Ano 2009
Xaneiro 09
Febreiro 09
Marzo 2009
Abril 2009
Maio 2009
Mes de Xuño
Xullo 2009
Agosto
Setembro 09
Outubro
Novembro
Decembro 09
 
Nota: Para volver ó histórico de novas, pulse o enlace da parte inferior da web, ou pulse aqui
 
 
 
 

IV Congreso Internacional sobre Cister en Portugal e Galicia

30 de setembro | Como no seu día anunciamos, mañá xoves 1 de outubro comeza en Braga (Portugal), o IV Congreso Internacional sobre o Cister en Portugal e Galicia. Tratase dun importantísimo evento, do cal, el Mosteiro de Oseira leva o peso organizativo e o Concello de Cea colabora con istes para o desenrolo do mesmo.

En Oseira clausurarase o congreso o próximo sábado, dia 3 de outubro, coa ponencia final a cargo de Monseñor Martínez Camino, bispo auxiliar de Madrid, eucarístía presidida por D. Julián Barrio, Bispo de Santiago de Compostela, ademais dunha visita guíada aos 161 congresistas inscritos.

 

www.concellodecea.com con Madrid 2016

30 de setembro | Queremos sumar, e por elo desde hoxe poderedes ver o logotipo da Candidatura de Madrid aos Xogos Olimpicos de 2016 no encabezado da nosa web. É un humilde apoio, simbólico, pero feito desde, cremos, o corazón de todos e cada un dos ceenses. Esperamos poder recibir noticias gratas o próximo venres 2 de outubro.

Madrid 2016

 

Fotos das Fiestas da Saleta 2009

24 de setembro | Engadimos dúas galerías fotográficas das nosas festas, unha da procesión e outra dos espéctaculos musicais. Debido aos problemas que estamos tendo co servidor donde temos aloxadas as fotografías colocaremolas de forma provisional doutro xeito para que puedan velas xa.

Na primera galería poderán ver 38 imaxes da procesión da Virxe do luns 21 de setembro.

Na segunda 119 fotografías das diferentes orquestras e bandas de música que nos acompañaron nas nosas festas

Ver Fotos procesión

Ver fotos Espectáculos

 

Concello de Cea en Facebook

24 de setembro| Xa temos a nosa conta en Facebook, búscanos e agréganos como amigos, entre todos podemos conseguir unha gran rede social. Lembramos que para poder agregarnos teñen que rexistrarse de forma gratuita en www.facebook.com. Esperamosvos.

 

Xa dispoñible o Especial das Festas da Saleta

14 de setembro | Xa dispoñible o especial das Festas da Saleta 2009. O programa, historia, fotos de edicións anteriores, videos e información das orquestras e grupos que nos acompañarán conforman o especial deste ano.

Desexamos que vos informe e que sexa do vostro agrado. Xa dispoñible o enlace no menú da esquerda.

 

www.concellodecea.com na rede social FaceBook

14 de setembro | Estamos ultimando os trámites para publicar a nosa conta na coñecida rede social FaceBook, en breve poderás entrar na nosa rede e compartir experiencias con amFaceBook Concello de Ceaigos e veciños, estade atentos, nesta mesma semana comezaremos.

Esperamos que te unas, entre todos podemos sacarlle rendimento o que as actuais tecnoloxías nos ofrecen, a ver se conseguimos unirnos moitos "ceenses" e lograr una gran rede. Contamos con todos vós!!!

 

Especial Festas da Saleta 2009

10 de setembro | Hoxe sairá nesta web o Especial das Festas da Saleta 2009, un apartado no que, como facemos tódolos anos, trataremos de ampliar información sobre as nosas festas.

En exclusiva adiantamos algúns contidos do mesmo.

Unha das orquestras que nos acompañará, a orquesta Poceiro, está resultando ser unha das revelacións de tempada, 16 musicos sobre o escenario, unha nova posta en escena, a sección de vento máis grande de Galicia con 8 compoñentes e a voz de Miguel Torres, fan que Poceiro esté de novo entre as máis solicitadas do panorama orquestral galego. [Ver noticia relacionada]

Cea, tradicionalemente, foi unha vila de bos músicos, no seu día e como deixamos patente na web co artigo Cea y sus Músicos do noso colaborador ANGODA ( pódeno ver en colaboracións), a Banda de Música de Cea era unha das más recoñecidas da provincia. É por tanto a vila certamente esixente con este tipo de formacións, anunciamos, en exclusiva, pasarúas e concertos da Banda de Música de Miumenta (unha das más antigas de Galicia, cunha traxectoria de máis de 140 anos ininterrumpidos) o domingo dia 20 de setembro en Cea.

E moitas máis novidades no0 Especial Festas da Saleta 2009.

 

Clube Ourense Baloncesto en Cea.

10 de setembro | Onte, mércores, COB en Cea9 de setembro o Clube Ourense Baloncesto disputou, en calidade de local en Cea, o seu partido correspondente á Copa Galicia frente ó CB Coruña, cun resultado de COB 60 - CB Coruña 81.

Debido ao problema que máis abaixo comentamos, deixamos so unha imaxe do evento , esperando ó longo do día de mañá poder subir ao apartado En Fotos un amplo reportaxe gráfico.

Click na imaxe amplía.

 

 

CD Cea comieza a tempada con éxito

10 de setembro | Como fixemos a tempada pasada, semanalmente iremos publicando unha pequena crónica dos encuentrCD Cea anos 60os de CD Cea. Estas crónicas trataremos de poñelas puntualmente os luns, sempre e cuado o noso corresponsal esté en disposición de facérnosla chegar. En calquera caso, agradecemos a súa desinteresada labor.

Trataremos, esta tempada de aliñar estas crónicas con fotos da historia do noso clube, do pasado e do presente.

C.D. CEA: Montes; Rubén, Marcos, Víctor (Jaime González, minuto 75), Roberto, Jaime Noguerol, Omar, Añel (Iván, minuto 61), Obenza, Telmo y Pichi (Danilo, minuto 85).

S.D. PADERNE: Manín (Aarón, minuto 89), Josiño, Chimpi (Mauro, minuto 72), Jorge, Felipe, Fernando, Gio, Marcos, Héctor, Xavi (Jacobo, minuto 61) y Pif (Ángel, minuto 72).

ÁRBITRO: Carreira, asistido nas bandas por Zulema e Manolo González. Expulsou por doble tarxeta a Marcos do Paderne no minuto 83. Ensinou cartulinas amarelas aos xogadores Víctor e Roberto de C.D. Cea; e a Jorge, Fernando e Pif do cadro visitante.

GOLES: 0-1, minuto 11: Héctor; 1-1, minuto 45: Pichi; 2-1, minuto 75: Iván.

Lembramos que para ampliar a foto pulsades sobre a mesma.

 

Problemas na web.

10 de setembro | Por problemas axenos a esta web, o libro de visitas, a área privada e o apartado En Fotos están inoperativos. Unha caída do servidor donde están aloxados está provocando que desde o pasado martes 2 de setembro estes apartados non estén dispoñibles.

Esperamos, en breve, poder contar cos mesmos. Pedimos disculpas polos inconvenientes que poda causar este suceso.

 

Diario dun triatleta ceense.

07 de setembro | O Consello Regulador do Pan de Cea e esta web patrocinan, case de forma simbólica, a un ceense Walter triatleta.

No seu equipamento pódese ver o escudo do noso concello, a marca Pan de Cea e a dirección web desta páxina e a do Pan de Cea.

O patrocinio inclúe simplemente esta equipaciónO noso veciño, Walter, asume os demais gastos de tódalas probas que realiza. A él debémoslle que o noso pobo, e o noso Pan sexa un pouco máis coñecido, se cabe.

A modo de diario iremos mostrando as diferentes probas que vaia realizando. Xa temos no noso poder a primeira, "TRIATLON SPRINT “RETO DEL EBRO” – TUDELA" en Navarra do pasado 4 de xuño. En breve a vosa disposición.

 

V Festa da Xuventude.

07 de setembro | Por quinta vez, e por segundo ano consecutivo coincidindo coa Festa da Saleta, o Concello de San Cristovo de Cea, organiza a Festa da Xuventude.

Na Praza Maior de Cea, a partires das 22:00 horas, cea para tódolos xóvenes do noso concello, cun prezo de 10 € por persoa.

A partires das 23:30 horas, Toro Mecánico, DJ, concurso de karaoke,... todo elo gratuito, animarán a noite. (Entrada Libre).

Para ver o cartel da V Festa da Xuventude click aqui

 

Punto de Atención á Infancia

07 de setembro | Aberto o prazo de matrícula para o curso 2009/2010 do Punto de Atención á Infancia. Recibirán, os pais de nenos e nenas de 0 a 3 anos unha carta informándolles desta nova e con información ampliada sobre a matrícula para este curso. [Ver Carta matrícula PAI 2009/2010]

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares