Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
Fiou: Billo´s Caracas Boys
31 de xullo | Como xa sabedes os próximos días 3, 4 y 5 de setembro celebrarase en Cea o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia(FIOU).
Como xa anunciamos, estamos preparando un especial sobre este macroevento na web, pero mentras tanto iremos ampliando información das orquestras que nos acompañarán.
Comenzamos con Billós Caracas Boys, orquestra venezolana de prestixio internacional que actuará en Cea o sábado 4 de agosto ás 20:00 horas no escenario Clásicos Latinos (Praza Maior). Pulsa no seguinte enlace para coñecer un pouco máis esta formación [Billo´s Caracas Boys]
Así será o especial sobre FIOU
Cine de Verán con Caixanova
31 de xullo | o pasado 20 de xullo proxectouse no pavillón de deportes a película "¿Qué fue de los Morgan?", dentro do ciclo Cine de Verán de Caixanova. Adxuntamos tres imaxes do evento.
Oseira e a Festa do Pulpo
22 de xullo | A presente edición da prestixiosa Festa do Pulpo, que se celebra na veciña Vila de OCarballiño, está adicada ao Mosteiro de Oseira e á Comunidade cisterciense dado a súa estreita relación en tempos pasados e á importancia dos propios monxes na historia de dita vila e na tradición "pulpeira". O pasado luns celebrouse a presentación do evento na impresionante biblioteca do mosteiro e unha degustación no Patio de Cabaleiros do propio cenobio. Adxuntamos algunas imaxes.
Os alcaldes de Carballiño e Cea, o concelleiro de festexos do Carballiño e o Abade de Oseira durante a presentación
O pan de Cea tamén estivo presente no acto de manos do noso alcalde. Unha boa representación da Comunidade de Oseira degustando o famoso cefalópodo.
21 de xullo | En palabras do creador do proxecto de FIOU "A palabra FIOU denota asubío e alegría. Este novo festival vai dirixido a todas as persoas que namoraron baixo os acordes das orquestras nunha noite de verán, a todas as persoas que gozan bailando nunha festa de alto voltaxe, a todas as persoas que senten curiosidade e atracción polas músicas intensas doutras latitudes do planeta, a todas as persoas que algunha vez aportaron o seu esforzo nunha comisión de festas organizando a verbena do seu pobo, a todas as persoas vinculadas como profesionais ou amadores ao mundo das orquestras, e por suposto a todas e todos aqueles que aprecian a autenticidade natural, gastronómica e monumental dun recuncho privilexiado da Galicia interior." En breve máis info nesta web.
Fotos Festa Transportistas
21 de xullo | Macrogalería fotográfica (144 imaxes) da celebración do pasado sábado dos profesionais do transporte en Cea. Como xa é tradición celebran San Cristovo dunha forma singular. [Ver Fotos]
Video promocional de FIOU
17 de xullo | Xa dispoñible o video promocional do Festival internacional de Orquestras de Galicia. No mesmo podedes escoitar a que é a Sintonía Oficial do Festival, "Te compro tu novia" en versión instrumental. Como sabedes estamos preparando un especial sobre o evento que, en breve, poderedes ver nesta web.
Máis San Cristovo
17 de xullo | Como é xa tradición, hoxe en Cea, os profesionais do transporte celebran San Cristovo. Procesión de camións, misa e cea de confraterización son os actos programados para a xornada. Lembrámosvos a pasada edición, da presente poñeremos tamén unha galería fotográfica. [Festa Transporte San Cristovo 2009]
A Cruz da Xuventude en Oseira.
15 de xullo | A Cruz da Xornada Mundial da Xuventud ou Cruz dos Xóvenes é unha cruz de madeira de 3,8 m de altura entregada aos xóvenes por Juan Pablo II na xornada de 1984 en Roma. O Papa encomendou aos xóvenes a tarea de levala polo mundo "como símbolo do amor de Xesús á humanidade". En 2003 Juan Pablo II fixo entrega tamén dunha imaxe da Virxe María para acompañar á cruz na súa "peregrinación". Ademais de estar presentes en grandes encontros, os dous símbolos realizan un percorrido visitando as dióceses católicas como preparación destes eventos. En Australia comezaron en xullo de 2007 un itinerario por todo o país con relevos ao estilo da antorcha olímpica.
Pois ben, A Cruz da Xuventude visitou onte Oseira. Foi un acto sinxelo e moi bonito que, como outros que se veñen realizando na provincia, serven de anuncio para as Xornadas Mundiais da Xuventude que se celebran en Madrid en 2011 coa presencia do Papa.
Desde Oseira fannós chegar unhas fotos que compartimos con todos, ademais na web do monasterio podedes ver unha galería moito máis extensa do evento. [http://www.mosteirodeoseira.org]
A Comunidade recibiu a Cruz no arco de entrada e portouna en procesión até a Igrexa onde celebramos Vísperas Solemnes (click nas fotos amplíanse)
Fiou: presentación en video e en fotos.
15 de xullo | Como anunciabamos o pasado martes, xa se presentou o Festival Internacional de Orquestras de Galicia, que se celebrará en Cea. Nesta web habilitaremos en breve un apartado de seguemento especial. Hoxe deixámosvos un video e algunhas fotografías da presentación.
O video
As fotos
O Conselleiro de Cultura y Turismo, Roberto Varela, o xerente da Sociedad de Xestión do Xacobeo, Ignacio Santos, Marcos Lorenzo, coordenador de FIOU e o alcalde de Cea, José Luis Valladares, foron os encargados de presentar o festival. (click nas fotos amplíanse)
Fotos de San Cristovo
15 de julio | Engadimos á web unha galería da procesión de San Cristovo, dispoñible, como sempre, no apartado En Fotos ou no enlace que segue. [San Cristovo 2010]
FIOU
13 de xullo | Hoxe, martes 13 de xullo, presentouse, na sede do Xacobeo, nun acto exclusivo, Fiou, o Festival Internacional de Orquestras de Galicia. Será o evento máis importante de cantos de leven celebrado na Villa até a data e traerá ó noso pobo a milleiros de visitantes.
De momento deixámosvos a nota de prensa de dito acto e enlaces a diferentes medios nos que se pode ver claramente o alcance do evento, pouco a pouco iremos ampliando información.
12 de xullo | Dispoñible a Axenda Cultural para os meses de xullo e agosto de 2010. Para velas diferentes actividades programadas podedes pulsar no enlace dispoñible ó fondo desta mesma páxina ou ben no enlace que segue [Axenda xullo-agosto 2010]
Obradoiro de Emprego
12 de xullo | Engadimos unha nova entrega de fotos das últimas actuacións do Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Nesta ocasión mostrámosvos os traballos que se están a realizar en Longos, San Martiño, Santrós e Veiga de Arriba
Forno de Longos: a porta de entrada antes e agora
San Martiño : Lavadoiro e xardín
Forno de Santrós: restauración
Forno de Veiga de Arriba: restauración
Máis festa en Cea
07 de xullo | Case sen recuperarse da resaca festiva da XIX Festa do Pan, a parroquia de Cea volve a estar de festa. A celebración de San Cristovo, patrón da parroquia, será o próximo sábado, 10 de xullo. Adxuntamos o cartel da fiesta (click amplía)
Obras
07 de xullo | Hoxe, mércores 7 de xullo, comenzaron coa colocación de sinais viales en Cea, máis concretamente na Praza Maior e nos seus accesos co obxetivo de ordear o tráfico nesta zona. Esperamos que a medida logre regular e facer máis cómodo o tránsito, tanto de vehiculos como de viandantes. Adxuntamos algunhas fotos que completaremos a medida que se vaian colocando estas sinais.
Acceso Praza Maior
Acceso Praza Maior
Dirección prohibida
Dirección prohibida
Prohibido aparcar
Prohibido aparcar
Obradoiro de emprego
07 de xullo | Despois duns días de non poñer ningunha foto das últimas actuacións do Obradoiro debido á promoción da XIX Fiesta del Pan, deixámosvos as fotos dos últimos traballos. (click amplía)
Forno de Ermida: porta e ventá
F. de Viña:
Porta
Forno de Longos: porta e ventá
Forno de Pereda: porta
Forno de Regueira: porta
Forno de Santrós: restauración
Forno de Veiga de Arriba: restauración
Revista de prensa
5 de xullo | Os diferentes medios de comunicación deron boa conta de todo canto aconteceu na Festa do Pan, deixamos uns enlaces que dan fe delo.
5 de xullo | Engadimos unha serie de fotografías da Festa do Pan, celebrada onte domingo no Campo de la Saleta. Tamén incluímos algunhas da obra de teatro do sábado na Praza Maior. [Ver Galería completa de Fotos]
Teatro
Pregón
Entregas
Revista municipal. Xuño 2010. Número 4
3 de xullo | Dispoñible na web a nova Revista Municipal. Para vela pulsades no enlace que segue ou no apartado correspondente do menú especiais. [Revista Municipal]
XIV Festa de Exaltación do Pan de Cea
3 de xullo | Como é habitual esta web realizará un especial seguemento de tódolos actos da Festa do Pan, xa mañá ó longo do día poderedes velas primeiras imaxes da festa. E ó longo da semana próxima un gran resumo do evento.
www.pandecea.org
3 de xullo | Fai días anunciabamos que había una nova importante que o Consello Regulador da IXP Pan de Cea. Chegou o momento... xa dispoñible a nova web da IXP Pan de Cea. Visitaa... www.pandecea.org