Nova Foto Histórica |
29 de maio | Como vimos facendo desde fai tiempo, engadimos na web unha foto desas que forma parte da nosa historia. Deixamos aberta a posibilidade de comentala no libro de visitas.
En breve, e en relación con esta imaxe poremos un interesante artigo no ADH, apartado desta web que podedes ver ao fondo da mesma.
|
Excursión a Zamora e Salamanca... |
29 de maio | Dispoñible no apartado En Fotosa Excursión a Zamora e Salamanca. No mesmo apartado poderedes observar que nalgunhas galerías hai imaxes que non se pueden ver, estamos tratando de optimizar a Galería para dar cabida a más imaxes e evitar ter demasiadas fotos repetidas no apartado, en poucos días estará todo correxido. |
Outro Cea...posibles similitudes, algunha relación pasada?? |
26 de maio | Onte no libro de visitas desta web, un amigo ceano deixaba unha mensaxe no que nos comentaba que lle chamaba a atención algunha similitude entre o escudo de Cea (León) e o noso escudo, e comentaba a posibilidade dalgunha relación pasada entre ambas as vilas.
Deixamos varias fotos desta vila, tocalla da nosa, no que podedes comprobar as similitudes entre os escudos, pero...¿haberá máis similitudes?, trataremos de pescudalo, así como a posibilidade de poder no futuro ter algunha relación máis por esta singular coincidencia. [Más información del Ayuntamiento de Cea (León)]
|
|
|
|
Fotos cedidas a esta web por Arturo Vázquez, click en cada unha para ampliar |
|
Acto Promocional do Consello Regulador da IXP Pan de Cea. |
26 de maio | Ás 11:00 horas da mañá do pasado domingo os membros da Federación de Consumidores Europeos de Galicia, Euroconsumo, foron recibidos na Praza Maior polas autoridades locais e o presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, fixeron unha visita guiada aos fornos restaurados do núcleo da vila e ao albergue. Sobre as 13:00, no edificio multiusos asistiron a unha interesante ponencia sobre a tradición e a elaboración do Pan de Cea.
Os máis de 200 compoñentes da Federación degustaron, a partir das 14:30 horas produtos, galegos con indicativo de calidade e ás 16:30 realizaron unha excelente visita guiada ao Mosteiro de Oseira.
Todo elo enmarcado como un acto de promoción do Pan de Cea. [Ver fotos] |
XVIII Festa de Exaltación dp Pan de Cea |
26 de mayo | O próximo 5 de xullo celebrarase en San Cristovo de Cea a XVIII Festa de Exaltación do Pan de Cea. El Pan de Cea é un produto galego con indicativo de calidade, o primeiro en obter a Indicación Xeográfica Protexida en España e Europa.
Desde 1992, o primeiro domingo de xullo celébrase no Campo da Saleta unha festa para exaltar as características, as cualidades e, como non, facer unha pequena homenaxe aos panadeiros e panadeiras de Cea, auténticos artesáns.
Polo momento poden velo cartel oficial da festa, tanto ao entrar na páxina como no lateral esquerdo da mesma, nos próximos dias e como é tradición poremos un especial nesta web adicado á Fiesta del Pan. |
Nova Praza en Pereda |
21 de maio | Coa intención de recuperar espazos públicos de lecer e recreo nos diferentes pobos do noso Municipio, o Concello de Sa n Cristovo de Cea iniciou as obras do entorno do Centro Social de Pereda para convertilo dise xeito nunha praza pública, seguindo ás realizadas na Vila ou en Casar de María. En breve comezarán outras obras en diferentes puntos do Concello con idéntica finalidade. Engadimos fotos do estado actual das obras, quedando emprazados a poñer fotos da mesma cando esté rematada [Ver fotos Praza Pereda] |
Novos fornos restaurados |
21 de maio | O Concello de San Cristovo de Cea prosegue coa  restauración de fornos comunais dos diferentes pobos do Municipio. Aos 4 restaurados recentemente no núcleo urbán da capitalidade temos que sumar o de O Tellado, do cal adxuntamos unha pequena galería fotográfica, que engadimos ao apartado Restauración de Fornos de "En Fotos". En breve poremos fotos de outros fornos que xa se restauraron. [Ir ao apartado] |
Novo Abade en Oseira |
19 de maio | Onte día, 18 de maio de 2009, os irmáns da Abadía de Santa María a Real de Oseira elexiron como Abade, p or un período de 6 anos a Dom Juan Javier Martín Hernández.
O Pai Juan Javier, nado no ano 1969, estudiou Empresariais na Facultade de Ciencias Xurídicas de Toledo. Entrou no mosteiro de San Isidro de Dueñas no ano 1993. A súa profesión solemne foi o 8 de decembro do ano 1999. Chegou a Oseira como Superior Ad Nútum o 24 de maio do ano 2006. Alí fue ordenado sacerdote polo Bispo de Ourense o 28 de abril do ano 2007.
|
Oferta de Emprego Público |
19 de mayo | No Diario Oficial de Galicia nº 88, do xoves  7 de maio de 2009, publícase a Oferta de Emprego Público do Concello de San Cristovo de Cea correspondente ao presente ano. Sinalar que este anuncio é o primeiro do proceso de selección, e que a este lle seguirán os seguientes anuncios das bases y programas de cada proceso de selección, que ademais de insertarse no Tablón de Anuncios do Concello e nos diarios oficiais, serán colgados nesta web [Anuncio Completo] |
Panorámica de Cea |
16 de maio | Engadimos unha fotografía de Cea realizada desde o Colexío Público. Deixámola no apartado Descargas | Fotografías.

|
Fotos do Colexio Público |
16 de maio | Engadimos ao  apartado En Fotos unha galería fotográfica do Colexio Público. Lembramos que no apartado Servizos dispón de información do mesmo e de tódolos servizos dos que dispón o noso Concello. [Ver Fotos] |
| |