Ubicación e Historia
El producto
Imagen Corporativa
Imagen Corporativa

Pan de Cea | O Produto

O "Pan de Cea" defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, da que o 50% procede das variedades da Comunidade Autónoma de Galicia coñecida como "do país", con adicción de auga potable e sal comestible, ao que se engade para a súa fermentación masa nai que provén dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrales da propia zona, mediante un laborioso proceso artesanal. Para rematar a masa cócese en hornos circulares de pedra granítica de deseño característico da zona.

Pan de Cea

As características principais do Pan de Cea son as seguintes:

* Formas da peza de Pan : Alongada e redondeada nos seus extremos, cunha fendidura transversal no centro da súa parte superior, denominada "fenda", diferenciando a peza en dúas partes iguais curvadas e ensambladas entre si.

* Presentacións: Dous tipos de presentacións que se diferencian polo peso e as dimensións: Peza ou "Poia" : Peso entre 1 e 1,2 Kg., media Peza ou "Molete" : Peso entre 0,5 e 0,6 Kg.

* Codela ou "codia" : Grosa de anchura variable, ata nunha mesma peza, consistencia dura e ríxida e con tendencia a facer láminas. A súa cor vai desde dourado a castiñeiro escuro. Sabor tostado.

* Miga ou "miolo" : Textura esponxosa, fibrosa e firme. Alveolado non moi abundante, distribuído de forma irregular e de tamaño moi variable. Cor apergaminado, recordando o gran de trigo enteiro. Sabor intenso a trigo.

A obtención do produto ten un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, adaptándose á lexislación actual sen perder a súa propia e caracterizadora identidade. O proceso consta das seguintes fases;

- AMASADO: Colócase a fariña dándolle forma parecida á dun volcán, engadíndolle no centro auga con sal e a masa nai que procede do amasado da fornada anterior e denominado "formento". A continuación realízase o amasado durante 60 minutos de forma manual.

- REPOUSO (Durmir o neno-Durmilo neno): A masa déixase en repouso entre 45 e 60 minutos. Debe ter a temperatura adecuada polo que se cobre cunha tea de algodón e unha manta se fose preciso.

- DIVISIÓN DA MASA (Taxar): A masa divídese manualmente despois do repouso en porcións dun peso aproximado de 1,5 Kg. ou 0,75 Kg., segundo o formato a realizar.

- REAMASADO (Tendas): Denomínase tenda a cada operación de reamasado, co seu posterior repouso de 25 a 30 minutos. O proceso de elaboración sofre normalmente tres tendas, podéndose reducir a dúas se as condicións son favorables.

- INTRODUCIÓN NO FORNO (enfornado): Para introducir a masa no forno colócase na pa e faiselle un corte no centro da parte superior. O proceso de introducir a masa no horno realízase en varias etapas, á vez que se realiza unha redistribución das pezas no horno (andalo pan), apartándoas do foco de calor. O forno quentásese previamente utilizando para isto leña ou outros materiais de tipo vexetal ou que non proporcionen nin cheiro nin sabor.

- COCCIÓN: Unha vez colocada a totalidade da fornada, péchase o horno deixando un tempo de cocción de aproximadamente 120 minutos.

- REVER: As pezas unha vez fora do horno deben permanecer en maduración, arrefriando unha hora en listons de madeira

Pan de Cea

Más información: http://www.pandecea.org

 

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares