 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui |
| |
| |
| |
| |
|
Foi Nova |
26 de novembro | "El Pan de Cea puede desaparacer", asi se despachaba un diario galego o 12 de xullo de 1982 en plena portada.
Por sorte, pero máis por facer as cousas ben feitas, un produto tradicional e de calidad recoñecida e contrastada segue no mercado e, é máis, está considerado como un dos mellores pans do mundo, dadas as súas características.
Pulsa na imaxe que segue para ver a nova daquel entón.
|
Primeiras fotos das charlas sobre reciclaxe |
26 de novembro | Xa no apartado En Fotos as primeiras imaxes das charlas sobre a reciclaxe que se están a dar polo noso Concello [Ver Fotos]
|
Suxerencia |
26 de novembro | Chéganos un correo electrónico de Juan Ángel Gil Dopazo, últimente enviounos fotos históricas que xa publicamos, no que nos suxire a creación dun apartado en "En Fotos", para recopilar fotos de antigos alumnos do Colexio Público de Cea.
Tomamos nota e recollemos o guante, como nos pedía Juan Ángel, e poñemos a disposición de tódolos interesados a dirección info@concellodecea.com, para que nos enviedes vuestra foto, nome, apelidos e ano de promoción no colexio.
Irémolo publicando a medida que se vaian recibindo
|
Obradoiro de emprego en Cea |
23 de novembro | Próximamente no Concello de San Cristovo poñerase en marcha un “Obradoiro de Emprego” denominado “TERRAS DE CEA”, este obradoiro ten como finalidade a inserción laboral dos desempregados maiores de 25 anos, mediante cualificación e alternancia coa practica profesional nos módulos de albanelaría, canteiria e xardinería para un total de 25 alumnos, terán prioridade os desempregados de longa duración, os maiores de 45 anos, mulleres e persoas con discapacidade.
Os bienes patrimoniais do noso Concello serán os principais puntos de actuación deste obradoiro.
Nesta web seguiremos informando deste Obradoiro no futuro.
|
Antes - Agora |
23 de noviembre | Como prometeramos, comezamos unha comparativa das fotos históricas que estamos recibindo co momento actual de cada lugar.
Ainda que no futuro poñeremos un apartado no que se recollan estas comparativas integramente, polo momento e para ir abrindo boca deixamos un exemplo de como era e como é...a Rúa Calvo Sotelo.
O que ves na imaxe que segue é o antes, pon o rato sobre a imaxe e verás o agora.
|
Importante victoria de CD Cea |
23 de novembro | CD Cea arranca unha importantísima victoria na súa visita ó SDC A Manchica.
C.D. CEA: Montes, Danilo, Toni, Víctor Pérez (Miguel min. 65), Roberto, Marcos, Omar (Rodrigo min. 56), Jaime Noguerol, Iván (Cesar min.77), Obenza e Pichi (Telmo min.84).
GOLES: PICHI (2)
|
Dia Internacional da Infancia |
19 de novembro | O próximo sábado, día 21 de novembro, celebraremos o Día Internacional da Infancia cun Obradoiro, no que poderán participar os nenos e nenas do Concello, e que versará sobre "Os dereitos e os deberes dos nenos".
Terá lugar no Edificio Multiusos de Cea, entre as 11:00 e as 13:00 horas.
|
Máis fotos históricas |
19 de novembro | Dúas novas imaxes no apartado "A Historia de Cea en Fotos".
O Refectorio Monumental, en plena fase de restauración. Con inxenio, o Padre Juan María Vázquez, logrou recuperar o teito diste lugar privilexiado no cenobio ursariense. A obra de restauración do Refectorio está considerada como unha das obras maestras do Padre Juan María.
Rúa Calvo Sotelo, unha das máis transitadas da vila. Curioso o detalle do coche da época, e non menos curiosa a evolución que podemos apreciar neste paraxe. Foto enviada por Arturo Vázquez.
Xa dispoñibles as imaxes no apartado En Fotos ou no enlace que segue. [Ver fotos]
|
Charlas informativas sobre a reciclaxe... |
16 de novembro | Con motivo da “Campaña de sensibilización e fomento da reciclaje dos Residuos Sólidos urbáns” levada a cabo pola Deputación Provincial de Ourense, convídase ós veciños do Concello a asistir ás charlas informativas que terán lugar nos centros sociais das parroquias según o calendario que mostramos no enlace que segue ou no permanente que poñemos no menú da esquerda.
O Concello de San Cristovo de Cea considera fundamental dar coñecer e fomentar o hábito de reciclar, polo que espera unha asistencia masiva en todas e cada unha das charlas que se van a realizar. [+ información]
|
Excursión a San Sebastian-Bilbao: Fotos |
16 de novembro | Dispoñibles 10 fotografias da excursión a San Sebastián e Bilbao organizada polo Concello de San Cristovo de Cea. Xa as poden ver no apartado En Fotos ou no enlace que segue. [Ver fotos]
|
CD Cea empata en O Lodairo |
16 de noviembre | CD Cea empata o seu encontro disputado en O Lodairo fronte o Rúa 1-1.
C.D. CEA: Montes, Rubén, Danilo (Telmo min.46), Víctor Pérez, Roberto, Marcos (Rodrigo min. 68), Omar, Jaime Noguerol (Cesar min.75), Iván (Miguel min. 85), Obenza e Pichi.
GOL: PICHI
|
La Voz de Galicia fala de nós... |
15 de novembro | o prestixioso diario galego "La Voz de Gailcia" publicou o pasado 11 do presente mes de novembro un artigo no que que falaba desta páxina. No mesmo, destaca á web como unha das máis activas do occidente ourensán e amplía información do noso apartado "A Historia de Cea en Fotos".
Sentímonos orguiosos diste recoñecimento e aproveitamos a ocasión para seguir pedindo novas fotografías da nosa propia historia. Dito isto anunciamos que a ó longo desta semana poñeremos algunha foto sorprendente, das máis antigas das que dispoñemos, e que non afecta á propia Vila senón a un dos lugares más emblemáticos do noso Concello. [Ver Nova]
|
Magosto 2009 |
15 de novembro | Magosto Popular 2009 do Concello de San Cristovo de Cea. Toda a información na imaxe que segue e que se encontra na entrada a esta web. (clik na imaxe amplía)
´
|
Máis fotos Históricas |
15 de novembro | De novo Juan Ángel Gil Dopazo envíanos unha nova foto histórica. Nesta ocasión trátase dunha instantánea da Capella da Saleta, realizada a mediados de 1994, fai , por tanto 15 anos.
Ano 1909, en Cea un alto porcentaxe de veciños adicába á elaboración do pan, engadimos unha imaxe que de elo da fe, sendo ésta unha das fotos de máis importancia histórica das que dispoñemos, pola su antigüedade e polo seu contido.
Lembramos que estas fotos foron cedidas a esta web, pero continuan sendo propiedade dos respectivos donos, polo que non se permite a sua utilización salvo autorización por escrito de cada autor ou desta web, nalgúns casos.
Dispoñibles ambas imaxes no apartado "A Historia de Cea en Fotos" dentro da nuestra galeria fotográfica "En Fotos". [Ver fotos]
|
Diario dun triatleta ceense.
05 de novembro | Como fai tiempo prometeramos, inauguramos un novo apartado na web, "Diario dun triatleta ceense". Nel iremos contando as participacións diste veciño nas diferentes probas que se celebran po todo o territorio español, publicitando o Pan de Cea, o Concello de Cea e esta páxina web. Dispoñible no enlace da esquerda. |
| |
Novas Fotos históricas |
05 de novembro | Engadimos ao apartado "A Historia de Cea en fotos" tres novas imaxes no su bapartado "De lugares".
Trátase de tres lugares que, co paso do tempo, deron un cambio significativo. En días posteriores faremos unha comparativa do antes e o agora.
Pouco a pouco iremos subindo máis fotos, a medida que vaiamos recibindo imaxes da nosa historia, iremolas compartindo.
Lembramos que podedes enviarnos as que queirades compartir á info@concellodecea.com. [Ver Fotos]
|
Novo empate de CD Cea en O Lodairo |
05 de novembro | CD Cea empata o seu encontro disputado en O Lodairo frente ao Maside a cero goles.
C.D. CEA: Heri, Fran Noguerol (César min. 68), Rubén, Toni, Roberto, Marcos, Omar, Iván (Jaime Noguerol min. 46), Obenza (Rodrigo, minuto 70), Telmo (Miguel min 76) e Pichi. |
| |
|