Que é a compostaxe?
¿Qué se pode compostar?
¿Por qué debes apuntarte?
¿Qué che ofrecemos?
Requisitos para participar
¿Que é a compostaxe?
A compostaxe é un proceso polo que a materia orgánica convértese en fertilizante (compost).
Este proceso baséase na descomposición dos restos vexetais da nosa cociña e o noso xardín.
¿Qué se pode compostar?
Restos de froitas e verduras, cascas de ovo, iogures e e zumes de froitas, tapóns de cortiza, papel de cociña, restos de poda triturados, céspede, cinzas e serraduras de madeira.
¿Por qué debes apuntarte?
Os residuos orgánicos constitúen entre o 40-50% dos residuos urbanos. A súa recollida e tratamento en vertedoiros é tremedamente custosa, esixe importantes investimientos en infraestruturas A compostaxe é un proceso fácil de facer cun custo económico mínimo comparado con outros sistemas de tratamento de residuos, reducindo os custos de recollida e transportes de residuos.
O uso dunha boa cantidade de compost no xardín ou horto mellora as características do chan, evitando a necesidade de usar fertilizantes químicos, pestecidas e ademais aforra en auga de rega. Isto fai que a forma de cultivar os nosos produtos sexa máis respectuosa co medio ambiente.
¿Qué che ofrecemos?
Unha reunión informativa na que se che orientará sobre como iniciar e manter o proceso.
A cesión dun compostero.
Un manual de compostaxe doméstica.
Seguimento e asesoramento do proceso.
Requisitos para participar
Cubrir a ficha de solicitude
Dispor dun horto ou xardín.
Desenvolver a experiencia nun período de tempo previsto (6/8 meses) |