Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
26.12.2017 .- A estas horas comeza a deixarse sentir o temporal en Cea. Ainda que os ventos non son fortisimos comezan a facerse notar. Deixamos uns consellos que nos fan desde a Axencia Galega de Seguridade.
"As condicións meteorolóxicas irán empeorando co paso das horas. Segundo a previsión, agárdanse refachos de vento que poderán oscilar entre os 90 e os 110 km/h en toda a Comunidade galega. Ademais, activarase outra alerta de nivel laranxa nas provincias do litoral por fenómenos costeiros. Así, ante esta situación, o 112 Galicia recomenda extremar as precaucións, en terra e mar e seguir estas recomendacións:
Retira todos os obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras ou tellados
10.11.2017.- Publicación do procedemento aberto, trámite de urxencia , varios criterios de adxudicación, para a contratación do suministro dun tractor e dúas desbrozadoras polo Concello de San Cristovo de Cea. A continuación engadimos enlaces ao Anuncio e ao Prego de Clausulas Administrativas.
02.11.2017.- Como é tradicional, o Concello organiza un Magosto Popular o vindeiro 18 de novembro, sábado, a partir das 20:00 horas na Praza Maior. Empanada, chourizos asados con pan, queique, castañas, viño ou auga, será o menú para tal día. O prezo do bono é de 5 euros e están dispoñibles na casa do Concello ata o vindeiro 15 de novembro, venres. Haberá carpa e música en directo co Dúo Sabrosito.
25.10.2017.- Proximamente abrirán ao público tres servizos renovados. O Telecentro, a Aula de Formación e a Biblioteca Municipal, tras as obras de modernización e a sustitución de equipamento tecnolóxico, abrirán de novo en breve para uso e disfrute dos veciños que así o demanden. Estas obras foron cofinanciadas por AGADER e o Concello de San Cristovo de Cea.
14.09.2017 .- Adxuntamos o cartel das Festas na Honra da Nosa Señora a Virxe da Saleta. Parabéns á Comisión de Festas polo traballo realizado. preme na imaxe para ampliar.
24.08.2017.- Publicamos a Resolución da Alcaldía coa Lista de admitidos e excluídos para a provisión dunha praza de mestre do Punto de Atención á Infancia do Concello de San Cristovo de Cea.
23.08.2017.- ANUNCIO - Proceso selectivo para unha praza de mestre do Punto de Atención á Infancia do Concello de San Cristovo de Cea. Preme AQUI para velo
23.08.2017.- Adxuntamos un Comunicado Informativo sobre Cortes de Auga Intermitentes dado a sequía que estamos a padecer. Para ver o Comunicado preme AQUI