Oferta de Emprego

16.08.2019.- BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA URXENTE MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUTOR E 3 PEÓNS

bases reguladoras

 

 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA URXENTE MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUTOR E 3 PEÓNS AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2019 (COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020”).

Expediente núm.: 8/2019.

Bases que deben rexer a Convocatoria e o Proceso de selección.

Procedemento: Seleccións de Persoal e Provisións de Postos

 

BASES QUE DEBEN REXER A CONVOCATORIA E PROCESO DE SELECCIÓN

 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA URXENTE MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUTOR E 3 PEÓNS  AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2019

 

 

Primeira: Obxecto da convocatoria.

O obxecto das presentes bases é regula-la contratación laboral temporal de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de San Cristovo de Cea integradas por 1 XEFE DE BRIGADA, 1 PEÓN CONDUCTOR E 3 PEÓNS, no marco do “Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de San Cristovo de Cea para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais”.

O ámbito de actuación será o municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de prevención de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007 e o Pladiga, ou ás disposicións de aplicación en función dos contratos derivados destas bases.

 

Durante cada un dos meses de vixencia do contrato, os traballadores han de contar con plena dispoñibilidade, incluíndo traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.

As labores a desenvolver en relación con cada categoría consistirán na realización dos seguintes traballos:

Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellaría competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007.

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

Traballos de prevención, consistentes en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos. Os restos procedentes destes traballos serán recollidos, apilados e eliminados mediante trituración ou sistemas similares.

Mantemento das ferramentas e equipamento en perfecto estado de uso.

Calquera outra relacionada co obxecto da convocatoria, dentro do ámbito competencial da brigada e respetando as distintas categorías incluídas na mesma.

 

Segunda: Modalidade e duración do contrato.

A contratación realizaranse a través da modalidade de contrato de obra ou servizo, regulada no artigo 15.1 a) do do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro , a xornada completa  e cunhas retribucións de 1.150,00 euros/brutos mes, (XEFE DE BRIGADA), 1.100,00 euros/brutos mes, (PEÓN CONDUTOR) e 1.050,00 euros/brutos mes,  (PEÓNS); incluída a prorrata de pagas extras. A duración da obra ou servizo será de 3 meses, aplicando en cada caso a temporalidade derivada das consignacións orzamentarias que resulten de aplicación.

As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá, tarde e noite, e de luns a domingo, adaptaranse ás necesidades do servizo.

 

Terceira: Requisitos dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

b) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

XEFE DE BRIGADA: estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente, ou ben estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

Estar en posesión do carné de conducir B.

PEÓN CONDUTOR: Estar en posesión do carné de conducir B.

c)Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, ,é dicir, non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

f) Non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

g) Fotocopia cotexada do curso CELGA 2, Iniciación de lingua galega ou a súa validación, se é o caso.

 

Cuarta: Sistema de selección.

O procedemento de selección consistirá nunha fase de concurso-oposición que se levará a cabo mediante a validación dos méritos presentados e obxecto de puntuación, que virá determinada pola suma das puntuacións dos méritos valorados para cada aspirante, así como a fase de entrevista e proba práctica.

 

A) EXPERIENCIA PROFESIONAL: Puntuación máxima: 3,5 puntos.

1.Por servizos prestados en concellos, administración públicas e organismos e entidades dependentes delas na mesma categoría ou similar á do posto ao que se opta: 0,50 por cada mes completo ou fracción, cun máximo de (2,5) dous con cinco puntos

2.Por servizos prestados en empresas privadas na mesma categoría ou similar á do posto ao que se opta:  0,50 por cada mes completo ou fracción, cun máximo de (1) un punto.

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social no que conste expresamente os períodos de alta e baixa no sistema da Seguridade Social e os grupos de cotización e copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

B) PROBA PRÁCTICA: Puntuación máxima: 3,5 puntos.

Realizarase unha proba práctica sobre o terreo, na que se avaliará a pericia no manexo das ferramentas de roza e maquinaria. Esta proba realizarase por persoal cualificado baixo a supervisión do Tribunal de selección.

C) ENTREVISTA

Realizarase unha entrevista de carácter profesional sobre os méritos adecuados ás características do posto. Valorándose o coñecemento do territorio e as características propias do contorno e da poboación que o tribunal cualificador considere.

            Á entrevista daráselle ata un máximo de 3 puntos

            Nos supostos nos que se obtivese igual puntuación por algún ou algúns dos candidatos, os desempates dirimiranse atendendo á maior puntuación obtida por experiencia profesional.

            No caso de persistir o empate, este se dirimirá mediante sorteo

D) COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.

O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente...”

En cumprimento do sinalado os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución directa dun texto elixido polo tribunal do castelán ao galego sen axuda de dicionario nun tempo máximo de 30 minutos. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes, posuír o Celga 2 ou estudos equivalentes.

Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.

As persoas que non consigan praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, de tal maneira que, cando o concello necesite algún/ha traballador/a destas características para o mesmo servizo e posto obxecto da presente convocatoria, para cubrir o posto que quede vacante, entón acudirá a dita bolsa, seleccionando ao/á primeiro/a deles/as e soamente poderá seleccionarse ao/á seguinte a este/a, sempre e cando aquel/a rexeitase o posto ou non cumpra nese intre cos requisitos do punto terceiro destas bases; o que suporá pasar ao final da lista salvo que se dean as circunstancias de estar xa traballando ou enfermo/a, o que deberá xustificarse mediante a documentación necesaria.

            A duración desta bolsa será ata o 31-12-2019.

 

Quinta: Documentación a presentar.

As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia (Anexo I) que se xunta a estas bases, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais, para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello [http://concellodesancristovodecea.sedelectronica.gal] ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da  da Provincia.

As solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Neste caso os aspirantes deberá comunicalo mediante telegrama durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Actuarase de igual xeito, no caso de ser presentada a solicitude no rexistro noutra Administración Pública autonómica ou Xeral.

O horario de presentación de documentación no rexistro do Concello será de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

As bases íntegras publicaranse igualmente na sede electrónica deste Concello[http://concellodesancristovodecea.sedelectronica.gal],   no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodecea.com),

Xunto coa instancia deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do documento que acredite a súa nacionalidade.

b)Fotocopia cotexada do curso CELGA 2, iniciación de lingua galega ou a súa validación, se é o caso.

c) Certificado médico de que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo e o recoñecemento médico que deberán realizar previamente á contratación, para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar,

d) Acreditación de estar en posesión da titulación esixida (Xefe de Brigada).  No caso de titulación obtida no estranxeiro, deberase aportar o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

e) Declaración de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, de non padecer enfermidade ou defecto físico/psíquico, que lle impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que se opta e de non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; no caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o aceso ao emprego público. (Anexo II).

f) Relación de méritos que alega e documentación xustificativa de cada un deles en orixinal ou copia compulsada, cos requisitos establecidos na base das que rixen o procedemento selectivo.

g) Fotocopia do carné de conducir,no seu caso (Xefe de Brigada/Peón Condutor).

Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden acreditados en todos os seus extremos no momento de presentación de instancias.

Asemade, non se terán en conta aqueles méritos alegados e aportados con posterioridade ao remate do prazo de presentación de instancias.

 

Sexta. Tribunal cualificador.

O tribunal, que terá como función a valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes presentados/as e a realización da entrevista, estará integrado polos seguintes membros:

No suposto de que forme parte do tribunal algunha persoa allea ao Concello, terá dereito a percibir a indemnización por asistencia correspondente segundo o RD 462/2002 do 24 de maio.

Tribunal Titular:

Presidente: D.  Santiago Mansilla Vázquez, Secretario-Interventor do Concello de San Cristovo de Cea.

Secretaria: Dna. Mª José Fernández Lorenzo, Funcionaria do Concello de San Cristovo de Cea.

Vogales:

D.José Fírvida Rodríguez, xefe do Parque de Maquinaria da Excma. Deputación Provincial de Ourense

Dna. Carolina Piruccio Barrosa, Enxeñeira Agrícola, traballadora do Concello de San Cristovo de Cea.

Dna. Mª. Concepción Fernández-Novoa Valladares, Secretaria do Concello de Vilamarín.

 

Tribunal Suplente:

Presidente: Mª Carmen García Pérez, Secretaria-Interventora do Concello de Sarreaus.

Secretaria:. Dna. María Isabel Colmenero Veloso, Secretaria-Interventora do Concello de San Ciprian de Viñas.

Vocais:

D. José Manuel Rodríguez Trigás, Secretario-Interventor do Concello de A Peroxa.

D. José Antonio Rodríguez Barros, Operario de Servizos Varios do Concello de Pereiro de Aguiar.

Dna. Ana Mª. Antúnez Pérez, funcionaria do Concello de Muiños.

Segundo o recollido no art. 60 da Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, por o que se aproba el texto refundido de la Lei del Estatuto Básico del Empregado Público, na designación dos membros do tribunal tenderase a buscar a paridade entre mulleres e homes, e en todo caso, actuarase seguindo os principios de imparcialidade e profesionalidade dos membros, téndose así mesmo en conta que, o persoal de elección, de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

O tribunal poderá dispor a incorporación, aos seus traballos, de asesores especialistas, quenes se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas, que serán a única base da súa colaboración co órgano de decisión e que actuarán por tanto con voz pero sen voto.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo ao Excmo. Sr. Alcalde, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. O/A presidente/a do tribunal poderá requirir aos membros do mesmo, declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no presente parágrafo.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros con dereito a voto, sendo imprescindible en todo caso a asistencia do/a presidente/ e do/a secretario/a, esta última persoa sen voto.

O tribunal actuará con suxeición ás bases de convocatoria, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación.

Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo ante o órgano competente conforme ao previsto na Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Sétima: Procedemento de selección.

Logo de finalizar o prazo de presentación de instancias, por resolución de Alcaldía aprobarase a lista de admitidos/as e excluídos/as, que se publicárana na sede electrónica deste Concello[http://concellodesancristovodecea.sedelectronica.gal],   no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodecea.com), concedéndose un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou corrección de erros (non para alegar novos méritos non alegados ata entón).

O tribunal resolverá as reclamacións que se presenten, elevará –no seu caso- a definitiva a lista de admitidos/as e excluídos/as. Coa publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos procederase a fixación da data de celebración dos exercicios contemplados na fase de oposición. O tribunal valorará os méritos alegados polos/as candidatos/as presentados/as e realizada a proba práctica e a entrevista, publicará no taboleiro de anuncios, as puntuacións obtidas polos/as aspirantes. Para valorar os méritos será necesario que se presenten documentos xustificativos dos mesmos; en ningún caso se terán en conta os méritos que non estean debidamente xustificados.

Todas as notificacións que se realicen respecto ao presente procedemento de selección, levaranse a cabo, a través de publicacións na sede electrónica deste Concello[http://concellodesancristovodecea.sedelectronica.gal], no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodecea.com).

Para o caso de empate na puntuación final, resolverase por sorteo.

Os/as traballadores/as seleccionados/as estarán obrigados a realizar, antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo, así como un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia, nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de San Cristovo de Cea.

A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo, ou ben a non realización do referido curso, será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a.

Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os compoñentes da brigada xa o recibisen en anos anteriores.

As fases do procedemento selectivo que poidan coincidir con probas de selección para outras prazas municipais celebradas o mesmo dia e cos mesmos requisitos, poderán realizarse conxuntamente.

 

Oitava.- Incidencias

O tribunal quedará autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo orde das probas en todo o non previsto nestas bases.

