Diario de un triatletla ceense
 
 
 
 
 
 
 

Neste apartado iremos dando conta dun ceense que desinteresadamente (O Consello Regulador da IXP Pan de Cea e o Concello de Cea a través desta web compránronlle os uniformes) promociona a nosa terra e o noso Pan por todo o terrotorio nacional e moi pronto tamén internacionalmente.

Unha iniciativa da que todos nos debemos sentir orgullosos,

Iremos poñendo a modo de noticiario as diferentes probas nas que participa, todo elo escrito polo propio protagonista e ilustrado. Agardamos que vos guste a iniciativa e se o considerades oportuno podedes deixar mensaxes de apoio ó deportista no libro de visitas.

18/10/2009 | III Maratón do Miño - Ourense (Novo!)

O pasado Domingo 18 de Outubro a partir das 9 da mañá, disputouse a terceira edición da Maratón do Miño. Esta proba, ademáis de carreira individual, incorpora segmentos de tres relevos para completar a mesma distancia (42,195 m.), en grupos de tres corredores; ó mesmo tempo ten lugar unha Andaina de 28 kilómetros que da moi bo ambiente á carreira.

Como Padriño da carreira atopábase o todopoderoso medallista en 1.500 Fermín Cacho: todo un campeón que agora se dedica á vida contemplativa, según as súas propias palabras. Foi unha mañá brumosa e, en tirantes e pantalón corto, non se quería que digamos pero había moi bó ambiente…Ata ma atopei coa Charo!

A saída deuse puntual e alí arrancamos cerca de 1.400 aventureiros (ou domingueiros), dispostos a dar un bo paseo polas ribeiras do Miño.Primeiro, polas calles do centro.Saímos da Praza Maior e seguimos a carón da Catedral, para enfiar a Praza do Ferro, Parque de San Lázaro…,as Lagoas; e atravesando a pasarela da Lonia, desembocamos xa na  ribeira do río, a cal había que dar dúas voltas e media entre os tramos que separan,a pasarela de Outariz e mais a Presa de Velle; uns 14 km.

Ollade que maná para correr…E ista era a primeira volta!

A cousa foi mellorando pouco a pouco. Esta é a zona onde se daban os relevos por equipos…Eu seguía “só aAnte o perigo”.

Teño que decir que, normalmente as probas de Maratón, non sendo de montaña, dispútanse sobre asfalto, pero  aquí había de todo: terra, cemento, adoquíns, calzada, tramos en obras…., e unhas subidas e baixadas que daban vértigo. Pese a todo, o percorrido era precioso e moi entretido.

Finalmente, crucei a meta en 4 horas 08’ 02”. Contento co tempo e coas sensacións. A liña de meta era unha festa.Había polvo, viño, Pan de Cea, pementos….O dito un ambientazo guapísimo para unha mañá de Domingo que rematou cos meus osos na cama e mais un sobre de Neobrufen para desconxestionar as pernas.

A próxima cita é en Zaragoza, outra Maratón, o día 22 de Novembro. Esta está homologada pola IAAF e hai negros que corren coma chispas, xa vos contarei.¡Ata logo!

Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010
Ourense 2010

 

26/09/2009 | Media Maratón Ruta del Vino Somontano - Barbastro

Sábado 26 de setembro do corrente. Sobre  as tres da  tarde, e con unha máis que apurada siesta, partimos dirección Huesca (80 km.); para logo tomar a carretera  que chega ata Lérida. A medio camiño atópase o noso destino: Barbastro. Unha vila coma O Carballiño en canto a volumen, que está ó abrigo dos Pirineos, moi cerca da “Sierra de Guara”. Despóis duns 170 kilómetros, chegamos co tempo xusto para recoller  os dorsais e quentar un pouquiño. Fai calor e hai unha chea de xente. (Máis de 700 inscritos).

Isto das carreiras é moi cambiante: tan ben vas a un triatlón ou a cen carreiras (léase Madrid, San Sebastián, Sevilla,…), e de súpeto, nun rinconciño dos Pirineos, atópaste con xente como Martín Fiz, o “Induráin” do Atltetismo neste país. Bueno, ás seis en punto da tarde dase o disparo de saída e hai que estar atentos para colocarse ben para coller pronto un bó ritmo de carreira. O trazado ten unha rampa duns 300 metros á saída da vila, isto comezou a seleccionar a carreira. Hai que ter en conta que, aínda que sexan 21,097 kms., a media maratón é unha carreira rápida o que supón sufrir, sufrir, e sufrir.

Saímos da Vila e a 11 kms. dabamos a volta. Mentras tanto, Nuria (a miña fotógrafo particular), paseaba por Barbastro.  

Finalmente, e co sol caendo por tras de nós, enfiabamos a recta de meta cun último sprint esprimindo ata as 190 pulsacións, (¡pra morrer!). A recta picaba lixeiramente arriba, como nas grandes citas, mais iso non foi problema para batir  unha marca  que facía tempo que se me resistía; 1 hora 46’ 30”. O tempo real  1 hora 45’ 16” !!!

A seguinte cita, a maratón de Ourense. O día 18 de Outubro (Domingo), ás 9:00 dase a saída, e o trazado consta de tres voltas polas ribeiras do Miño, entre a pasarela de Outariz e a presa de Velle, con chegada na  Ponte Vella. É unha boa ocasión para vivir de cerca o bo ambiente que se vive neste tipo de carreiras,…. e máis para animar a un veciño, ¿non?...

Barbastro
Barbastro
Barbastro
Barbastro
Barbastro
Barbastro

Galería fotográfica da proba, click en cada imaxe amplía

09/08/2009 | XIV Triatlón Olímpico Club Natación Pamplona

Esta vez enfrentámonos a unha distancia xa respetable.

Saímos de Zaragoza ás 7 da mañá para chegar  a Pamplona co tempo xusto para meter a bici en bóxes e quentar o xusto. Por sorte, o día está nublado e pinta  ben para o calvario que nos espera…

Saen primeiro as donas e, 5 minutos despois, os homes para completar os 1500 metros de natación que trascurriron no río Arga. Facía  frío, pero logo pasou.


En total 160 inscritos, xa veredes cantos acabamos…

Pasados 38 minutos completo o 1º segmento e diríxome correndo a boxes, non sin antes esbarar  nas escaleiras ó sair da auga; casi acaba alí a carreira…

A transición faise dura porque, saes da auga coa cabeza zumbando coma unha abella e teñen que pasar uns minutos hasta que recuperas o equilibrio, pero todo isto ocurre
mentras estas preparándote para saír na bici…!

Na bici, nada máis empezar, casi 3 Km de subida e un montón de rotondas; o resto, contínuas subidas e baixadas. No km 20 damos a volta para regresar e…, ¡ SORPRESA ¡

Un vento de cara fortísimo. Con razón o ciclismo é o deporte  máis escravo que existe, palabra.

Por fin chego á derradeira transición e salo ó circuito para dar  tres voltas correndo e así, completar  os 10 km do segmento a pé.

Finalmente entro en meta cun tempo de 2h.58’ , (pouco máis que o primeiro).

Por certo,estuven con aguxetas ata o mércores seguinte.

Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense
Diario de un triatletla ceense

Galería fotográfica da proba, click en cada imaxe, amplía.

04/07/2009 | Triatlón Sprint “RETO DEL EBRO” Tudela (Navarra)

Primeira cita deportiva coa nova equipación  con que imos a competir por todas partes de España, (e parte do estranxeiro).Tudela 1

O deporte de triatlón é un compendio de disciplinas que se disputa sobre varias distancias: super-sprint  (300-10-2,5); sprint (750-20-5); olímpico (1500-40-10);…e así ata chegar á proba reina. O Iron Man (4000-180-42).

Este ano decidín empezar dende abaixo,  para asimilar mellor a preparación necesaria para afrontar con garantías este tipo de carreiras. Ata fai cousa de un ano só me Tudela 2dedicaba a correr:…maratón, 1/2 maratón, etc., pero esto do triatlón é demasiado divertido como para deixalo pasar.

En Tudela, a saída do segmento de natación (750m.), deuse ás 18:00. Tivemos que describir a traxectoria  dun triángulo rectángulo no río Ebro que, aínda que sexa Verán, ten unhas correntes fortísimas.

De seguido, o tramo de bicicleta. Dúas voltas sobre uTudela 3n trazado de 10 Km. Con vento en contra á volta.

Aquí perdín algo de tempo porque, para entrar en boxes e coller a bici, trabuqueime de sentido e os xuices ensináronme tarxeta amarela, (coma no fútbol) ; mais despois recuperei posicións.

E finalmente…, a correr!!!!  5 Km. e acabouse o sufrimento. Fai un calor abafante e urxe  meterse na ducha.

A entrada en meta, coma sempre apoteósica . Tempo final:1h.32’. ¡ Ata outra!Tudela 4Tudela 5

 

 

 

 

 

(click nas imaxes amplía)

. Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares