Ano 2010
Xaneiro 09
Febreiro2010
Marzo 2010
Abril 2010
Maio 2010
Xuño 2010
Xullo 2010
Agosto
setembro 2010
Outubro2010
novembro 2010
Decembro
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 
 

Visita de la Conselleira de Traballo e Benestar

27 de xaneiro | O pasado martes, a Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato, fixo a súa primeira visita institucional ao noso Concello para Clausurar de forma oficial o Obradoiro de Emprego Terras de Cea. Chegou ó noso Concello sobre as 13 horas e a súa primeira parada foi na contorna das Piscinas Municipais, onde simbólicamente descubriuse unha placa conmemorativa do propio Obradoiro sobre un hórreo centenario restaurado polos alumnos do mesmo. Este acto foi moi breve e desprazouse ao Edificio Multiusos, onde entregou os diplomas correspondentes aos compoñentes de Obradoiro. Ó rematar realizou unha entrañable visita ao PAI (Punto de Atención á Infancia), e pouco máis tarde das 14 horas marchouse de Cea como di o devandito "Cun Pan (de Cea) debaixo do brazo", como non pode ser doutro xeito, pois é tradición dos ceenses agasallar co prezado manxar, tanto pola calidade de propio pan como polo sentido da promoción do que dispomos. Unha galería ampla, 82 fotos, da visita podédela ver no apartado En Fotos ou na ligazón que segue [Ver Fotos]

 

Panadeiros - Pulpeiros

27 de xaneiro | No noso afán por recuperar (e publicar) todo canto pertence á nosa historia, lembramos un partido de fútbol de fai uns 45 anos entre os "panadeiros" de Cea e os "pulpeiros" de Arcos. Facémolo cun par de recortes de prensa da época, moi deteriorados pero que se pode ver perfectamente a referencia ó propio partido.

Pulpeiros Panadeiros

Pulpeiros Panadeiros

 

Foto histórica

24 de xaneiro | Engadimos unha nova foto histórica para estrear un novo subapartado en A Historia de Cea en Fotos. Coa mesma, estreamos CD Cea e outros clubes do noso Concello. Subimos esta foto e pedimosvos a todos os vosos comentarios para tratar de dar nome a todos os que aparecen na mesma. Pretendemos a participación de tódolos visitantes e, estamos seguros que asi será. [Ver foto e comentar]

 

Fotos Actividades Nadal 2010

24 de xaneiro | Novas fotos das actividades de Nadal no apartado En Fotos. Nesta ocasión subimos as fotos de Pazolandia, da merenda en Xogaventura, da visita ó cine para ver a película Megamind e a visita dos Reis Magos á Residencia A Saleta. Os máis xóvenes do noso Concello puderon disfrutar de dúas xornadas especiais nestas actividades programadas no período navideño.

Pazolandia

Merenda en Xogaventura

Proxección de Megamind

Visita dos Reis Magos á Residencia A Saleta

 

Polo Chan

21 de xaneiro | A Televisión de Galicia vai estrear un novo programa de entretemento denominado "Polo Chan", consistente nun circuíto de probas físicas en exteriores, que diferentes equipos de Concellos de Galicia deberán superar para clasificarse.

O Concello de San Cristovo de Cea foi un dos seleccionados para participar e por iso estamos a buscar veciños e veciñas do Concello entre 18 e 40 anos, que queiran formar parte do equipo que representará ao Concello no programa

Se estás interesado/a en participar, podes inscribirche na Casa do Concello en horario de oficina ou no teléfono 988 282 000, até o luns 24 de xaneiro, onde recibirás toda a información sobre o programa.

 

Fotos de los Reyes Magos

21 de xaneiro | 53 fotos da visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente a Cea. Os nenos e nenas do noso Concello distrutaron na tarde previa á nootee máis máxica do ano dos Reis Magos de Oriente no Edificio Multiusos de Cea. [Ver Fotos]

 

Inauguración en Oseira

16 de xaneiro | O Mosteiro de Oseira convértese en epicentro cultural da nosa provincia coa Exposición, "Bosque 3.050", de Xurxo Oro Claro. Trátase dunha mostra de 35 árbores de aceiro inoxidable sobre unha base de pedras. A prestixiosa mostra arraca en Oseira unha ruta itinerante despois de estar en Santo Domingo de Bonaval, Santiago de Compostela, durante o pasado ano. Onte inaugurouse no cenobio cisterciense, sendo o Concello de Cea un dos colaboradores da Exposición. Póde visitar no horario de visitas do propio mosteiro. Adxuntamos unha galería fotográfica da inauguración. [Ver fotos]

 

En Fotos: Exposición "Recuperando a Nosa Historia"

15 de xaneiro | Como prometeramos, subimos unha galería fotográfica da Exposición de fotos antigas que actualmente se pode ver na Sala de Exposicións do Edificio multiusos. Subimos unha galería nq que se pode contemplar a totalidade da mostra. Mostra, por outra parte, que en breve ampliarase con non menos de 100 novas fotografías que forman parte da nosa historia. Dispoñible no apartado En Fotos e no enlace que segue. [Ver fotos]

 

En Fotos: Concerto de Reis - Coro Municipal

15 de xaneiro | Engaadimos ao apartado En Fotos a galería fotográfica do Concerto de Reis do Coro Municipal. Completamos deste modo, a inclusión de videos e imaxes do mesmo na web. Dispoñible no apartados En Fotos e no enlace que segue. [Ver Fotos]

 

Nadal 2010, actividades: Tronco de Chocolate

13 de xaneiro | Unha das actividades do pasado Nadal, foi a elaboración dun Tronco de Nadal polos nenos e ninas do noso Concello. Adxuntamos a serie fotográfica da actividade. En breve, novas fotos das actividades e eventos de Nadal [Ver fotos]

 

Magosto na Gardería

13 de xaneiro | Xa por fin solucionamos os problemas que tiñamos no servidor de fotos. Cunha nova versión, coa posibilidade de comentar cada foto (lembramos que se admiten comentarios respetuosos e onde imperen as boas formas, os demais serán eliminados), e coa novidade de poder mandar postais desde a propia galería fotográfica a partir de cada unha das fotografías existentes na galería (3.500 fotos), engadimos as fotos do Magosto da Gardería, en onde os máis pequenos do noso concello convertense, una vez máis, en protagonistas da páxina web oficial do noso Concello [Ver Fotos]

 

Coro Municipal: Concerto de Reis

12 de xaneiro | Ainda que xa tiñamos preparada unha actualización da web cunhas series fotográficas de diferentes actividades, un problema no servidor de fotos fixo que cambiasemos esa actualización por dous videos do Concerto de Reis do Coro Municipal. Nos próximos días subiremos as fotos pendentes (Magostos na gardería, Recepción dos Reis Magos, Pazolandia, No cine..., etc)

 

 

 

Concellodecea.com en datos

10 de xaneiro | Despois dun ano, e non é xustificación, senón a conclusión de cumprir co obxectivo marcado, vémonos na obrigación de pór como foi o pasado período. Expresamos na nosa web, da forma máis obxectiva posible, todos e cada un dos eventos que no noso concello tiveron lugar, demos conta de todas as novas de interese do noso Concello, o máis puntualmente posible. Neste apartado reflectimos máis de 600 noticias, o que supón a case dúas diarias. E todo iso contribuíu de forma crucial para que a nosa web, un ano máis haxa aumentando en número de visitas, ademais de forma bastante avultada. 88.765 veces visitáronnos, un 47.2% máis que o ano 2009, que o fixeron en 60.292 veces. Se as veces que nos visitaron dividímolas en 365 días obtemos unhas visitas diarias de 246.81, bastante por encima das nosas previsións máis optimistas. Queremos recalcar as visitas desde fóra das nosas fronteiras, sendo Arxentina e Suíza os paises, nesa orde, de onde máis visitas obtivemos no último período

Todo iso anímanos a seguir traballando do mesmo xeito, con máis ambición, para tratar de manter informados a todos aqueles que así o desexen. Pola nosa banda darvos a Gracias a todos pola vosa fidelidade.

 

2011: Comezamos...

10 de xaneiro | Cambiamos de ano, e tras 6 días cun especial fotográfico coas imaxes que foron nova nos últimos 365 días, comezamos de novo coa publicación das novas máis relevantes do noso Concello.

Hoxe imos pór unha ligazón ás galerías fotográficas máis relevantes de 2010 que subimos ao apartado En Fotos.

Aínda que todas as fotos as consideramos da mesma importancia, deixamos as máis significativas de 2010, caso das fotos do FIOU, posiblemente o evento máis importante do ano, con miles de visitantes ao noso Concello, coa celebración dun evento único, xamais celebrado e de gran interese, que tivo lugar en Cea, caso da Festa do Pan, das Festas da Saleta, dos peregrinos que nos visitaron en gran cantidade neste ano, as excursións e actividades realizadas, etc... en todo caso no apartado en Fotos, podedes ver todas as publicadas até a data, dispomos de case 4.000 imaxes

Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU) (246 fotos)

Entroido 2010 (48 fotos)

Cabalgata de Reis 2010 (12 fotos)

Xantar dos Consellos Reguladores de Galicia (En Oseira) (11 fotos)

Día Internacional da Muller Traballadora (10 fotos)

Festa do Pan 2010 (21 fotos)

Festa de San Cristovo 2010 (12 fotos)

San Crsistovo 2010 (Festa dos transportistas) (10 fotos)

Ludiverán 2010 (12 fotos)

Excursións 2010 (35 fotos)

Magosto 2010 (73 fotos)

Teatro Armando Gresca (20 fotos)

Proxecto Reciclaxe Doméstico (12 fotos)

Corpus 2010 (23 fotos)

Grupos de peregrinos (24 fotos)

Taller de Memoria 2010 (12 fotos)

Concerto de Merzabrass (12 fotos)

Peregrinación a Santiago (92 fotos)

Obradoiro de Emprego (526 Fotos)

Festa da Saleta 2010 (86 fotos)

 

A todas estas deberíamos sumar as fotos históricas que subimos en 2010:

A Historia de Cea en Fotos (26 fotos)

Tódalas fotos de 2010 en www.concellodedea.com: Fotos 2010

Se sumamos, danos a interesante cifra de 1.321 fotos que subimos este ano, incrementaremolo en 2011?

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares