Lembranzas da Saleta en Cea

Galego

Un ano mais imonos achegando a data da celebración das festas da nosa Saleta, e coma en datas anteriores o pobo pouco a pouco, vaise acercando no sentir e pensar o día da festa.

Así desde que se inagurou o santuario alá polo ano 1.908 os nosos ancestros fixeron o mesmo, que nos imos facer para festexar o día da santa; quizais nas primeiras datas da súa celebración forón millores as festas, ou quizais peores, pois naqueles tempos a festa da Saleta, tiña que loitar coa festa do San Lourenzo, que era a que tiña mais tradición; pois as familias do pobo dado que o bo tempo que case sempre fai, o dez de agosto, tiñan por rutina ir cear o pé da capela a luz do candíl, o cal era algo sagrado o que non se podía faltar. 

Durante istes anos celebraronse 96 festas, que visto en números parece que non é nada, pero que poucos mortais chegamos a esa data, así, durante iste tempo foron moitas as familias do pobo que, co mesmo soño que nos temos foron desaparecendo, moitos camiño da emigración coma a, Arxentina onde a rúa Ribadavia en Bos Aires, era case toda de fillos de Cea, tamén Cuba,Venezuela e Europa, sendo de destacar a familia dos “TOMBOS” que vivían en Chile, e polas festas da Saleta mandabanlle o crego un agasallo, para que lle dera a cada familia do pobo un peso en plata para pasar as festas.

Hoxe xa todo o dito é historia e os tempos cambiaron polo que lles dexexo unhas boas festas e unha boa axuda para os romeiros.

ANGODA

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares