Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
Exposición
31 de xaneiro | Hoxe xoves, 2 de febreiro inaugurarase a Exposición "O Camiño Real de Castela a Santiago, por Ourense, base do camiño de peregrinación". O acto de inauguración será ás 19.00 horas no edificio Multiusos de San Cristovo de Cea, y estades todo convidados.
A exposición permanecera ate o videiro 5 de marzo. Adxuntamos cartel e invitación.(click para ampliar)
Invitación
Cartel
Campo de Fútbol: Videos
29 de xaneiro | Tres novos vídeos da evolución das obras de O Lodairo. Seguiremos compartindo tanto videos como fotografías da obra, que xa entra na súa fase final.
Oseira-Marín: 900 anos
27 de xaneiro |
Na Historia de Marin podemos ler: "O que hoxe e Marín foi, por longo tempo, non máis ca un hangar ou alpendres para unhas lanchas e aparellos. O Marín daquela, o primitivo e evolucionado dunha vila do "Baixo Imperio", estaba terra adentro, en "Sancro Juliano do Valle Marini". Unha granxa romana, coma dez máis, de mome "vila” no municipio. Coa seguridade aumenta a poboación; fanse tomadas ou roteas. Nace Marín, o de hoxe. No ano 1112, cando por vez primeira a vemos nomeado, cuns poucos veciños e o seu alfoz e o mar ó fronte. Un cabaleiro da corte de dona Urraca, Diego Arias de Deza, recibe da raíña, en pagamento dos bos servicios, a coto de Marín. Morta a súa dona toma o habito do Císter en 1151, xa ancián, no mosteiro de Oseira, ó que fai cesión do seu coto en Marín. "Con todos sus términos, pertenecientes y derechuras" di o P.Tomás de Peralta, historiador do Mosteiro.
Pero "los muchos años del dicho Diego y lo austero de la vida monacal... y su volubilidad, le hicieron cambiar de parecer a los cuatro años e irse a los hospitalarios de Portomarín, que hicieron lo posible por llevarse también el coto, con no corta pleito". Marín, con todo, quedou unido na súa sorte ao mosteiro de Oseira por 685 anos, erixido Priorato.
Oseira tiña aquí un prior e un granxeiro, con dependencias e servidume. Baixo a súa protección aséntanse colonos, fomentase a pesca e ábrese o porto o comercio En 1521 a abade de Oseira ordena a construcción do castelo de San Fernando para a defensa e seguridade de Marín. Igualmente, en 1626 díctanse sabias ordenanzas que impulsan a pesca. No século XVIII, Marín é unha potencia pesqueira e as industrias de salazón, que a mediados deste século implantan os catalans xunto coas novas artes de pesca, acrecentan a súa importancia. Durante a invasión francesa os marinenses participaron activamente na loita."
Como sabedes, o vindeiro 11 de marzo celebrarase a primeira xornada das "Xornadas de Convivencia Marín - Oseira", con motivo do CM Centenario de Marín, nesta web poñeremos un apartado especial sobre os actos que se celebrarán no noso Concello. Adxuntamos cartel
Obras do Campo de fútbol
27 de xaneiro | Debido aos problemas que tivemos, e por intres seguimos a ter, non actualizaramos o apartado fotográfico de seguemento das obras do campo de O Lodairo. Agora xa coa posibilidade de subir as fotos incluímos no mesmo as imaxes das últimas datas, ainda que se podan seguir producindo cortes puntuais na súa visualización, que esperamos sexan solventados en breve.
27 de xaneiro | Como sabedes, estamos preparando unha nova versión da web, na que trataremos de facer máis cómoda a navegación, a vez que máis rápida. Adeiantamos que a cor predominante será o azul, adiantamos tamén que NON haberá o apartado Blog, e que en tódolos apartados da web teremos a posibilidade de compartir o contido nas diferentes redes sociais, así como realizar envios directos dese contido por correo electrónico e incluso imprimir cada un dos apartados directamente desde unha consola que aparecerá en cada apartado.
Seguimos traballando na web coa intención de no mes de febreiro poder abrila, mentres tanto seguiremos traballando nesta.
Obras do Campo de fútbol
21 de xaneiro | Continúan as obras de O Lodairo a bo ritmo. Xa podemos ver parte do terreo de xogo verde. Adxuntamos fotografías de onte e un vídeo do xoves donde se pode apreciar.
Preme en cada imaxe para ampliar
Vídeo
Video do 19 de xaneiro, xa dispoñemos un do venres 20, que nos vindeiros dias compartiremos.
Facebook: pasaxeiro 2000?
21 de xaneiro | Neste intre, temos no noso perfil de facebook 1.999 amigos. Chegaremos a 2.000?. Supoñemos que si.
Seguímosvos convidando a todos a agregar o noso perfil de facebook aos vosos amigos, e tamén nas demais redes sociales nas que temos presenza, nelas adiantamos novas, fotografías e curiosidades en exclusiva que seguro que vos sorprenderán.
Libro de visitas e apartado En Fotos
21 de xaneiro | Durante esta semana pasado tivemos frecuentes cortes no servizo no que temos aloxado o Libro de Visitas e o apartado En Fotos. Asegúrannos desde o propio servidor que estes foron puntuales por melloras en ambos servizos. Esperamos que así sexa e que estes no se sigan producindo no futuro. Por elo pedimos as nosas disculpas, polas molestias que lles puidera ocasionar.
Coro Municipal: Concerto de Reis 2012
21 de xaneiro | Engadimos os dous últimos videos do Concerto de Reis do Coro Municipal do pasado 6 de xaneiro no Edificio Multiusos. Esperamos que foran do voso agrado os 8 videos que gravamos e compartimos.
Vídeo 7
Vídeo 8
Seguemento das obras de O Lodairo: Video IV
16 de xaneiro | Cuarto video das obras de O Lodairo. Xa podemos ver o terreo de xogo "enmoquetado", para a posterior colocación dos tepes de céspede artificial.
Futbol Base: creando escola
16 de xaneiro | Engadimos unha serie de fotografías dos equipos de alevíns e infantís de CD Cea.
Aposta polo deporte e polos hábitos saudables na poboación de menor idade, fomentando ademais o reforzo socializador das actividades en grupo. Parabéns aos nenos e nenas que forman ambos equipos así como ao grupo de formadores que fan que pasen as mañás dos sábados realizando actividades en pro da súa formación. [Ver fotos]
Os Serandeiros: En Fotos
16 de xaneiro | Este ano, unha novidosa actividade permitiu que unha da tradicións más antigas se recuperase no noso Concello. A Asociación Cultural Os Serandeiros estiveron polos pobos do noso Concello cantando os reis e panxoliñas, como antigamente se facía. Iniciativa novidosa e que a reflexamos nas fotos que seguen. Un percorrido por todo o Concello e pola Residencia A Saleta foi o seu traxecto.
Dispoñible unha galería fotográfica na sección En Fotos e no enlace que segue [Os Serandeiros]
Concerto de Reis: Videos
16 de xaneiro | Dispoñibles dous novos videos do Concerto de Reis do Coro Municipal. Xa sólo nos quedan dous por subir, que esperamos poder facelo a principios desta mesma semana.
Video 5
Video 6
Cabalgata de Reis: Fotos
13 de xaneiro | Engadimos dúas galerías fotográficas da Cabalgata de Reis. Unha que denominámola "As Facianas da Ilusión", con 94 imaxes, nas que se poden ver tódolos nenos e nenas asistentes coas Súas Maxestades e outra máis xenérica da Cabalgata, con 42 imaxes.
Todas elas poñémolas á vosa disposición en máxima resolución. Fainos a túa petición por correo electrónico (info@concellodecea.com), e farémoschas chegar de xeito totalmente gratuito.
13 de xaneiro | Engadimos os 4 primeiros videos do Concerto de Reis do Coro Municipal do pasado 6 de xaneiro no Multiusos Municipal. Os cuatro resantes os subirémolos en días vindeiros.
Na nova web do Concello de San Cristovo de Cea terán un enlace directo ó noso Canal de Videos con cerca de 150 videos dispoñibles.
Video 2
Video 3
Video 4
Ano novo... nova web
09 de xaneiro | O formato no que están vendo a web oficial do Concello de San Cristovo de Cea remóntase a un deseño orixinal de 2008, con algúns cambios en anos posteriores, pero que influíron únicamente na combinación de cores que formaban os diferentes apartados na web.
Estamos traballando nun nuevo deseño, un deseño diferente, pode que máis moderno, pero que seguro resultará máis funcional. Adiantamos que predomina a cor azul... e que no presente mes de xaneiro, salvo importunio de última hora, estará dispoñible, tanto en galego como en español.
Até entón, moitísimas novidades neste formato, fotos, videos, novas....
Concerto do Coro: fotos e videos
09 de xaneiro | O pasado 6 de xaneiro pudemos asistir a un excepcional concerto do Coro Municipal no Edificio Multiusos. O mesmo tenemolo gravado de forma case integra, en 8 videos, que nos próximos días iremos compartindo con todos vós.
Como adeianto adxuntamos unha breve galería fotográfica que podedes ver pulsando na imaxe que segue
Seguemento das Obras do Lodairo: Video III
09 de xaneiro | Terceiro video do seguemento das Obras de O Lodairo. Seguiremos subindo fotos do mesmo até o seu remate.
Video (6mins 35 seg.)
Videos da Cabalgata de Reis Magos
09 de xaneiro | Comezamos o ano con dous videos da Cabalgata de Reis, máis concretamente da Recepción no edificio Multiusos.
Estamos preparando as fotos dese día, no que tódolos ninos e ninas que quixeron pudéronse fotografiar coas súas maxestades e que poñeremos á vosa disposición