O Concello de San Cristovo de Cea dispón a día de hoxe dun tecido de servizos completo e ben dotado para mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio.
Integrados e perfectamente complementados supoñen unha oferta atractiva para poder ofrecer aos propios veciños unha solución completa á propia demanda.
Piscinas Municipais, Pavillón Polideportivo, Ximnasio, Velorio, Centro de Saúde, Colexio Público, Campo de Fútbol, Albergue, Edificio Multiusos, Biblioteca, Telecentro, Centro Xuvenil, Sala de Exposicións, Gardaría (PAI), e outros como o "Xantar na Casa" ou o Punto Limpo forman a rede de servizos que o Concello ofrece.
Todos eles teñen un custo mínimo para o usuario, e nalgúns casos, por certo, casos únicos na nosa contorna e provincia, gratuítos.
No menú da esquerda pode obter máis información de cada un deles.