O Concello de San Cristovo de Cea acaba de firmar un Convenio coa Xerencia Territorial do Catastro, que permitirá poñer en marcha nas Oficinas Municipais un Punto de Información Catastral (P.I.C.).
Este servizo permitirá aforrarlles ós veciños as taxas e os traslados a Ourense para realizar xestións que ata agora tan só se podían realizar nas oficinas do Catastro. Coa posta en marcha do P.I.C., os veciños poderán realizar as seguintes xestións nas Oficinas Municipais do Concello:
-Acceso, a través dos Puntos de Información Catastral, por parte de todos os cidadáns que o necesiten, ós servicios de consulta e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos.
-Acceso, a través dos Puntos de Información Catastral, por parte dos titulares catastrais e os seus representantes, ós servicios de consulta e certificación electrónica de datos catastrais protexidos dos bens inmobles da súa titularidade que figuren na Base de Datos Nacional do Catastro. |