Turismo | Pan de Cea...
Pan de Cea, produto tradicional, elaborado en forno de leña seguindo un proceso artesanal que se transmitiu de xeración en xeración.
A historia dinos que ese proceso vénse realizando nos fornos de Cea desde o século XIII.
En Cea e no seu concello existen multitude de fornos, actualmente, 16 deles pertencen á Indicación Xeográfica Protexida, e elaboran tan preciado produto.
|
|
|
Ademais existen antigos fornos, dos cales moitos deles foron restaurados polo Concello de San Cristovo de Cea, nos que aínda a día de hoxe, soamente con transpasar a súa entrada, poden vir recordos de cantas anécdotas alí transcorreron.
Hoxe en día todos os hornos atópanse perfectamente sinalizados e, en todas as entradas do noso Concello, pódese ver o panel que ven á esquerda.
Tres rutas polos fornos de todo o Concello, recentemente inauguradas, permiten a quen nos visite, gozar da bela natureza do noso entorno asi como da beleza e tradición dos fornos antes mencionados.
|
Panel informativo a las entradas de nuestro Concello
|
1. Ruta CEA: percorrido polo núcleo urbán de Cea, visitando os diferentes fornos de Cea e coa posibilidade de ver algún funcionando na actualidade nos que se elabora o famoso Pan de Cea.
2. Ruta OSEIRA: percorrido pola entorno do Mosteiro Cisterciense de Santa María A Real de Oseira, punto crave e de partida na historia do Pan de Cea. Gozarán do cenobio cisterciense e dunha paraxe natural sen igual.
3. Ruta VIÑA: percorrido pola parroquia de Viña, un paseo agradabilísimo con encontro coa etnografía do noso Concello. Visitarán fornos de leña nos que se elaboraba Pan de Cea recentemente restaurados.
Estamos preparando unha interesante galería fotográfica das tres rutas para que poidan apreciar os distintos lugares de interese das mesmas.
Para más información sobre o Pan de Cea: www.pandecea.org

|