Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Alumeado Exterior Municipal: Información

30.03.2017.- O Concello de San Cristovo de Cea ven de asinar o préstamo para a Reforma do Alumeado Público Exterior Municipal, na sede do IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía) por un total de 477.000 €. Con esta obra, o Concello invirte en alta e eficiente tecnoloxía para mellorar a calidade deste servizo público, para conseguir unha menor contaminación lumínica e para optimizar o consumo eléctrico.

Esta operación foi concebida baixo unhas condicións que detallamos: Un ano de carencia, comezarase a pagar este préstamo, sen intereses, o vindeiro 28 de marzo de 2018, suporá pouco máis de 4.000 euros ao mes para as arcas municipais (pagarase en 10 anos), e aforrarase non menos dun 60% do gasto en electricidade do alumeado público de todo o concello (ata a data era de entre 150.000 a 170.000 euros anuais). A o ano de carencia súmaselle un importante aforro anual (150.000-90.000(60%)=60.000 gasto da factura da luz; 150.000-(60.000+47.700)=42.300 € aforro no peor dos casos), e a garantía de ter instalada tecnoloxía eficiente e moderna.

En todo España só 37 concellos foron escollidos para esta iniciativa pioneira, e de toda a comunidade autónoma 2, o Concello de Castrelo de Miño e o de San Cristovo de Cea. 

Acompañamos unha imaxe da firma deste préstamo do Alcalde na sede do IDAE en Madrid.

Firma Préstamo Alumeado Público

© www.concellodecea.com

 

 

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares