Campo de Fútbol

O campo de fútbol municipal de O Lodairo vaise xestando tras a gran afección que ao balompé existe pola zona. Coa suor dos novos futbolistas da época e dos lexendarios socios do clube de por aquel entón o soño de ter un campo de fútbol aos poucos foise facendo realidade.

Hoxe, o campo conta cun terreo de xogo de terra en perfecto estado, unha bancada con catrocentas butacas independentes e con tres fileiras de asentos non independentes, tres vestiarios en moi bo estado, un bar como parte do local social de CD Cea e unha iluminación digna dun estadio de maior categoría con catro torreóns e catro focos de gran potencia en cada un deles.

En O Lodairo adestra durante todo o ano e xogan os seus partidos como locais CD Cea e as súas categorías inferiores.

Esporádicamente o campo é utilizado para encontros doutros clubes.

Revisión 2012: Instálase no recinto deportivo céspede artificial de última xeración, co seu correspondente rego por aspersión, contrúense novos vestiarios (2 de arbitros, equipo local e equipo visitante), e reacondiciónanse as instalacións con limpeza, pintado e sustitución de elementos deteriorados en gradas, local social, vestiarios antiguos, valado perimetral, redes post-porterias e torres de iluminación.

Adxuntamos fotografías do estado actual.

Campo de Fútbol Municipal de O Lodairo Campo de Fútbol Municipal de O Lodairo Campo de Fútbol Municipal de O Lodairo

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibido o seu uso total ou parcial sen consentimento expreso do propietario.

As fotos amplianse ao pulsalas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares