Ano 2009
Xaneiro 09
Febreiro 09
Marzo 2009
Abril 2009
Maio 2009
Mes de Xuño
Xullo 2009
Agosto
Setembro 09
Outubro
Novembro
Decembro 09
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 

Bando informativo

28 de outubro | Bando informativo sobre a Excursión a San Sebastían - Bilbao, no que se informa da ampliación de prazas y grupos de idade. [Ampliar información]

 

Gallese, a actual morada de San Famiano...

26 de outubro | San Famiano foi un monxe cisterciense, á vez o primeiro monxe cisterciense canonizado, é decir, o primeiro Santo da Orde Cisterciense.

Lembramos que o mosteiro de Oseira é cisterciense, a Comunidad de Oseira pertence á Orde Cisterciense da Estricta Observancia.

E San Famiano morou en Oseira, era alemán e chegou como peregrino a Oseira, Despois de vivir en Oseira como monxe pidiu ó su Abade peregrinar de novo morrendo anos máis tarde en Gallese, provincia de Viterbo, a uns 90 kms. de Roma.

A esta localidad italiana desplazáronse os monxes de Oseira e amigos para recibir de mans do alcalde de Gallese as Chaves da Cidade. Foi un día moi especial para a Comunidade de Oseira. Foron recibidos polos nenos do colexio e profesores, degustaron un xantar invitados pola "Comune di Gallese", recibíronos, de gala, no salón de actos do concello e recibiron as chaves da cidade, o Abade de Oseira bendiciu e inauguró unha rúa, a Rúa do peregrino, na localidad italiana, e por último na capilla de San Famiano realizaron un pequeno acto, a presentación da colección pictórica do Irmán Luis sobre San Famiano [Ver exposición], unha visita ao sepulcro del San Famiano, donde está o seu corpo incorrupto e para rematar o acto a Comunidade de Oseira cantou a súa Salve en gregoriano.

O Concello de Cea quixo estar presente no entrañable acto e enviou un pequeño agasallo e unha carta de agradecimiento o Concello de Gallese polo recibimento ofrecido aos monxes e aos amigos do Mosteiro de Oseira.

Adxuntamos unha galería fotográfica do día facilitada pola web do Mosteiro de Oseira. [Ver fotos]

Asimesmo, poñemos un enlace no que se amplía información de San Famiano de Oseira, verdadeiro icono do peregrino, e monxe que viviu no Mosteiro de Oseira. [San Famiano de Oseira]

 

Fotos Históricas...

26 de outubro | Juan Ángel Gil Dopazo escribía días atrás no noso libro de visitas: "No soy natural de Cea pero he pasado 8 años de mi infancia en el que aun hoy en día considero mi pueblo. Guardo entrañables recuerdos de esa época, sin duda la más feliz de mi vida. Llegué con 2 años y tube que marcharme casi cumplidos los 10. Hoy en día, 30 años despues sigo llevando a Cea en mi corazón... "

Días despois enviábanos dúas fotografías que podemos englobar en fotos históricas..., éstas, engadímolas ao apartado En Fotos na galería "A Historia de Cea en Fotos | Fotos Históricas de lugares" (Click no enlace anterior para velas fotos)

 

Guia de actividades, deportes, charlas, excursións...

16 de outubro | Presentamos, como adianto á Axenda Cultural, polo incio inmediato dalgunhas actividades, a programación para os meses vindeiros. Estas actividades quedarán incluidas na Axenda Cultural.

Charlas

Deportes

Guía de actividades

Excursión a San Sebastian/Bilbao

Educación Familiar

 

Coñecen Gallese?

16 de outubre | Moi pronto un artigo sobre Gallese. Conocen Gallese...?. Verán como está relacionado con Cea, o Concello, o pasado, o presente e posiblemente o futuro... Estade atentos.

 

Pavimentacións en varias rúas de Cea.

05 de outubro | Adxuntamos unha serie de fotografías das pavimentacións realizadas no casco urbán de Cea e que afectaron ás rúas Bacelo, Santo Cristo, Fondo do Lugar e Matadoiro. [Ver imaxes]

 

Xa operativo o libro de visitas e o apartado En Fotos

05 de outubro | Despois de casi un mes, e tras un fallo no servidor donde está aloxado o libro de visitas, e de non ser capaces os nosos proveedores de servizos de darnos unha solución, decidimos tomar cartas no asunto e ainda foi un traballo laborioso xa está de novo operativo o libro de visitas.

O apartado En Fotos tamén está de novo operativo, a iste iremos engadindo pouco a pouco as fotos que temos de modo provisional noutros enlaces. Iremosvos informando.

Xa dispoñibles no apartado En Fotos as fotos das Festas da Saleta 2009, [Ver fotos de Espéctaculos] ; [Ver Fotos Procesión]

Dispoñibles as fotos de CD Cea do domingo 4 de outubro en O Lodairo no seu encontro fronte ó Amoeiro [Ver Fotos]

 

CD Cea empata en O Lodairo

05 de outubro | CD Cea empata o seu encontro disputado CD Cea en O Lodairo frente ó Amoeiro a cero goles.

CD Cea: Heriberto, Fran Noguerol, Danilo, Roberto, Victor, Jaime Noguerol, Rodrigo, Añel, Toni, Omar e Marcos. Tamén xogaron Pichi, Miguel e Cesar.

Adxuntamos unha galería de 37 imaxes do encontro. Lembramos que está de forma provisional ata que solucionemos os problemas do apartado En Fotos [Ver Galeria]

 

Éxito na Clausura do IV Congreso Internacional sobre Cister en Portugal e Galicia.

05 de outubro | O pasado sábado clausurouse en Oseira o IV Congreso Internacional sobre Cister en Portugal e GaCongreso  do Cister1licia.

Congreso  do Cister2O Congreso, no que colaborou o Concello de Cea, resultou un éxito rotundo. Asistiron 161 congresistas presentado 60 comunicacións, tratando todas elas de espiritualidade, historia e/ou arte.

Neste IV Congreso fíxose especial fincapé na relación do Cister co Camiño de Santiago e coa figura do Beato Rafael Arnáiz Barón, que será canonizado o proximo 11 de outubro en Roma.

O acto de clausura, en Oseira, constou dunha ponencia do Bispo Auxiliar de Madrid, Monseñor Martínez Camino, unha misa monástica en gregoriano de acción de gracias, unha comida conventual para congresistas e invitados e unha visita ao propio cenobio.

As fotos que adxuntamos foron cedidas por www.mosteirodeoseira.org. Pulsando nas mismas amplianse.

 

Foto-denuncia

01 de outubro | Consideramos a publicidadr como unha das más importantes e eficaces formas de vender o noso produto, consideramos as nosas festas como patrimonio vivo de todos e cada un de nós, pero do mesmo xeito consideramos que para todo hai lugares oportunos e lugares inoportunos.

Abunda, nos tiempos nos que estamos, a publicidade de todo tipo de eventos en lugares que son inadecuados,...¿qué vos parecería colocar na fachada dunha casa particular un cartel de festas?, o mobiliario urbán está sufrindo o acoso deste tipo de actividades. ¿ Por qué a mesma persona que colocou o cartel que van a ver a continuación, no veu a retirarlo unha vez pasou o evento que anunciaba?, é máis...¿por qué elexiu ese contenedor recentemente posto nunha das entradas da nosa Praza Maior? Pensemos..., en adiante iremos mostrando outros exempos destas actividades usuales...HABRÍA QUE TOMAR MEDIDAS E CONCIENCIA.

Fotodenuncia

 

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares