Feliz 2010 |

Foto da Praza Maior de Cea en 1900, recibida en setembro de 2004 desde Valparaiso (Chile). Click na imaxe amplía.
|
A Un Amigo (II) |
31 de decembro |O noso amigo O Xiada envíanos (fixo o 10 de outubro), unha segunda parte da súa colaboración "A Un Amigo". Por ser un documento dun alto contido emocional, sobre todo para algúns o quixemolo gardar para unha data especial (o autor incluso pensaría que non se publicaría).
Agora chegou o momento...dispoñible en Colaboracións ou no enlace que segue [A Un Amigo (II)]
|
En 2010...Más... |
31 de decembro | Remata o ano, remata un ano importante na nosa Historía, un ano no que como pudestes comprobar nos últimos días estivo cargado de novas, unhas boas, outras menos boas, pero ó fin e o cabo novas.
Como despedida do año dúass novas importantes, pero á vez Especiais, polo seu contido, pola súa procendecia e porque con elas queremos agradecer cousas a alguén que se dará por aludido ou aludidos. A tódolos que nos visitades darvos as gracias por este ano, e contamos con vós para o próximo e os vindeiros.
Adiantamos que as dúas primeras novas do ano serán tamén especiais, unha será unha boa nova, moi boa, da nosa Banda de Gaitas, e a outra será un novo documento para o noso Arquivo Documental Histórico...
Atentos ós próximos días
|
A última do ano e a penúltima do ano |
31 de decembro | Hoxe remata 2009, e queremos cerralo de xeito especial. Antes das 12 badaladas haberá dúas novas, que serán a última e a penúltima do ano e unha nova imaxe para o encabezado da nosa web, no que incorporaremos o logo do Xacobeo 2010 como xa comentaramos nunha nova anterior. Dito logo permanecerá no noso encabezado todo o 2010.
Adiantamos que as dúas ultimas novas serán unha colaboración chamada "A un amigo 2" do noso amigo O Xiada, historia que levamos gardando meses con celo para ser publicada nunha data especial. Podedes lembrar "A un amigo" na sección colaboracións; e a segunda nova será unha foto antiga, histórica á que demos o noso toque persoal, conocédela, pero desde que dispoñemos dela foi moi especial
Todo esto no año 2009, coa mesma anunciaremos a primera nova de 2010. Feliz año, paz, saude e prosperidade para o Ano Santo 2010!
|
| |
Hoxe lembramos: Decembro de 2009 |
31 de decembro | No presente mes, este propio apartado, novas fotos na web, a axenda cultural, a Revista Municipal foron algunhas das novas máis significativas.
Cerraremos o mes con aproximadamente 5.400 visitas polas 2.836 de 2008, incrementaremos en non menos del 85,5%.
|
Hoxe lembramos: Novembro de 2009 |
31 de decembro | O Magosto popular, unha nova publicada en La Voz de Galicia sobre esta web, fotos históricas, un recorte antigo de periódico que decía "El Pan de Cea puede desaparecer", foron algunhas novas de novembro de 2009.
Até 6.744 visitas recibimos polas 3.748 en 2008. Incrementamos nun 80,7%
|
Hoxe lembramos: Outubro de 2009 |
31 de decembro | Comezamos o mes de outubro cunha foto-denuncia en favor das instalaciones públicas, na que Lembrabamos a necesidade de conciencia e de educación e respeto ós demás, engadimos fotos históricas, fotos de obras, a entrega das chaves da ciudad de Gallese ós monxes de Oseira... Tódalas novas de outubre no menú da esquerda.
6.392 visitas por 3.055 en 2008, o que supón un incremento do 109,2%, ou o que é o mesmo o mes con maior incremento do ano.
|
Hoxe lembramos: Setembro de 2009 |
31 de decembro | Setembro é o mes da festa grande de Cea, e neste mes ademais de informar sobre a mesma, foi nova o Congreso Internacional de Cister en Portugal e Galicia celebrado en Oseira, inauguramos o apartado "Diario dun Triatleta Ceense", informamos da Festa da Xuventude, de CD Cea, do noso grupo en Facebook, apoiamos a Madrid 2016. Dispoñibles tódalas novas de setembro 2009 no menú da esquerda.
En canto a visitas, 7.317 por 4.217 en 2008. Estos datos marcan a cifra máis alta desde la existencia da web, é decir, nos máis de 5 anos da nosa pequena historia.. Incrementamos neste mes un 73,5% las visitas con respecto a 2008.
|
Auga, moita auga en Cea |
30 de decembro | Desde o pasado domingo apenas deixou de chover no noso Concello. Os ríos e riachuelos están prácticamente desbordados.
E as previsións dinnos que teremos un final de ano pasado por auga. Deixámosvos unha mostra que da fe do que estamos dicindo, nos próximos días, poñeremos unha galería fotográfica deste fenómeno metereolóxico. (click na imaxe, amplía)
|
Hoxe lembramos: Agosto de 2009 |
30 de decembro | Agosto é un mes no que as visitas á web soen descender, este ano coas fotos de Ludiverán, o anuncio do programa das festas, co anuncio do novo parque biosaudable, entre outras novas, as visitas alcanzaron cifras de 5.667 por 3.250 de 2008, o que supón un incremento porcentual do 74,4% o máis alto alcanzado até aquel momento no presente ano.
|
Hoxe lembramos: Xullo de 2009 |
30 de decembro | Xullo é tradicionalmente un mes festivo en Cea, a festa do Pan de Cea, a festa de San Cristovo, o noso Patrón, fotos da excursión a Cerceda, fotos históricas, foron algunhas das novas que apareceron na web. Xa o enlace ó mes de Xullo na sección Hoxe lembramos...
As visitas alcazaron o importante número de 6. 115, récord até a data polas 4.500 de 2008, incrementándose nun 35,9%
|
A Misa do Galo en Video |
29 de decembro | Desde a web do Mosteiro de Oseira infórmanos de que comezaron a subir varios videos da Misa de Medianoite celebrada o pasado 24 de decembro e desexan compartilos con todos nós.
Desde esta web agradecemos o ofrecemento e iremos informando dises videos a medida que os vaian subindo.
Primeiro video:
|
ADH: Mostra Homenaxe a Julio Tizón nos seus 75 anos |
29 de decembro | Como anunciaramos, engadimos no ADH (Archivo Documental Histórico) un documento que ilustraba e explicaba a Mostra Homenaxe a Julio Tizón nos seus 75 anos.
Fué unha exposición que tivo lugar en Cea entre o 24 de setembro e o 10 de outubro de 1993.
Lembramos que poden acceder ó ADH no menú do fondo da web, xunto á Axenda Cultural, ó Histórico de Novas e ó apartado Cea n@ Rede. [ADH: Homenaxe a Julio Tizón]
|
| |
Hoxe lembramos: Xuño de 2009 |
29 de decembro | Fotos das obras de pavimentación en diferentes rúas de Cea, das obras do entorno del Velorio Municipal, da Plaza de Pereda, o Especial da Festa del Pan, novas fotos históricas foron algunas das novas que publicamos en Xuño de 2009. No menú da esquerda podes ver tódalas novas publicadas nese mes.
As visitas mantivéronse como no mes anterior, altas. Alcanzamos as 4.643 visitas, sendo de 3.574 as do ano anterior, o que supón un aumento do 29,9%.
|
www.concellodecea.com cerra o telón |
28 de decembro | Esta nova pode sorprender polo inesperada, incluso para nós mesmos, con algúns proxectos en pleno desenrolo, pero dada a situación, tomouse a determinación de cerrar, de forma definitiva, esta web.
A crisis e a necesidade de emplear tódolos esforzos posibles noutros derroteiros fai que sexa ésta unha decisión, despois de moito meditala, ainda que difícil, certamente lóxica.
Esperamos que algún día www.concellodecea.com volva abrir o telón que hoxe mesmo se cerrará. Esperamos a vosa comprensión, do mesmo xeito que vos agradecemos tódalas vosas visitas e a vosa colaboración até a data. Moitas Gracias!!
|
Hoy recordamos: Maio de 2009 |
28 de decembro | Fotos da nova Praza en Pereda, carteis antiguos da Festa do Pan, fotos do outro Cea (en León), actos promocionais do Pan de Cea, elección do novo Abade no Mosteiro de Oseira, e a creación do apartado de Fotos Históricas foron algunhas nova do mes de maio.
Mayo fue un mes importante, pues la web tomó la forma que podéis ver en la actualidad. Se hizo un cambio total en el diseño de la misma, incrementando el numero de apartados de la web de forma considerable. Se trató de ciudar al máximo todos los detalles en cuanto a color y disposición de los diferentes menús, tratando de agilizar y de ayudar al visitante en la navegación por la página.
En canto ó número de visitas, posiblemente o feito de estrear unha nova versión da web axudou a obter unhas cifras realmente boas, 4.924 en 2009 por 3.388 en 2008, o que supón un incremento dun 45,3% e o que supón que co mes de maio igualabamos as visitas do año anterior, pero ahí non quedou a cousa pois nos meses posteriores...
|
Imaxe da última portada da web anterior (click para ampliar) |
|
Hoxe lembramos: Abril de 2009 |
23 de decembro | Abril foi o mes no que naceu a Revista Municipal, subíronse fotos das actividades programadas na Axenda cultural, informouse dos resultados de CD Cea, entre outras novas.
Lembramos que no menú da esquerda podedes ver tódaas novas do mes en cuestión.
En cuanto a visitas, tras o ascenso dun 4,3% do mes de marzo, a web volve a ser menos visitada que no ano anterior. Pasamos de 3.994 en 2008 a 3.491 en 2009, o que supón una baixada do 12,6%.
|
TDT: Campaña informátiva |
23 de decembro | Como terán visto na portada desta web, estamos en plena campaña informativa sobre o TDT. Na misma anunciaos o corte da emisión analóxica para o 31 de decembro, pois o noso Concello está englobado na fase II da suspensión de emisións analóxicas.
Para evitar posibles sombras nalgúns puntos concretos o día de Fin de año, decidiuse ampliar o prazo para o cese da emisión ó 18 de xaneiro de 2010.
Ditoo iso recomendamos actualicen os seus equipos o antes posible para, dese xeito, asegurar a recepción de televisión.
Y lembren...Charlas informativas sobre o TDT, na Plaza Maior de Cea, días 26 de decembro (turno de tarde), 27 de decembro (turno de mañá) y 13 de xaneiro (turno de mañá)
|
ADH: Arquivo Documental Histórico |
23 de decembro | O ADH naceu no seu día coa intención de recuperar aquiles documentos nos que se reflexa unha parte da nosa Historia. Máis cercana ou máis lonxana, pero, en definitiva, mostran parte do que ocurriu no noso Concello.
O documento que estamos preparando data de 1993, e estamos seguros de que á maioría vos gustará lembrar este tipo de "momentos".
Mañá dispoñiible en www.concellodecea.com
|
Hoxe lembramos: Marzo de 2009 |
22 de decembro | Comezamos marzo publicando 104 imaxes do Enterro da Sardiña. Foi un mes no que destacaron as fotografías. Houbo comunicados dos cursos de formación para a empresa as 5 Jotas, exposición dos alumnos do curso de pintura, novas sobre CD Cea, entre outras informaciones.
A web foi visitada 3.401 veces, por 3.261 que fora en 2008, o que supón o primeiro mes de 2009 que incrementamos o número de visitas con respecto ó anterior. Este incremento foi do 4.3%.
Veredes a Evolución nos meses que seguen...será sorprendente!. Click no enlace da esquerda para ver Marzo de 2009
|
Excursión a Manzaneda |
22 de decembro | O xoves 24 de decembro remata o plazo de inscripción para a Excursión á Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda que se celebrará os días 28 e 29 de decembro.
Trátase dunha excursión que está dirixida a nenos e nenas empadroados de 8 a 18 anos e non empadroados de 14 a 18 anos. [Mas información]
|
Papá Noel en Cea |
22 de decembro | O día 24 de decembro, a partir das 10:00 horas Papá Noel visitará a Vila de Cea, a onde poden achegarse tódolos nenos e nenas que o desexen.
Fará un percorrido pola Vila e a partir das 11:00 horas estará na Plaza Maior para recibir ós niños e nenas que o desexen.
|
A Coral de Ruada en Cea |
22 de decembro | A prestixiosa Coral de Ruada de Ourense dará un concerto en Cea o próximo domingo 3 de xaneiro de 2010, ás 18:00 horas no Edificio Multiusos.
Consideramos este concerto como unha ocasión única para disfrutar dunha das corais máis importantes de Galicia.
|
Febreiro de 2009 |
21 de decembro | Febreiro foi un mes pouco novidoso en novas, a firma do convenio de intencións entre o Concello e a empresa Las 5 Jotas, o entroido e as novas referentes a CD Cea coparón a web.
O número de visitas á web ascendiu a 2.758, o que significaba un descenso do 28,2% respecto a 2008, que fora visitada en 3.840 ocasións.
En xaneiro o descenso foi do 14,6%, pasamos de 4.044 en 2008 a 3.454 en 2009.
|
A Plaza Maior de Cea |
21 de decembro | Engadimos á sección Descargas no apartado Fotografías unha da Plaza Maior de Cea.
Foto nocturna na que se ve a amplitude desta gran Plaza. [Ir a Descargas | Fotografías] |
CD Cea empata a domicilio |
21 de decembro | CD Cea arranca un meritorio empate fronte ó CD Ramirás.
C.D. CEA: Montes, Fran Noguerol (Jaime González min. 75), Toni, Víctor (César Noguerol min 67), Roberto, Miguel, Rodrigo, Jaime Noguerol, Obenza, Iván (Jhonny min. 86) y Danilo.
GOLES: Iván
|
Lembranzas de todo un ano... |
20 de decembro | Cada día dos que restan de 2009 adicaremolos a lembrar o que foi éste para a web, para o noso Concello e para todos e cada un de nós. Mostraremos tal e como vivimos o 2009 co obxetivo e a pluma desta web. Iredes vendo no menú especiais uns enlaces a través dos cales lembraremos mes a mes. Esperamos que vos guste a iniciativa.
Xaneiro 2009: Comezamos o ano con novas de CD Cea, con videos do Coro Municipal e da Cabalgata de Reis, foi un mes complicado climatolóxicamente falando, con neve e un tremendo temporal. Iniciabase o servizo Xantar na Casa no noso Concello,... O mes completo no enlace da esquerda.
|
Revista Municipal 3: Dispoñible |
20 de decembro | Xa poden ver ou descargar o número 3 da Revista Municipal. No enlace da isquerda ou no apartado Descragas poderán encontrar este número e os anteriores. Esperamos que sexa do seu agrado. En Abril de 2010 haberá un novo número da Revista no que renovaremos a imaxe da misma... [Ver Revista]
|
Unha nova Foto Histórica |
20 de decembro | Engadimos ó apartado En Fotos, na categoría "A Historia de Cea en Fotos", unha nova imaxe da nosa Historia. Nesta ocasión subimos unha imaxe dun dos eventos con máis tradición no noso Concello, particularmente no pobo de Viduedo, onde a procesión de Cabezudos e Almazonas vense realizando desde fai moitos, moitos anos, como ben da fe a foto.
Lembramos que Viduedo rinde honores a San Pantaleón, o último fin de semana de xullo, y é nesta celebración a súa famosa procesión das antorchas... [Ver fotos Históricas]
|
Revista Municipal: número 3. |
17 de decembro | Desde mañá, xoves, poderán ver o novo número da Revista Municipal. Lembrámoslle que ésta é unha publicación, que chega a tódolos domicilios do noso Concello, mediante a cual, faise chegar ó veciño información de relevancia.
Neste número, entre outras cousas faise un pequeno percorrido pola Parroquia de Castrelo, un especial sobre o Medio Ambiente, y algunha que outra sorpresa, desde mañá dispoñible no enlace do menú da esquerda ou no apartado Descargas
|
Postales institucionais e Calendario 2010 |
17 de decembro | Como ano tras ano ven sendo tradicional, nos días anteriores ó día de Nadal, tódolos domicilios do noso Concello reciben unha Postal institucional e un calendario do ano próximo.
En ambos trátase un tema no que está presente o noso Concello, xa sexa fotográfica o textualmente.
En breve, recibirán esa postal e o calendario, que ademais este ano terán a posibilidade de descargar desde a Web Oficial do Concello de San Cristovo de Cea, informarémoslle de como poder obter ambos nesta web.
|
Fotos das charlas de reciclaxe |
17 de decembro | Engadismos máis fotos das charlas sobre a reciclaxe que se desarrollaron no noso Concello nos centros sociais de tódalas parroquias.
Ás xa subidas, engadimos fotos de A Grela, Casasnovas, Fatón e Pereda
Poden velas no apartado En fotos no álbum "charlas de Reciclaxe" ou no enlace que segue. [Ver Fotos]
|
Primeira nevada da tempada en Cea |
16 de decembro | A Vila e prácticamente todo o Concello de San Cristovo de Cea amanece completamente nevado, e a esta hora os copos seguen caendo de forma copiosa.
Adxuntamos unha primeira galería fotográfica. Dispoñible no apartado En Fotos ou no enlace que segue [Fotos nevada 16/12/2009]
|
Actividades programadas para Navidad |
16 de decembro | Engadimos á web no apartado Axenda Cultural (no menú do fondo, o primero da esquerda), as actividades programadas para os meses de decembro e xaneiro.
Esperamos unha asistencia masiva a todas aquelas actividades que sexan do seu agrado.
|
Parque biosaudable |
15 de decembro | Nunha nova que esta web adiantaba o pasado 31 de agosto [Ver nova], informabamos da instalación, antes de rematar o año, dun parque biosaudable no entorno de "O Lodairo", hoxe 15 de decembro adxuntamos 4 fotografías de dito parque xa operativo.
O parque infantil, que se ubicará definitivamente no entorno do Centro de Saúde, instalarase nestas datas próximas, do cal adxuntaremos tamén fotografias unha vez instalado.
|
| |
Nova entrega do "Diario dun Triatleta Ceense". |
15 de decembro | Walter envíanos unha nova crónica dunha das suas participacións nun triatlón. Nesta ocasión narranos o "XIV Triatlón Olimpico Club Natación Pamplona". Aproveitamos a ocasión para recordarvos que xa dispoñemos de dúas novas crónicas que poñeremos en días posteriores e que deixamos o libro de visitas a vosa disposición para deixar mensaxes a Walter. [Diario dun triatleta Ceense]
|
Chega a Televisión Dixital Terrestre |
15 de decembro | Como pudestes comprobar na intro da web, dispoñemonos a afrontar cambios realmente importantes na recepción do sinal de televisión.
Chega a Televisión Dixital Terrestre (TDT), e por elo os próximos dias 26 e 27 de decembro de 2009 e o 13 de xaneiro de 2010, un autobús informativo situarase na Praza Maior da Vila, coa misión de informar sobre a nova tecnoloxía. Será o día 26 en turno de tarde e o 27 de decembro e o 13 de xaneiro en turno de mañá
|
www.concellodecea.com co Xacobeo 2010 |
9 de decembro | Nunha clara aposta promocional do noso, esta web incorporará en breve, como iniciativa propia, e co único obxetivo de colaborar na promoción do Ano Santo 2010, o logotipo do Xacobeo.
Pensamos nesta iniciativa, única e desinteresada como o nostro grauciño de area a favor de promocionar un evento tan impora nte para Galicia.
Asimesmo tamén incluiremos un novo apartado na web que denominaremos Ano Santo 2010, con toda a información sobre o Camiño de Santiago-Vía da Prata o seu paso polo noso Concello, información do Albergue de peregrinos e un buzón de correo electrónico que poñeremos a disposición dos peregrinos que necesiten algún tipo de información.
|
CD Cea perde en a Peroxa |
9 de decembro | CD Cea perde en O Marco frente ó Peroxa CF, tras unha discutida actuación arbitral.
A PEROXA C.F.: Rubén, Murga, Wate, Sema, Moncho, Gasofas (Manu, min. 82), Diego (Pixo, min. 73), Santi, Alex (Loren, min. 65), Pablo (Cerviño, min 71) e Héctor.
C.D. CEA: Montes, Danilo, Toni, Víctor, Miguel (Jhonny min. 79), Marcos (Telmo min. 65), Rodrigo, Jaime Noguerol (Fran Noguerol min 9), Iván, Obenza e Pichi
ÁRBITRO: José. Asistido por Yolanda e desasistido por Fabián Clináz. A labor arbitral impidiu a C.D. Cea puntuar en A Peroxa.
GOLES: 1-0 minuto 42 Santi de penalti.
Última Hora: Maside 3 - CD Cea 3 en partido de Copa Diputación, ampliaremos informacion.
|
Fotos das charlas de Reciclaxe |
9 de decembro | Fotos da Charla sobre reciclaxe en Toubes xa dispoñibles no apartado correspondente dentro de En Fotos. Podedes veras tamén pulsando no enlace que segue [Ver fotos]
|
Fotos da presentación dos actos do Día Internacional da Discapacidade |
9 de decembro | Adxuntamos unha primera galería dos actos do Día Internacional da Discapacidade. Podedes ver estas fotos no apartado En Fotos ou no enlace que segue. [Ver fotos]
|
Dia Internacional da Discapacidade |
2 de decembro | Con motivo do Dia Internacional da Discapacidadea Mancomunidade de Concellos da Comarca de O Carballiño organiza unha serie de actos nos Concellos mancomunados que se desenrolarán desde o próximo xoves dia 3..
Unhas Xornadas de Convivencia e un Obradoiro centrarán os actos. Para máis información pulsa no enlace que segue [Más info]
|
Magosto 2009: fotos |
1 de decembro | Fotos do Magosto do pasado sábado dispoñibles no apartado En Fotos.
Ainda que a noite se presentouse bastante desapacible, os presentes pasamos unha excelente velada na compaña de amigos e veciños. Sobre 160 persoas de todo o Concello asistiron ó Magosto Popular 2009. [Ver Fotos]
|
Victoria de CD Cea en O Lodairo |
1 de decembro | Tarde de goles en O Lodairo. CD Cea vence 4-3 ó Valenzá.
C.D. CEA: Montes, Telmo, Toni, César, Miguel, Marcos (Fran Noguerol), Omar, Jaime Noguerol, Iván, Obenza e Pichi
(Jaime González).
S.D. VALENZÁ: Marcos, Freire, Fernando, Fabio, Pablo Corzo (Modesto), Seara, Juan Estévez, Masid (Blas), Julio, Guillermo e David Corzo (Nespereira).
GOLES: 1-0 minuto 8 Pichi. 2-0 minuto 18 Pichi. 2-1 minuto 42 Blas. 3-1 minuto 53 Miguel. 3-2 minuto 55 Juan Estévez de penalti. 4-2 minuto 73 Pichi. 4-3 minuto 80 Telmo en propia porta..
|
| |