Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

20 anos: aquel 28 de maio de 1994

28.05.2014 .- En primeira persoa cóntannos como foi aquel 28 de maio, no que os xuvenís de CD Cea gañan a Copa Deputación na súa categoria.Formación

 

Xa 20 anos…

Aquel 28 de maio de 1994… un grupo de imberbes rapaces de Cea e do seu Concello…

Nunca nos viramos noutra... Xogar a final da Copa Deputación, no Couto. Buff, para nós como se fora a final da Champións.

Casa sen querelo e sen contalo, fomos pasando eliminatoria tras eliminatoria, e plantámonos na Final, na Gran Final, contra o Ribadavia, menuda, un equipazo tiñan o ribeiraos, pero en ilusión, como moito, empatabamos.

Lembro vivir os días antes e o propio día como un auténtico heroe, podíamos emular aos noso ídolos de entón, aqueles que poucos anos antes foran quen de gañar a copa sénior fronte ao potentísimo Allariz, que ambientazo naquela final ¿Será a nosa igual?.

Ilusión e un pouco de nervios xa desde días antes, pero chega o gran día, concentración máxima, pero seguen os nervios, algún ata case cae para atrás o ver como estaban as gradas do estadio desde as ventás do propio vestiario.

Caras de concentración, aqueles, sobre todo, amigos da época non parecían os mesmos, o adestrador dando ordes, caso absoluto por parte de todos, silencio, moitas ganas de comezar e seguen os nervios a flor de pel.

Saltamos o céspede, coma xuncos, irremediablemente, miramos as gradas, moita xente, moitísima, medio pobo de Cea ou algo máis. Familiares, amigos, cativos, algún dos nosos heroes que anos atrás foran que de facernos estremecer no mesmo lugar mais ou menos a mesma hora pero en domingo, nesta ocasión a Gloria tocaba tocala en sábado.

Rituais típicos antes do partido, o Ribadavia de vermello, nós de celeste, coma sempre, ou case sempre, (lembro a vitoria en extremis ante o Maside en Maside de branco con ribetes azuis e verdes) o colexiado un cativo coma os 22 de campo…. Comeza o partido, pasa rápido, GOOOOL boa xogada que remata no 1 a 0 (xogabamos de locais), o resto do partido e o de menos… ganamos, apurados, eso si, o final o Ribadavia demostrou ser un equipo forte e meteunos na área ol últimos minutos….

Facíase realidade un soño, cumpríase a ilusión dos que formábamos aquel marabilloso grupo.

Celebración a tope, e durmir CAMPIONS

Celebración

 

Video da final

 

 

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares