Cambios no apartado En Fotos

28 de xaneiro | Como ven sendo habitual por estas datas e co único obxetivo de optimizar a nosa extensa galería En Fotos pasamos tódalas fotografías publicadas en 2009 ó apartado "Fotos que foron Historia" ó subapartado 2009.

Durante o pasado exercicio foron publicadas en torno a 1.000 imaxes de eventos, actividades e obras, polo que trataremos de deixar en cada un dos álbumes 12 imaxes únicamente, as máis representativas, para deste modo recuperar espazo e optimizar o funcionamento da galería que a día de hoxe conta cunhas 3.000 imaxes.

A modo de recordatorio iremos poñendo enlaces na web a todos e cada un dos álbumes publicados en 2009.

 

Obradoiro de Emprego: primeiras fotografías

24 de xaneiro | Xa dispoñemos das primeiras fotos dos traballos do Obradoiro "Terras de Cea". Lembrámosvos que as actuacións do mesmo repartiranse por tódalas parroquias do noso concello.

Fornos, fontes, lavadeiros y demais bens patrimoniais serán os principales beneficiarios destas obras. Con elas, estes puntos de interese serán debidamente restaurados. Deixamos unha primera galería fotográfica no noso apartado En Fotos, durante a proxima semana abriremos o especial Obradoiro, do que xa podedes ver o enlace no menú da esquerda, con máis información sobre cada unha das actuacións.

Nas primerae fotos podemos observar o estado dos Fornos comunais de Pereda e de Faramontaos de Pereda e os primeros pasos na restauración de cada un deles. [Ver fotos Obradoiro de emprego]

 

XV Comida de confratenización dos Consellos Reguladores de Galicia

24 de xaneiro | O pasado 15 de xaneiro, venres, celebrouse no Mosteiro de Oseira a XV Comida de Confraternización dos Consellos Reguladores de Galicia.

Nesta ocasión exercía de anfitrión o Pan de Cea, de aí a ubicación do evento.

Membros de todos e cada un dos Consellos Reguladores de Galicia, o Abade de Oseira máis algún membro da comunidade, o alcalde do noso Concello e o Conselleiro de Medio Rural, máis técnicos da propia consellería puderon disfrutar dunha amena velada nun marco incomparable.

Os asistentes disfrutaron dunha visita ó cenobio cisterciense, tras a cal degustaron un menú a base de produtos galegos con identificativo de calidade. Adjuntamos unha serie de fotografías no apartado En Fotos. [Ver Fotos]

 

Resolución da Alcaldía: Oferta de emprego Público 2009

17 de xaneiro | Engadimos á web unha resolución da Alcaldía dp 12/01/2010 mediante a cual infórmase da lista de admitidos e excluídos, da configuración do tribunal da proba e da data, hora e lugar do primeiro exercicio. Para ver a resolución pincha no enlace que segue, en breve engadiremos á web tódolos datos relativos á oferta.[Resolución da Alcaldía 12/01/2010]

 

Nova foto Histórica

17 de xaneiro | Engadimos ó apartado En Fotos unha nova foto Histórica. Coa mesma sumamos xa 13, polo que no álbum de fotos históricas podemos ver dúas páxinas, posto que en cada unha aparacen soamente 12.

Nesta ocasión, engadimos unha imaxe da "Casa das Netas", unha construción que despois de ser debidamente restaurada converteuse no Albergue de peregrinos de Cea.

A raiz desta nova queremos lembrarvos que mantemos o compromiso dun novo apartado relacionado co Camiño de Santiago o seu paso polo noso Concello, no que que informaremos e mostraremos o mesmo, así como incluiremos un buzón de correo electrónico de axuda e información ó peregrino. [Ver fotos históricas]

 

Obradoiro de emprego "Terras de Cea"

17 de xaneiro | Desde o pasado 21 de decembro está en marcha o Obradoiro de emprego "Terras de Cea". No mesmo acometeranse obras de acondicionamento e restauración de diferentes puntos do noso Concello. Entre os mesmos encontramos bens de interés patrominial e lugares emblemáticos que serán oportunamente acondicionados.

Tras unha primeira fase de formación en materias tan importantes como salúde e seguridade no traballo ou medio ambiente, os tres módulos do mesmo, albanelería, canteiría e xardinería, comezarán en breve as actuacións no exterior, das cales informaremos nesta web a medida que se vaian acometendo.

Un novo apartado estará entón operativo nesta web que poderedes ver na sección Especiais.

 

Hoxe lembramos...

17 de xaneiro | Como podedes comprobar, retiramos dla sección Especiais, o apartado Hoxe lembramos..., pero permanece a posibilidade de seguir vendo las novas do pasado ano no apartado Histórico de Novas, ubicado ó fondo desta propia páxina.

 

 

Cabalgata de Reis 2010

6 de xaneiro | Un ano máis chegaron os Reis Magos de Oriente a Cea. Xa dispoñibles no apartado En Fotos 82 imaxes da Cabalgata de Reis celebrada a tarde do 5 de xaneiro.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós. [Ver fotos Cabalgata de Reis 2010]

 

CD Cea empata fronte ó Melias

6 de xaneiro | CD Cea empata a un coa S.D. Melias en O LodairoCD Cea anos 60

C.D. CEA: Montes, Danilo (Jhonny min. 39), Toni, Víctor, César Noguerol (Jaime González min. 72), Marcos, Omar, Telmo, Iván (Rodrigo min. 60), Obenza (Caride min 90)  e  Pichi.

GOLES: Pichi

 

Previsións de neve para os próximos días

04 de xaneiro | Segundi a web da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), prevese neve en San Cristovo de Cea e Concello para os seguintes días. A cota de neve baixa a 200 metros para o mércores, a 0 metros o xoves e o venres, volvendo a situarse en 200 metros o próximo sábado.

Ainda que as previsiónes durante a xornada de onte antoxábanse máis pesimistas, a nieve pode facer acto de presencia nas seguintes xornadas, polo que, desde esta web invitamolos a tomar as precaucións necesarias. [Web aemet | Previsións para Cea]

 

Concerto da Coral de Ruada

04 de xaneiro | O Multiusos de Cea encheuse para presenciar o Concerto da Coral de Ruada. Consideramos que non defraudou a ninguén, os asistentes disfrutamos dalgo máis dunha hora dun impresionante evento musical.

Poderíamos definilo como un Concerto de Nadal pola gran cantidade de temas desta época. Desde esta web queremos felicitar á formación pola tarde que a todos nos fixeron pasar. Dispoñible no apartado En Fotos | Coral de Ruada, unha reportaxe gráfica. [Ver fotos]

 

Banda de Gaitas de Cea

04 de xaneiro | A pesar de que contabamos dar como primeira nova do año unha máis extensa e concisa da nosa Banda de Gaitas, problemas axenos a nós, impídenos poder profundizar nesta nova. De cualquier xeito a Banda de Gaitas de Cea infórmanos de que están gravando o seu segundo disco, que do mesmo xa teñen unha canción lista, ésa poderana escoitar nesta web no seu momento e como adianto e que están preparando a súa nova páxina web, con nova dirección e novos contidos.

De todo elo informaremos nesta web unha vez recibamos a información ampliada.

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares