Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Novidades no Especial da Festa do Pan

Festa do Pan

 

Revista Municipal

29 de xuño | Nos próximos días (mércores, xoves) os veciños e veciñas do noso Concello recibirán no seu domicilio a nova Revista Municipal. Xa están 1.200 exemplares de 12 páxinas cada un preparados para ser enviados. Unha vez se reciban nos domicilios publicaremola nesta web.

Revista Municipal

 

Cartel da Festa do Pan

22 de xuño | O cartel da festa do Pan de 2010 é un óleo e collage sobre lienzo de 81*60 cm, do recoñecido pintor J. Valcárcel. Trátase dunha das máis significativas fases da elaboración do Pan de Cea. O propio autor denomina a Obra "A Fenda". Dispoñible no especial da Festa...

 

Novidades no Especial da Festa do Pan

Festa do Pan

 

As frechas...

15 de xuño | Adxuntamos unha serie de fotografías das frechas que están confundindo ós peregrinos no monte que une Cea co pobo de Silvaboa, o Camino Real, que debería levar ós peregrinos que así o desexan a Oseira... Estamos tratando de deixar claro un par de conceptos desta polémica, unha vez teñamos contestación oficial farémovosla saber. Pero se queredes sacar más conclusións invitámosvos a ler un interesante artigo do Boletín da Asociación de Amigos da Vía da Prata de Ourense. [Ver boletín 01/2010]. Haberá máis novidades...

Camino a Oseira Camino a Oseira Camino a Oseira
Camino a Oseira Camino a Oseira Camino a Oseira
Camino a Oseira Camino a Oseira Camino a Oseira

 

Novidades no Especial da Festa do Pan

Festa do Pan

 

Rematamos o Camiño...

14 de xuño | Onte domingo, os 25 "peregrinos" do Concello de San Cristovo de Cea chegamos a Santiago, tras unha cola de considerables dimensións recibinos a nosa "Compostela", estivemos na Misa do Peregrino e degustamos un almorzo de confraternización en compaña de algúns veciños que nos acompañaron na última etapa e do noso alcalde que tamén nos acompañou nesta bonita xornada. En días poñeremos un álbum que resumirá a nosa peregrinación. De momento dúas fotos... (se desactivades o bloqueador de pop-ups, poderedes ver unha foto máis)

Camino de Santiago
Camino de Santiago

 

Festa do Pan

 

Festa do Pan: comezamos...

11 de xuño | Dispoñible no especial da festa do Pan algunha novidade... Xa podedes coñecer o nome do pregoeiro... Para velo...no menú da esquerda o novo enlace que puxemos ou no vínculo que segue. [Especial Festa do Pan 2010]

No encabezado da web podedes comprobar que día a día estamos engadindo novos contidos.

 

Especial Festa do Pan 2010.

10 de xuño | Como é tradición nesta web, temos xa o especial da XIX Festa del Pan a punto. Pero este ano imos innovar. O Especial en si, ainda que practicamente rematado, iremolo completando como se dun puzzle se tratara, case día a día. A nosa idea é que este rematado unha semana antes da festa. Nel encontraremos p cartel, o folleto informativo, videos e fotos doutros anos, o pregoeiro desta edición e o histórico de pregoeoros... e algunha sorpresa que xa tenemos preparada. Polo momento, o Especial case vacio... só coa consabida nova de que este ano a fiesta foi declarada de interese turístico... [Especial Festa do Pan 2010]

 

 

A voltas co camiño...

10 de xuño | De maneira incomprensible encontramonos na prensa con declaracións totalmente fora de lugar. "Son os de Cea os que cambian os sinais onde se induce ós peregrinos a ir por Oseira, non sabemos en favor de que intereses". Pois mire vostede, demostre que alguien de Cea está cambiando algunha señal, en Cea sempre, os peregrinos aí están para poder decilo, infórmase ós peregrinos das posibilidades y eles libremente deciden por onde ir, (eso ós que preguntan, a maioría téñeno claro cando saen das súas casas) e terceiro pois aquí non tenemos más interese que o ofrecer unha boa estancia ós peregrinos. Outros polo contrario si parece que teñen intereses... e desde luego probas e incluso experiencias dos propios peregrinos si temos.

Non dubidamos de que o Camiño ten unha variante por Piñor, é máis en Cea hai sinais que así o indican e xamais se tocaron nin modificaron, incluso fai pouco procedeuse a limpalas, pero no deixen no aire se a variante de Oseira é oficial, é e tanto como as demais, infórmense. Por se acaso axudámoslles, temos por un lado a Via da Prata e por outro o Camiño Sanabrés, ambos transcurren por camiños comúns nalgunhas zonas, pero noutras partes non, pois ben, o que nos acerca a Cea desde Ponte Madrás é o Camiño Sanabrés, e o que nos acerca desde Ponte Sobreira é a Via da Prata, o que nos leva a Dozón por Piñor é a Vía da Prata e o que nos leva a Dozón por Oseira é o Sanabrés. Así de sinxelo e así de claro, por volta que se lle queira dar e por frechas que quieran cambiar.

A continuación deixámosvos fotos da sinalización de ambos itinerarios, vostedes vexan e xulguen, e non tardaremos en poñer máis fotos, si máis fotos de frechas cambiadas e de como "alguén" propúxose crear novas variantes...

Via de la PLata
Camino Sanabrés
Sinal da Via da Prata
Sinal do Camiño Sanabrés

 

Proyecto Reciclaxe Doméstico: charla e entrega de composteiros

9 de xuño | Como anunciaramos, onte ás 20:00 horas no Multiusos Municipal, unha charla informou aos solicitantes do composteiro de como usalo e sacarlle maior rendemento. Ao finalizar a mesma fíxose entrega do propio composteiro e un embude para a reciclaxe dos aceites vexetais. Adxuntamos unha galería fotográfica do acto así como nos comprometemos a facer un seguemento da experiencia do Proxecto. [Proyecto Reciclaje Doméstico: charla y entrega de composteros]

 

Corpus 2010

9 de xuño | Fotos das tradicionais alfombras de Corpus dispoñibles no apartado En fotos. Agradecemos as mesmas a Pilar e a Anxo. Para velas entra no apartado En Fotos ou no enlace que segue [Corpus 2010]

 

Camiño de Santiago

9 de xuño | Novas fotos da 4ª etapa da peregrinación a Santiago de Compostela. Polo momento, 4 imaxes que completaremos en adiante no apartado adicado á peregrinación no apartado En Fotos.

Camino de Santiago: etapa 4 Camino de Santiago: etapa 4 Camino de Santiago: etapa 4 Camino de Santiago: etapa 4

 

Teatro: ¡Un morto moi vivo!

7 de xuño | Enmarcado no Xacobeo 2010, a Compañía Produccións AContrabutaca presenta en Cea a obra "Un morto Moi vivo". Será o preludio da Festa do Pan. O vindeiro sábado, 3 de xullo ás 22:00 horas na Praza Maior. Ampliaremos información...

 

Proyecto Compostaje Doméstico

7 de xuño | Mañá, martes 8 de xuño ás 20:00 horas, no edificio multiusos, haberá unha reunión informativa con todos aqueles e aquelas que solicitaron o composteiro. Na mesma daranse as pautas e información para comezar a campaña e para recoller o composteiro.

 

Preocupante...

3 de xuño | Precupante denominamos a nova, pero tamén poderiamos definila como un exercicio de pouca ética e/ou de mal gusto ademais de rozar ou meterse de cheo na ilegalidade.

Dun tiempo a esta parte, máis ou menos 2 meses, non son poucos os peregrinos que se queixan de que unha vez entran na parte de monte que nos leva de Cea a Oseira, "alguén" está cambiando intencionadamente algunhas frechas oficiais do Camiño de Santigo coa intención de desvialos con destino a Cotelas. O resultado é peregrinos perdidos (fai pouco tempo un grupo de mozas norteamericanas necesitaron ser buscadas pola Garda Civil) ou peregrinos que, no seu desexo de visitar o grandioso Mosteiro de Oseira dan un rodeo de 7 quilómetros, non sabemos si por antoxo, por gracia, ou por algún interese oculto que descoñecemos.

Unha vez avisados da incidencia, persoal del Concello dispúxose a poñer todo no seu sitio, pero curiosamente ó día seguinte las frechas, oficiais, volveron misteriosamente a cambiar de orientación.

Cando los peregrinos chegan a Cea, libremente escollen unha das dúas variantes existentes, nadie absolutamente nadie lles obriga nin os coacciona, moitos ou ó menos unha gran maioria pretende disfrutar dunha visita ó Mosteiro e parece ser que a alguén lle molesta ou prefire que cheguen cansados, aburridos ou que non cheguen.

Pedimos colaboración a todos en caso de ver algo que indique quen está procedendo a cambiar as frechas e desde o propio Concello poñeremos en coñecimento de quen corresponda os actos inapropiados que se están levando a cabo, confundindo ós peregrinos. No enlace seguinte deixamos o último correo electrónico recibido con queixas dun peregrino francés, de quen, lóxicamente omitimos o seu nome e demais datos personais. [Ver correo-queixa]

 

Os próximos días...

3 de xuño | Espéranos un intensísimo mes de xuño, repleto de novas e novidades y algunha sorpresa. O Consello Regulador de la IXP Pan de Cea anunciaranos en breve e en exclusiva unha nova, máis, moitas máis fotos do obradoiro, toda a información da Festa do Pan, informaremos da fiesta do noso patrón, San Cristovo, engadiremos fotos históricas, engadiremos unha nova colaboración de Angoda relacionada co Ano Santo Compostelano, en fin que, como até agora fixemos... seguiremos informando.

Para rematar con este adianto do que será o mes anunciámosvos, tamén en exclusiva, a declaración da Festa do Pan de Cea como de Interese Turístico, por elo, a partir de mañá no encabezado da web faremos mención a tan importante consecución.

 

Excursión a Zaragoza: las fotos

3 de junio | Xa dispoñible no apartado En Fotos unha galería fotográfica da excursión a Zaragoza (151 fotos). Podedes velas no enlace que segue ou no propio apartado En Fotos. [Excursión a Zaragoza]

 

Obradoiro de Emprego: actuacións semanais

1 de xuño | Novas imaxes de actuacións realizadas polo Obradoiro de Emprego Terras de Cea.

Campo da Saleta: limpeza do muro
Campo da Saleta Campo da Saleta Campo da Saleta Campo da Saleta
Forno de Toubes
Forno de Toubes Forno de Toubes Forno de Toubes Forno de Toubes
Colocación de "cabaceiro"
Cabaceiro no Lodairo Cabaceiro no Lodairo Cabaceiro no Lodairo Cabaceiro no Lodairo
Xardineiras no Velorio Municipal
Velorio Municipal Velorio Municipal Velorio Municipal  

 

Fotos Históricas

1 de xuño | Dúas novas fotos históricas no apartado En Fotos. A Rúa Bacelo en 1979 e a Casa do Concello no mesmo ano. Como podedes comprobar, nos dous casos, o cambio foi significativo. [Fotos históricas]

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares