Pan de Cea
Monasterio de Oseira
Itinerario 1
Itinerario 2
Itinerario 3
Itinerario 4
Itinerario 5
Itinerario 6
Donde alojarse
Donde comer

Turismo | Itinerario 2 | Hacia Oseira

Oseira

Pola estrada de Oseira que atravesa terras do Concello de Piñor, a ermida de A Ventela, que foi da Abadía de Oseira, con retablo do século XVIII e unha pétrea imaxe gótica da Virxe. Desde aquí parte o vello camiño que bordea a cerca do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira, no que hai un cruceiro, e chega ata Casledo, onde se pasa a carón doutro vello cruceiro, unha sobranceira obra da segunda metade do século XVI. Atravesando a ponte chegamos ó lugar, desde o que se entra no monumento por excelencia do concello. Á esquerda do arco de enreda Museo Etnográfico Liste, un dos mellores de Galiza, hoxe en proceso de deslocación cara Vigo e Pontevedra. Oseira é monumento nacional, que se inicia na segunda metade do século XII, con igrexa concluída a finais do primeiro terzo do seguinte, obra románico- gótica de peregrinación, con cúpula do monxe Ferrán Martínez (1282). A sancristía, o vello Capítulo baixo (das Palmeiras", a escaleira dos Bispos, e o patio dos Pináculos son obras dos séculos XV-XVI (do Renacemento), mentres que as fachadas da igrexa (1636-1650, de Miguel Arias) e do mosteiro (XVIII, Francisco de Castro Canseco e Fr. Plácido Iglesias), os patios dos Cabaleiros e Medallóns, e a gran Escaleira de Honra, intermedia a ambos, coa impresionante biblioteca, son todas xa de estilo Barroco. O antigo arquivo baixo, o locutorio, o museo e o refectorio alto –este obra refeita: capiteis e un arco orixinais, o resto engadido polo mestre de obras do mosteiro frei - merecen visitarse.Na igrexa hai retablos do século XVIII con tallas escultóricas de Mateo de Prado (XII), no deambulatorio, e José Gambino (XIII), no cruceiro. O conxunto das pinturas murais de bóvedas e paredes son obra de José Maceira (XVIII), o de maior extensión do estilo Barroco en Galiza. As da cúpula con santos da Orde son anteriores. Na praza do Mosteiro, está o antigo seminario para o ensino dos vasallos, obra do século XVIII, e no lugar o antigo Hospicio, a Botica e as casas que foron do médico e do boticario do mosteiro. Na portería hai libros, licores, queixos, e artigos relixiosos para axuda económica da comunidade e satisfacer o turismo que ata aquí se achega, o segundo punto en importancia de toda a provincia, logo da cidade capital Hai hospedaría mixta con fins relixiosos. Actualmente non ten abade, senón Superior, situación provisoria.

Parroquia de Oseira

Textos sacados de "Do gran ao Pan" de Xabier Límia de Gardón

Mapa interactivo



Ver Itinerario 2: Hacia Oseira nun mapa máis grande

Lenda: a liña azul marca o percorrido do itinerario, as gotas azuis sinalan os puntos de interese. Desplanzándose polo mapa poderán ampliar o mismo e ver os puntos de interese dos demáis itinerarios

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares