Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
06.07.2016 .- Procedemento aberto, tramitación ordinaria, varios criterios de adxudicación para a execución da obra "Renovación de instalacións de alumeado público exterior municipal" no Concello de San Cristovo de Cea.
27.06.2016 .- Éxito na I Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea. Gran ambiente e elevada participación neste evento que marca o inicio da XXV Festa de Exaltación do Pan de Cea. Agradecemos a todos os participantes, colaboradores, patrocinadores a labor realizada. Asimesmo agradecemos a AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outra enfermidades Neurodexenerativas) a súa presenza e o importante traballo que veñen realizando. Compartimos 93 imaxes que resumen a xornada de onte.Preme na foto que segue para ver as fotos:
18.05.2016.- Adxuntamos Anuncio de Licitación e Prego de Clausulas Administrativas Particulares para a "“Renovación de Instalacións de Alumeado Público Exterior Municipal”. Preme no seguinte enlace para descargalas.
02.05.2016.-Pablo González, amigo e colaborador da Comunidade de Oseira e desta páxina web comparte con nós este magnífico vídeo do Mosteiro de Oseira de xeito totalmente desinteresado.
Agradecemos o detalle a Pablo e valoramos un traballo verdadeiramente espectacular.
05.04.2016.- Concerto da Escolanía de Lluc no Mosteiro de Oseira. Coorganizada entre o Concello de Cea e O CEIP Virxe da Saleta. Preme na imaxe para ampliar.
16.03.2016.- Para a vindeira Semana Santa propoñemos dúas actividades para os interesados:
CINE EN LEIRO: (Martes 22 de marzo)
Película: Kung fu Panda 3 - Saída ás 11 horas desde a Casa do Concello - Prezo 6 € empadroados 10 € non empadroados. Prazo de inscrición ata o 21 de marzo
ENCONTRO ENTRE CATIVOS E MAIORES NA RESIDENCIA A SALETA (Mércores 23 de marzo)
14.03.2016 .- Preme no seguinte enlace para ver a lista provisional de admitidos e excluidos para a creación de nove prazas no servizo de Axuda no Fogar.
04.03.2016 .-Bases para a creación de nove prazas como laboral de Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de San Cristovo de Cea. Preme no enlace que segue para descargar as bases ou no seguinte para ver a publicación no BOP de hoxe.