Centro de Salud
Colegio Público
Albergue
Pabellón Polideportivo
Piscinas Municipales
Campo de Fútbol
Gimnasio
Velatorio Municipal
Multiusos
Biblioteca
Centro Juvenil
Sala de Exposiciones
Guardería
Telecentro
Xantar na Casa
Punto Limpio
Punto Pic
Transporte +Transporte escolar

Pavillón Municipal de Deportes

O 5 de xuño de 1999 foi inaugurado en San Cristovo de Cea o Pavillón polideportivo municipal. Unha pista central e unha auxiliar (ambas de parqué), 4 vestiarios de equipos e dous de árbitros, 1 ximnasio, 2 servizos (masculino e feminino respectivamente) e unha bancada con aforamento para 400 persoas conforman o complexo deportivo.

No pavillón xogan habitualmente os equipos locais de fútbol sala da liga local do Carballiño. Tamén xogou como local neste feudo o Carpintaría Janeiro FS nos seus partidos de categoría autonomica á que ascendeu o ano 2004.

Outros eventos que se realizaron eventualmente foron diversos partidos de Frigoríficos Florindo do Carballiño, un encontro de división nacional de Balonmán, no que facía ás veces de local o Lalin Balonman. Disputouse asimesmo a Final de Copa Deputación de Fútbol sala no ano 2001.

O partido inaugural disputárono o Ourense Fútbol Sala e Frigoríficos Florindo FS.

Recentemente equipouse o ximnasio con máquina aeróbicas.

Para calquera dúbida sobre o pavillón, peticion de cita ou outra información de calquera indice podes porte en contacto na dirección de e-mail info@concellodecea.com ou ben no telefono 630 70 05 48, no cal o encargado, Carlos Luís, informarate gustosamente.

Pabellón Municipal de Deportes

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares