Na restauración do apreciado monumento dous nomes craves pódense citar pola súa interese ou dedicación: o Dr. Florencio Cerviño, Bispo de Ourense e o Pai Juan María.
O primeiro converteu en algo persoal a reconstrución do Mosteiro e axiña que tomou posesión da diócese de Ourense (1922) e visitou o Mosteiro de Oseira, completamente en ruínas e, sentiu traspasado o corazón de dor, formando propósito firme de traballar con todo empeño para lograr a súa restauración e entrega á mesma orde cistercense que fora a creadora do monumento.
Cara ao ano 1926 o Dr. Cerviño inicio as primeiras xestións co Cister co obxectivo de ofrecerlles o Mosteiro de Oseira xa que algunhas das comunidades cistercenses, como claro exemplo a comunidade de Val San
José (instalados en Xetafe - Madrid), non dispoñían de instalacións sas. Tras non chegar a bo porto, as negociacións encamiñáronse ó abade do Monasterio das Neves (A Bastide-Lozère Francia) quen aceptou a fundación e obtivo a aprobación da mesma no Capítulo Xeral da Orde en 1928.
O 14 de outubro de 1929 chegaron a Ourense varios monxes, os cales xa pola tarde desprazáronse a Oseira para facer preparativos para o día seguinte, que chegarían o resto dos monxes.
Unha vez instalados en Oseira o seu primeiro gran obxectivo foi a creación dunha central eléctrica que lles aportase luz para o Mosteiro. Querían aproveitar o abundante auga que desprendían aquelas montañas e corría impetuosa a fundirse co Arenteiro ata desembocar no Miño.
A inesperada visita de Dom Agustín Martín, abade do cister, o 4 de febreiro de 1930, aproveitárona os monxes para viaxar a Vigo con obxecto de adquirir unhas turbinas para producir electricidade. Tan en serio o tomáron que o 23 de febreiro xa se podían ver os postes para o tendido eléctrico , o que outorgaba á zona un aspecto de "país civilizado", como alguén dixo.
Cando na primavera de 1930 o Doutor Cerviño acompañado de D. Pedro Rei Daviña visitou Oseira, atopouse con gratas sorpresas ó ver o edificio xa con porta e fiestras na fachada principal.
AS PRIMEIRAS REMODELACIONS.
Todo o edificio atopábase á intemperie e desmantelado salvo a ala de poñente do Patio dos Cabaleiros na que se achaba a vivenda do párroco e unha pequena escola, pero ben pronto deixaron todo libre para instalarse os monxes.
A primeira obra que realizaron foi a fonte do Patio dos Cabaleiros, no mesmo sitio e que reemplazaba á que se levaron a
Ourense, e que hoxe adorna o ourensan Xardín de Posío. Esta foi obra de Hº Esteban (un dos que viñera de Francia).
Malia a súa avanzada idade o Hº Esteban acometeu outras obras de restauración, como a bodega e o local de embalar caixas e barriles, así como o local onde máis adiante se situaría a fábrica de queixos, todo isto en 1930, e ó ano seguinte recuperou a secretaría. En 1932 dedicou as súas actividades a outro local destinado a Comedor de Hóspedes, ó que seguiría o adecentamento do taller de embalaxe, o salón destinado a máquinas e cámara frigorífica. Foi por todo isto, o Hº Esteban considerado como pionero nas restauracións.
O primeiro diplomado en dirixir as obras de restauración, Alejandro Ferrant, encargouse da capela románica, as ventás daigrexa (pechadas anos atrás) e as escaleiras do dormitorio.
Na primeira etapa das restauracións oficiais fíxose outro labor de carácter estético: limpar o encalado da sala Capitular ou das Palmeras, deixando a pedra ó descuberto.
Dos beizos de Faustino Santalices, secretario do Gobernador Civil, brotou a idea da construción dun reformatorio para nenos nas instalacións monacales. O Hº Paúl calculou a obra en 200.000 ptas facendo os planos dos locais idóneos para tal fin.
Nos anos da Guerra Civil Española, os negocios do Mosteiro foron exitosos xa que o cava catalán non podía ser vendido, o fabricado en Oseira tomou bastante relevancia. Non segueu igual sorte a fábrica de queixos, que tras xurdir certas dificultades foi trasladada a Celanova en 1938 e ata e Hº Pablo foi multado doblemente polo queixo vendido no Mosteiro que, en ocasións, presentaba certas deficiencias.
O PAI JUAN MARÍA
Aínda que todos os monxes aportaron o seu gran de area á obra restauradora de Oseira, é de xustiza recoñecer que un deles lévase a palma, o que desgastaou a súa vida nun sacrificio incesante de moitos anos ó fronte das obras, este foi o Pai Juan María, cuxo nomee ben merece ser gravado con letras de ouro á beira do Dr. Cerviño, posto que ambos se complementaron.
O que tal vez faltaba ó Pai Juan María de cultura brillante e rechamante sobráballe de enxeño e equilibrio. Demostrouno de mil xeitos, sobre todo na restauración total do edificio, levando a cabo unha serie de obras moi difíciles, capaces de acovardar o ánimo máis esforzado. Era corrente o devandito entre arquitectos cando xurdía algún problema de difícil solución "chamade ó Pai Juan María, xa veredes como pronto o resolve". E así era, sabía de obras, de carpintería, de electricidade, en definitiva, unha enciclopedia vivinte.
Era ademais de gran coñecedor de todos os entresixos das materias antes citadas, un gran amante da economía xa que de todos era coñecido o dito de "O Pai Juan María dun duro fai vinte". O seu traballo era de tal agrado de todos que ata os responsables de Belas Artes deixaron nas súas mans a concesión de subvencións, sabendo que nas súas mans multiplicaríase o diñeiro.
Nos últimos anos, sentíndose falto de saúde e con problemas cardiacos, viuse obrigado a retirarse para descansar. Moi pouco puido gozar de tan inmenso traballo, xa que en xaneiro de 1992, aqueixado dunha forte gripe, que afectou ás vías respiratorias, tivo que ser ingresado en Ourense. Un ano máis tarde , un 19 de xaneiro de 1993, o Pai Juan María faleceu ás once e media da noite en compaña do pai-abade, logo de dedicar a súa vida ós demáis.
Non só Oseira se beneficiou do traballo do Pai Juan María, xa que obras como o Mosterio de San Miguel das Donas (León) e a igrexa e gran parte de edificio de Ferreira de Pantón foron obras exitosamente dirixidas por él.
A RESTAURACIÓN EN SERIO
Ata 1950 non foron moitas nin demasiado importantes as obras de rehabilitación. Deixamos ó carón as obra do Hº Esteban e imos centrarnos nas obras de envergadura, nas cales comezou a despuntar o enxeño do pai Juan María.
E
n 1953 restaurouse a torre da igrexa, a do norte, que fora decapitada por un raio en 1927. A restauración custou 70.000 ptas e os técnicos considerárono unha bicoca, pero ó ser costeada pola comunidade facilitou o aforro.
Malia que as axudas eran poucas as obras seguiron a súa canle. O torreón sureste, o Patio de Pináculos, que se achaba afundido e desmoronado nos seus ángulos, o Estado reconstruíu os muros e a comunidade a bóveda do mesmo e a cuberta. O antigo oratorio de enfermos conservou a súa bóveda de crucería restaurando á vez toda a nave do mediodía de Patio de Pináculos.
No ano 1966, e tras conceder ó Pai Juan María a singular excepción de entregarlle a él as subvencións para administralas, comeza a rehabilitación da vivenda, que era en torno á parte alta do primeiro patio, chamado dos Cabaleiros. Era a destinada a escritorio ou salón de estudo dos monxes, biblioteca, noviciado, sala capitular e servizos hixiénicos. Derribou todo o teito, fixéronse todas as vigas de formigón armado e varas de ferro. Unha vez feita o teitume, baleiraba o interior e acondicionabas segundo as necesidades, respetando sempre as paredes mestras e movendo ou tirando tabiques segundo fixese falta.
No escritorio suprimiu o ceo raso, falto de valor, e fixo unha bóveda de rasilla, quedando un local precioso, cos seus balcóns ó exterior. Ó mesmo tempo dotouse de calefacción optando, logo de varios ensaios con varios sistemas, polos radiadores de auga quente. Construíu ó mesmo tempo unha serie de duchas, cuartos de aseos e lavabos.
A continuación emprendeu a laboura de crear dormitorios individuais para unha maior comodidade.
En 1968 centráronse as obras no calefactorio, onde non quedou máis que a gran cheminea deste, moi orixinal, acabada en cubo. Levantouse todo o piso da zona para ser arrombado con pedra e baldosa, reconstruíronse os muros e colocouse unha cuberta adecuada.
A continuación comezouse a restaurar a igrexa levantando o piso, coa intención de saneala, sacouse dela o espesor dun metro de terra suplíndoo logo con area, grava e formigón, volvéndose logo a colocar a pedra pero ben escalada e en fileiras uniformes. Ó mesmo tempo limpouse e encintouse toda a pedra e recuperáronse columnas e bóvedas que antes parecían mutiladas.
Finalizaron as obras do templo en 1973 deixándoo tal e como hoxe atópase, sinxelo pero fascinante. Foi esta a obra onde o enxeño e a economía do Pai Juan María deu probas dunha capacidade admirable, pois soamente puxeron nas súas mans dous millons das antigas pesetas. Ós poucos o Monasterio foi cambiando de aspecto, a reconstrución da atalaya, a unificación das fiestras do Patio de Pináculos, os contrafortes do mesmo patio foron as obras máis importantes ata 1975.
Unha nova hospedería, con amplas habitacións, calefacción e todos os servizos indispensables, tróuxolle máis dunha dor de cabeza xa que ó pedir orzamento de camas, cadeiras, mesitas, etc. e non podelo cubrir (ascendía a algo máis dun millón de pesetas) el mesmo lanzouse a realizalos xunto cos seus obreiros. Pola metade ou a terceira parte do que lle pedían deixou unha hospedería máis que digna.
Nesta época dirixiu os traballos de elaboración da sillería da igrexa, que circunda o presbiterio, labrada polo mesmo e polos seus obreiros.
En todo o Mosteiro deixou lámpadas e faroles que nada envexan ós feitos en fábricas especializadas.
En 1977 comezou a que se di a súa obra mestra, a reconstrución da bóveda
gótica do refectorio, construída cara a 1572. A reconstrución quedou perfecta é a admiración de todos os entendidos.
Case ó mesmo tempo levou a cabo a reconstrución do solario, solana ou terraza para tomar o sol, outra das grandes realizacións que embelecen non pouco o Mosteiro.
En 1983 iniciou a reconstrución do dormitorio de anciáns, un ano logo de iniciar a das escaleiras dos Bispos.
Con estas obras quedaba o Monasterio virtualmente reconstruído, por máis que aínda faltaban detalles, algúns de importancia como a limpeza e encintado de muros exteriores, saneamento de patios, etc