29/01/2009 | O Concello de San Cristovo de Cea, ademáis da Circular antes posta, quere facer un chamamento a toda a poboación que non solo durante o fin de semana extreme as precaucións, pois para a próxima semana, según as previsións da Agencia Estatal de Metereología, esperanse fortes nevadas no noso Concello. Para máis información click aqui
click na imaxen amplía |
|
29/01/2009 | Adxuntamos Circular Informativa na que se avisa doutro período temporal desde hoxe pola tarde ata o fin de semana a fin de extremar precaucións e non usar as instalacións deportivas deica entón. [Ver circular] |
|
| 26/01/2009 | Comunicado importante do Concello de Cea sobre os recibos de Urbana. Pincha no enlace que segue para ler o comunicado. [Comunicado] |
|
26/01/2009 | Adxuntamos imaxes dos traballos da Brigada de Obras para restablecer as comunicacións no noso Concello. [Temporal 24/01/2009 e 2] |
|
26/01/2009 | Creamos no apartado En Fotos unha nova categoría que recolle tódalas fotos das nevadas do invierno 08/09. Desta forma organizamos as mesmas nun único apartado. Son un total de 259 fotos organizadas por datas en 6 álbumes.[Ver Categoría "Nevadas Inverno 08/09] |
|
24/01/2009 | A pasada noite un "cruel" temporal asolou o noso Concello. Sen luz e sen teléfono practicamente toda a noite, moitos pobos do noso concello quedaron incomunicados. Situación que a brigada de obras foi solucionando ao longo da mañá cortando e retirando centos de árbores das vias de comunicación. Aínda que os danos materiais foron cuantiosos non houbo que lamentar danos persoais. Pedimos precaución a todos os nosos veciños, pois aínda que as previsións son mellores que as da pasada noite a esta hora o vento fixo de novo acto de presenza. Achegamos unha pequena galería dalgúns danos causados polo temporal [Temporal 24/01/2009] |
|
20/01/2009 | Como previramos, ó mediodía outro impresionante torbón de neve deixounos estampas como as que podedes ver na segunda galería fotográfica que subimos no día [Ver fotos neve 20/01/2009 e 2] |
|
20/01/2009 | Terceira nevada no que vai de ano en Cea e Concello.. Engadimos unha galería fotográfica de 29 imaxes no apartado En Fotos, pero ás 12:00 horas voltou nevar con intensidade, igual e si esto segue asi non son as últimas do día. A ver si a néboa o permite. [Ver fotos Neve 20/01/2009] |
|
19/01/2009 | O Concello de San Cristovo de Cea acaba de firmar un convenio coa Xerencia Territorial de Catastro, o que permitirá poñer en marcha nas oficinas municipais un Punto de Información Catastral (P.I.C). Por iso engadimos na sección de Especiais un enlace para que poda obtener toda a información diste novo e beneficioso servizo que dispón o noso Concello. Co mesmo os veciños poderán realizar tódolos trámites catastrales no Concello aforrando taxas e traslados a Ourense. Máis información no enlace da sección Especiaies. |
|
 |
19/01/2009 | CD Cea 3 - Moreiras 2 , partido disputado o pasado sábado 17 de xaneiro. CD Cea continua lider da segunda división provincial.
C.D. CEA: Montes, Carril, Caride (Danilo min.58), Víctor Pérez, Roberto, Oscar (Rubén min 65), Omar, Añel (Gonzalo Pérez min 82), Obenza, Telmo (Noguerol min 74) y Pichi.
Goles: Omar, Añel y Pichi |
|
|
16/01/2009 | No pobo de Fatón, parroquia de Souto, hai un hórreo moi peculiar, cun "Peto de Ánimas" no piar central, como di o profesor Límia, caso extraordinario na provincia. Adxuntamos unha imaxe, anunciando coa mesma que estamos traballando nunha nova versión da páxina web, con moitísimas novidades, e con imaxes novas co formato que poden ver a continuación. nos próximos meses verán novidades...
|
|
16/01/2009 | Engadimos as fotos da visita á Policia Local de Ourense que realizaron os más x óvenes do municipio pasado Nadal. [Ver Fotos] |
|
09/01/2009 | Esta mañá sorprendeunos unha intensísima nevada en Cea. Xa podedes velas fotos da mesma no apartado "En Fotos" ou no enlace que segue, son 110 imaxes [Ver fotos Neve 09/01/2009] |
|
07/01/2009 | Engadimos dous videos da actuación do Coro Municipal na Cabalgata e Recepcion dos Reis, o pasado día 5 de xaneiro [Video 1] [Video 2] |
|
05/01/2009 | Xa dispoñibles 70 fotos da Cabalgata de Reis no apartado En Fotos, ou no enlace que segue [Cabalgata de Reis] |
| |
|
 |
05/01/2009 | CD Toén 0 - CD Cea 2, partido disputado o pasado sábado 3 de xaneiro. CD Cea continua lider da segunda división provincial.
Alineación: Montes, Carril, Caride, Victor Pérez, Miguel (Oscar min. 40), Marcos Alén, Omar, Añel, Obenza (Noguerol min.63), Telmo (Gonzalo Pérez min. 87) y Pichi (Claudio min. 76)
Gol: Pichi (2)
|
|
|
03/01/2009 | A artista Ourensana, Asun Adá dará comezo ao ciclo de exposicións do ano 2009 no Centro Comarcal de Carballiño.
A exposición "de ayer y hoy" quedará aberta ao público desde o venres día 2 de xaneiro de 2009.
A inauguración será ás 20 horas do venres día 2.
"de ayer y hoy" é unha exposición na que poderemos ver obras tanto pictóricas como fotográficas enmarcadas nunha contorna de cor e un conxunto de técnicas mixtas empregadas para o desenvolvemento das obras, sen deixar ao carón a fotografía, o debuxo, nin materiais como son o pastel, o acrílico, o óleo, o esmalte ou a area entre outros materiais. Presenta tamén unha serie de pezas de vestir, así como complementos aos cales impúxolle unha distinción personalizada así como exclusiva e única
|
|
02/01/2009 | Desde deciembro de 2008, o Concello de San Cristovo de Cea puxo en marcha "Xantar na casa", un servizo de atención ós nosos maiores e/ou dependentes [Máis info] |
|
 |
02/01/2009 | CD Arenteiro B 3 - CD Cea 1, partido de Copa Deputación disputado en Espiñedo, o pasado domingo 28 de dcembro.
Alineación: Lucas, Rubén, Caride, Añel (Montes min 84), Roberto, Noguerol (Marcos min 74), Omar, Ivan González (Pichi min 60), Obenza, Gonzalo Pérez (Danilo min 60), Claudio.
Gol: Omar |
|
|
01/01/2009 | Mediante un convenio entre o Concello de San Cristovo de Cea e a Axencia Galega de desenvolvemento Rural restauráronse 4 fornos do núcleo de Cea. De tres deles adxuntamos fotos. Podédelas ver no apartado "En Fotos" e no enlace que segue [Restauración de Fornos] |