 

Novena. Recursos.

As presentes bases poderán ser impugnadas ante a Xunta de Goberno Local do Concello de San Cristovo de Cea mediante Recurso Potestativo de Reposición, nos termos contemplados no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

 

 

 

ANEXO I.

 

MODELO DE INSTANCIA.

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL MEDIANTE CONCURSO- OPOSICIÓN DE:

XEFE DE BRIGADA.

 

 
 

 

 


PEÓN CONDUCTOR.

 

 
 

 

 


PEÓN

 

AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE DUAS BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

DATOS DO/DA SOLICITANTE.

NOME                                                                   APELIDOS

DNI/NIE                                                                 DATA DE NACEMENTO

DIRECCIÓN

POBLACIÓN                                                         PROVINCIA

TELÉFONO                                                          E-MAIL

 

DECLARO:

1. Que vistas as bases específicas de selección que rexen esta convocatoria, considero que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos e, polo tanto, solicito ser incluído no proceso selectivo.

2, Relación de méritos que aporto:

q Copia cotexada da titulación esixida.

q Copia cotexada do titulo de galego

q Copia compulsada do DNI ou documento que proceda no suposto de estranxeiros.

q Copia cotexada do carné de conducir. 

q Certificado médico oficial que acredite que as condicións de saúde do traballador son as adecuadas para o desempeño do posto de traballo, así como que reúne as condicións físicas necesarias para superar a proba física de esforzo

q Declaración responsable

q Documentación acreditativa dos méritos alegados (vida laboral, contratos, certificados de empresa, cursos...)

                -

                -

                -

                -

 q Xustificante pago taxa.

 

San Cristovo de Cea,            de                          de 2019

Sinatura,

 

 

Asdo.: __________________________

 

PUBLICACIÓN DOS DATOS:

De acordo co preceptuado no artigo 45.1.b da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, O Concello de San Cristovo de Cea realizará a publicación dos datos persoais dos candidatos e das posibles causas de exclusión, no Taboleiro de Anuncios, na sede electrónica do Concello de San Cristovo de Cea e na Páxina Web do Concello, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

 

PROTECCIÓN DE DATOS:

Os datos de carácter persoal serán tratados polo Concello de San Cristovo de Cea e incorporados á actividade de tratamento “Provisión de postos de traballo”, coa finalidade de selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante convocatorias públicas. Polo tanto, os seus datos serán tratados para poder tramitar a súa solicitude e resolver a convocatoria na que participa. A lexitimidade do tratamento baséase no consentimento do interesado no cumprimento de obrigacións legais polo Concello de San Cristovo de Cea. Os datos de carácter persoal poden ser comunicados a outras administracións ou rexistros públicos, e publicados no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir con a finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento de los datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e patrimonio documental español. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ó seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante o Concello de San Cristovo de Cea, Praza Maior, nº 1, 32130 San Cristovo de Cea (Ourense) ou na dirección de correo electrónico concello@concellodecea.com, así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

 

 

ANEXO II.

 

DECLARACIÓN XURADA.

PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL MEDIANTE CONCURSO- OPOSCIÓN , DE:

XEFE DE BRIGADA.

 

 
 

 

 


PEÓN CONDUCTOR.

 

 
 

 

 


PEÓN

 

AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE DUAS BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

D./Dª.__________________________________________________________________________

con DNI núm. ___________________________, con domicilio a efectos de notificación en ______________________________________________________________________________.

DECLARA,

baixo xuramento ou promete, aos efectos de ser admitido no proceso selectivo arriba indicado:

§ non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas,

§ non padecer enfermidade ou defecto físico/psíquico, que lle impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que se opta e

§ non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

§ e no caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o aceso ao emprego público.

 

En San Cristovo de Cea, a           de                              de 2019.

O/A solicitante,

 

 

Asdo: _________________________________.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA.

 

Español

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares