Ante unha cuestión plantexada polo Conselleiro Socialista Sr. Dopazo, na que se preguntaba sobre a situación do camiño dende a Ventela ao Campo de Casledo en Oseira, e ante a preocupación do pobo e da Comisión de Festas sobre este tema e outros que lles afectan, quero dirixirme a tódolos veciños para explicar coa maior claridade posible, as dificultades que se están dando en Oseira.
- A obra do camiño da Ventela ao Campo de Casledo en Oseira foi solicitada por este Concello a Consellería de Medio Rural para a súa execución dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural). En marzo do ano 2007, o Subdirector Xeral de Infraestruturas Agrarias comunica a súa concesión.
- A estes efectos, os técnicos da Consellería de Medio Rural redactaron un primeiro proxecto que foi rexeitado pola Dirección Xeral de Patrimonio. Despois de este, os mesmos técnicos elaboraron un segundo proxecto, ras consultar coa propia Dirección Xeral de Patrimonio, a pesares de esto, foi de novo rexeitado.
- O Concello, ante a demanda dos veciños enviou máquinas a limpar e anchear o camiño, sen que supuxese execución de obra nova, co fin de aforrar cartos e que a inversión prevista pola Consellería de Medio Rural chegase para executar a totalidade do camiño previsto.
- A Dirección Xeral de Patrimonio paraliza a execución desta obra por entender que afecta o Mosteiro de Oseira.
- Esta Alcaldía está. Dende esa data, todo tipo de xestións para conseguir que se faga dito camiño, e sabemos que dende a Consellería de Medio Rural tamén se está intentando.
Quero sinalar que este Alcalde leva anos intentando facer todo tipo de xestións e obras para favorecer non so ó Mosteiro senón tamén, e sobre todo, os veciños de Oseira que veñen sendo vítimas das medidas que a Xunta está adoptando para a protección do Mosteiro.
Este Alcalde sempre sostivo que o coidado do Mosteiro e do seu entorno é fundamental, pero debe facerse compatible e non debe repercutir sobre a calidade de vida dos veciños, ós que a Xunta debería compensar por este feito e non prexudicalos constantemente impedíndolle a este Concello executar moitas obras e actuacións que intenta facer en Oseira, ademais de poñer todo tipo de pegas e impedimentos tamén as obras dos particulares ou incluso da parroquia , como todos ben sabedes, como por exemplo cando quixestes arranxar o cemiterio.
Por desgracia, este Alcalde non pode comprometerse a execución de obras en Oseira, xa que, nestes últimos tres anos, por unha causa ou por outra, distintas Consellerías da Xunta de Galicia parecen decididas a privar aos veciños de Oseira de obras ás que teñen todo o dereito. Así, e a modo de exemplo, “alguén” preocupouse de que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte (xestionada polo Partido Socialista – PSOE), obstruíse a tramitación da Delimitación do Núcleo Rural de oseira, esixindo requisitos que nunca antes nin despois esixiron para ningún outro pobo de Galicia, e impedindo que o Concello puidese construír o Centro Social de Oseira, e se perdera os cartos que tiña para as obras (máis de 100.000 €). Igual pasa co camiño da Ventela a Oseira, aínda que, neste caso, creemos que máis pronto que tarde o solucionaremos a pesares de que, como vostedes e o veciños de Oseira e Voceiro de Partido Socialista saben, non depende de nós.
Dado que nos tres últimos anos a Xunta de Galicia non lle concede ao Concello de Cea nin un só Euro en axudas e subvencións, espero que a partir destes momentos o Voceiro de Partido Socialista, xa que de pronto “tanto” se preocupa polos veciños de Oseira, procure que as Consellerías nas que mande o seu Partido en Santiago, se non nos da nada polo menos deixen de obstaculizar e impedir as obras que o Concello tiña previstas e para as que xa tiña os cartos, como aconteceu co citado Centro Social.
Quedando a vosa disposición, recibe un cordial saúdo
San Cristovo de Cea, 21 de agosto de 2008
ALCALDE- PRESIDENTE.
ASDO. José Luís Valladares Fernández