Monasterio de Oseira
Monasterio de Oseira
Monasterio de Oseira

Monasterio de Oseira | A arquitectura

Cando nace a vida monástica en Oseira as limitacións eran máximas polo que non é fácil describir o aquel primeiro cenobio. Nada se conserva que nos permita polo menos aventurar un plano. A historia arquitectónica de Oseira comeza no estudo da súa igrexa, a obra cronolóxicamente mais antiga que pervive.

A CAPELA DE SAN ANDRÉS

Veuse dicindo con insistencia por algúns autores que esta capela , encostada ó hastial norte do cruceiro foi a capela primitiva utilizada polos primeiros monxes, antes de construír o templo actual, opinión que hoxe non ten Monasterio de Oseiraconsistencia algunha por dous motivos fundamentais, por ter un estilo paralelo o do templo, o que denota unha data de construción similar e polo seu tamaño excesivamente pequeno.

A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos, encóstase ó hastial norte do cruceiro. De notable altura para as súas reducidas dimensións, cóbrese cunha bóveda de canón apuntado sostida por un arco faxón de aristas vivas. Voltease o arco sobre dous capiteis-ménsulas decorados o lado sur con follas rematadas en bolas e o outro con follas planas tamén rematadas en bolas, sobre eles disponse un cimacio.

Sobre os arcos lisos ábrese unha fiestra con dobre derrame dunha soa arquivolta que se voltea sobre columnas acobadadas de fuste monolítico, e bases áticas sen ornamentación, capiteis con follas rematadas en bolas e rosca adornada con flores de oito pétalos moi xeometrizados con botón central. Cimacios con perfil en nácea con decoración en zig-zag. O van da fiestra remata en arco de medio punto. Persiste o arco triunfal da desaparecida capela absidial. É apuntado e está dobrado. Os capiteis presentan, o da dereita follas estilizadas con nervio central e o esquerdo con dous cuadrúpedos enfrontados case desaparecidos. Sobre o arco triunfal ábrese un pequeno van adintelado con derrame interno, descentrado respecto do arco triunfal. Nas paredes hai cruces de consagración inscritas en círculos, semellantes ás da igrexa.

O exterior é dunha gran simplicidade. No lado oeste ábrese unha gran posta de entrada que consta de dúas arquivoltas apuntadas e chambrana con decoración fitomorfa moi esquemática. Tímpano liso sostido por mochetas ornamentadas na fronte con estilizadas follas nervadas, capiteis e cimacios reiteran a decoración fitomorfa executada con relativa tosquedad. O beirado do costado setentrional apóiase en canecillos todos en forma de proa. Na cabeceira apréciase o arco apuntado de ingreso o ábside.

O destino da capela, segundo quedou demostrado polo Dr. Val Pérez é o de servir de lugar de enterramento de familias nobres que, por usos da Orde, inicialmente cumpridos con rigor, tiñan imposibilitado o sepultarse na igrexa abacial.

No século XVIII desapareceu dela o ábside semicircular no cal achábase a imaxe románica da nosa Señora do Leite, que pasou logo á capela da Xirola, e en 1970 colocouse presidindo no centro da columnata que descansa sobre o zócalo da Xirola. Tamén desapareceu o primitivo altar que hoxe se acha recollido na sancristía, dunha soa peza sobre un único pedestal.

A capela ruinosa cando en 1929 volveron os monxes restaurouse en 1932 baixo a dirección do arquitecto Alejandro Ferrant.

A IGREXA

A construción máis destacada de Oseira, de época medieval, é a súa igrexa, xoia de gran valor arquitectónico, sendo ademais un exemplar clave na arquitectura da Orde en España.

Considérase como data válida a de 1239 para a súa consagración e xa que logo como data de finalización das obras.

A PLANTA

Ten forma de cruz latina, con tres naves de sete tramos no brazo lonxitudinal e unha soa e o cruceiro, con dous tramos. A central de maiores proporcións en ancho e alto, mentres que as laterales son baixas e sensiblemente estreitas. Consta dunha capela maior semicircular precedida de dous tramos rectos, en Monasterio de Oseiratorno o cal desenvólvese unha xirola, con sete compartimentos na zona curva. Na xirola ábrense cinco capelas, que orixinalmente terían planta circular precedida dun tramo recto, soamente na actualidade conserva esta inicial composición a situada o sur da capela central.

As NAVES

O brazo lonxitudinal da cruz da planta ten tres naves, de notable lonxitude, de sete tramos cada unha, sendo a central sensiblemente máis ancha e elevada que as laterais.

Os muros entre a fiestra e os arcos forneiros de comunicación coas naves son lisos ofrecendo unha verticalidade destacada. os arcos citados son apuntados, dobrados lixeiramente peraltados e de aristas vivas. Apean en columnas, das cales as características son similares ás da nave central e os seus plindos igualmente teñen decoración con motivos diversos ou carecen de decoración.

Os capiteis os que son decorados fano con motivos vexetais, desaparece a decoración segundo descenden cara os pés.

Os alicerces, compostos son de planta cruciforme e álzanse sobre un basamento co mesmo tipo de planta rematado por un touro sainte e liso.

O EXTERIOR


Tanto a cabeceira como a fachada foron desfiguradas por adosamiento de diversas construcións ou por renovación das súas fábricas, moi particularmente no século XVIII.

Na cabecera só conserva a súa forma inicial un dos extremos que reformou e completou o arquitecto Alejandro Ferrant no ano 1932. As outras capelas conservan parte da edificación medieval, dúas o lado do evanxelio, a capela central non se mantén nada da construción precedente.

Monasterio de Oseira

Más información en...http://www.mosteirodeoseira.org

Nota: moitas das imáxes do apartado "Mosteiro de Oseira", son propiedade da propia Abadía, cedidas desinteresadamente a esta web.

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares