Historia

Galego

Cea aparece escrito en tempos pasados como Cea, Çea, Ceia e Zea, casi con total seguridade procede dos celtas. Para estes a palabra contaba con dous significados "muralla" ou "pradeira".

Pan de Cea. 1982

As orixes de Cea pobo, posiblemente se encontren nun castro remoto situado na ladeira norte do Monte do Lodairo, moi cerca de onde hoxe se atopan as piscina municipais.

Don Ramón Otero Pedrayo decía de Cea "está formado por casas antigas, a cor do seu famoso pan de moreno e sabroso trigo, Vila ben nomeada e alavada por grandes extensión galegas, polas súas mulleres madrugadoras e leales e polos seus mozos ben plantados, que reparten o seu pan polos lugares máis afastados, ata o Miño..."

Ata o censo de 1920 o nome de Cea empregábase indistintamente para nomear á Vila ou ó Municipio. Pasando dende entón a chamarse Sn Cristóbal de Cea o Municipio e a Parroquia e Cea só a Vila, case seguro que para evitar confusións.

No ano 1822 o municipio e a Vila quedan definitivamente inscritos na provincia de Ourense, unha vez que se consolidou a división de Galicia nas 4 provincias actuais.

En 1835, o Gobernador de Ourense, ó amparo do Real Decreto do 23 de xullo dese mesmo ano, reestructura os partidos xudiciais da provincia e inclúe no Municipio de San Cristobal de Cea os de Mandrás e Oseira. Ainda sería máis tarde cando as parroquias de Covas e Vales (ambas disgregadas da de Oseira) se unirían o Municipio de Cea, quedando este baixo a xurisdicción do Partido Xudicial do Carballiño.

Segundo as últimas estadísticas a Vila de Cea ten unha poboación de 855 habitantes, en 1960 tiña 1059. O municipio conta con 3731 e por aquel entón contaba con 5966. perdeu o 37.47% da poboación, unha porcentaxe similar ao que perdeu o partido xudicial ao que pertence.

·         A extensións das parroquias e habitantes resúmese do seguinte modo:

o   CASTRELO (San Ciprían), 7 entidades de poboación, 3.2 km2, 206 habitantes

o   CEA (San Cristovo), 4 entidades de poboaci ón, 3.3 km2, 855 habitantes

o   COVAS (Santa Mar ía), 6 entidades de poboación, 15 km2, 264 habitantes

o   LAMAS (San Mart ín), 3 entidades de poboación, 1.8 km2, 178 habitantes

o   LONGOS (Santa Eulalia), 4 entidades de poboaci ón, 3.7 km2, 101 habitantes.

o   MANDR ÁS (San pedro), 5 entidades de poboación, 2.6 km2, 257 habitantes.

o   OSEIRA ((Sta. Mar ía A Real), 23 entidades de poboación, 27.5 km2, 608 habitantes.

o   PEREDA (Sta. Eulalia), 8 entidades de poboaci ón, 6.9 km2, 306 habitantes

o   S.FACUNDO ( San Facundo), 3 entidades de poboaci ón, 4.5 km2, 204 habitantes.

o   SOUTO (San Salvador), 4 entidades de poboaci ón, 1.2 km2, 114 habitantes

o   VALES (San Pedro), 9 entidades de poboaci ón, 13.1 km2, 307 habitantes.

o   VILASECO (San Miguel), 3 entidades de poboaci ón, 3.4 km2, 154 habitantes.

o   VI ÑA (San Román), 4 entidades de poboación, 6.9 km2, 177 habitantes.


O orzamento da construción da Torre do reloxo foi de 15.000 pesetas, por aquel entón o Concello tiña un orzamento de 58.592 pesetas. E con isto referímonos á Torre tal e como esta hoxe, situada no centro da Praza Maior.

Praza Maior de Cea en 1909

 

A capela do Santo Cristo, hoxe non existente, é do século XVIII, posuía un altar neoclásico, decorado con pans de ouro doados por emigrantes de Cea na Replública Arxentina.

A igrexa parroquial, consagrada á Virxe do Rosario e a San Cristovo, atópase a 1 km. da vila. O súa fundación é antiquísima, aínda que o súa construcción actual é do século XVI, cando substituíu a outra anterior da época dos suevos, mencionada en 1487 e que contaba cunha feligresía de 48 veciños, o que non era pouco xa que en Ourense por aquel entón só había dúas parroquias (A Catedral e a Santísima Trinidad) e contaban con 1048 veciños.

A Capela da Saleta foi construída en 1908, mediante suscripción popular, costando 17.321 pesetas. O pobo reuníu 9.124 pesetas e o resto, o párroco Don Jesús Gómez Alanís do seu propio peculio. Iso é polo menos o que reflicte nunha lousa de mármore situada no propio templo aínda que hai outras teses valorables (Véxase a Historia dos alcaldes de ANGODA en colaboracións)

Dedúcese que a presenza do home por terras de Cea sexa de fai máis de un millón de anos, dado o hallazgo de exemplares soltos de machetes, puntas de frecha, coitelos e outros obxetos de pedra.

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes ppreme sobre elas.

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares