O logotipo elixido para o Pan de Cea tiña que ser sinxelo e case artesanal, que crease unha imaxe de marca tanto no seu grafismo como na súa tipografía e que desde o primeiro momento se identificáse co produto.
Escolleuse xa que logo unha imaxe plana, unidimensional, afastada de complicacions e que representa moito mais do que aparenta, xa que non só é semellante ao noso pan, senón que representa tamén o inicio de todo o proceso, simbolizando as terras de labranza coas distintas cores que toman dependendo de cando son traballadas ou da mesma calidade da terra.
En conxunto concibiuse un logotipo que pretende conxugar a idea de intemporabilidade, que sobrevive desde o antigo ao mais moderno, á vez que establece unha metáfora visual co referente real: O Pan de Cea