Ano 2009
Xaneiro 09
Febreiro 09
Marzo 2009
Abril 2009
Maio 2009
Mes de Xuño
Xullo 2009
Agosto
Setembro 09
Outubro
Novembro
Decembro 09
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 

 

31/03/2009 | Engadimos unha galería fotográfica do SIPPA 09 - 6º Salón de Pandería, Pastelería e Industrias Afíns, onde poderán ver fotos da mesa redonda na que participou, entro outros, Carlos Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea e do stand do propio Consello Regulador no Salón. Dispoñible no apartado En Fotos e no enlace que segue [Ver Fotos]

CD Cea

31/03/2009 | Ribadavia Atl. 0 - CD CEA 1, partido disputado o pasado sábado 28 de marzo.

C.D.CEA: Montes, Iván Carril, Rubén (Danilo min 7), Victor, Roberto, Marcos Alén, Omar, Añel (Miguel min 78), Obenza, Telmo (Alberto min 82) e Pichi (Claudio min 87).

Gol: Pichi


30/03/2009 | Novo apartado na web. O Perfil do Contratante xa dispoñible na sección Especiais.

20/03/2009 | CD Cea prosigue unha semana máis nos postos máis altos da clasificación da Segunda División Autonómica. Onte, venceu 2-1 ó CD Ribeiro en O Lodairo, partido do que adxuntamos una serie de 76 fotografías [Ver Fotos]

20/03/2009 | Adxuntamos unha serie de 6 fotografias da tradicional "Comida das Socias" da Asociación de Mulleres Rurais "Maximino y Melania" que elas mesmas nos fixeron chegar, celebrada o pasado 8 de marzo no Edificio Multiusos. [ Ver fotos]

20/03/2009 | O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea infórmanos e invítanos a SIPPA 09 - 6º Salón de Pandería, Pastelería e Industrias Afines, que se celebrará do 27 ó 30 de marzo no recinto feiral de Vigo IFEVI. Un dos actos será a celebración dunha mesa redonda sobre as Indicacións Xeograficas Protexidas, sendo un dos participantes o Pan de Cea, o que representará o presidente do Consello Regulador, en donde compartira asiento con outros "pans" que aspiran a lograr o indicativo como son o Pan de Alfacar, o Pan de Cruz, o Pan de Valladolid e A Broa de Avintes, todos eles con trámites para obtelo. Os interesandos poden obter invitacións no Concello de San Cristovo de Cea.

15/03/2009 | En outubro de 2004, fai máis de catro anos, esta web recibiu de Chile, de Antonio Fernández, unha fotografía do ano 1900, cando a singular torre que hoxe está situada no centro da nosa Praza Maior, estaba ubicada na parte alta da Casa do Concello, hoxe e tras un largo traballo de búsqueda estamos en disposición de anunciarvos a próxima publicación dunha serie de fotografías de entre 1908 e 1909 de situacións similares e outras ubicacións da vila por aquel entón, atentos ó ADH (Arquivo Documental Histórico), en breve documentos dun gran valor histórico.

15/03/2009 | A dirección do CPI Virxe da Saleta de Cea adxuntanos unha nota informativa sobre o prazo de matrícula do curso 2009/2010. Pódena ver no enlace que segue e obter máis información no seu espazo web [Web CPI Virxe da Saleta] [Ver información matrícula 2009/2010]


10/03/2009 | XORNADA FORMATIVA "USO DA PÁXINA WEB 060". A través da web www.060.es, calquiera usuario, desde un ordenador con conexión a internet, pode realizar trámites como a xestión de becas, consulta e pago de multas entre outros. Os asistentes aprenderán a usar esta web así como o DNI electrónico.

Gratuito, sen inscrición previa, o venres 13 de marzo ás 16:45 horas no Edificio Multiusos Municipal e destinado a tódalas persoas interesadas.


10/03/2009 | Os alumnos do Curso de Pintura de Concello de Cea expoñen no Centro Comarcal de O Carballiño [leer máis]

Pintura1
Pintura 2

10/03/2009 | Cambiamos a emisión de Cea TV, esta semana veremos "Á Danza e ó Son das Meigas 2006". Esperamos que sexa do voso agrado.

03/03/2009 | O Concello de Cea acaba de lograr a posibilidade de que os veciños do noso municipio usen o Trasporte Escolar como servizo de transporte público baixoo os parámetros que a continuación se detallan. [Tes + Bus]

02/03/2009 | Este Concello en resposta a determinadas información sobra a carta anterior comunica o seguinte [Comunicado Oficial]

02/03/2009 | Como consecuencia do Convenio de Intencións firmado coa empresa Las Cinco Jotas, o Concello de San Cristovo de Cea enviou a tódolos veciños a carta que a continuación se expón, invitando ós mesmos a participar nos cursos de formación que a empresa conxuntamente co Concello darán ós interesados [Carta Formación]

02/03/2009 | Engadimos á sección En Fotos a galería fotográfica do Enterro da sardiña. Esperamos que sexan do voso agrado as 104 imáxes subidas. [Enterro da Sardiña 2009]

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares