Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Novo servizo de información a través de WhatsApp.

12.07.2019.- Trátase dunha canle de difusión das actividades municipais que son de interese xeral para os veciños (culturais, deportivas, sociais…), bandos municipais, calendario fiscal, alertas e situacións de emerxencia, convocatorias e outras noticias.

Esta canle será unidireccional e non servirá para atender demandas, queixas ou suxerencias. Para recibir a información proporcionada a través do Servizo de WhatsApp do Concello de San Cristovo de Cea debe darse de alta e enviar desde o número de teléfono que quere asociar a este servizo a palabra ALTA, e ademais é necesario ter agregado entre os seus contactos o número de teléfono do devandito servizo: 672 122 300. (Isto é necesario para poder recibir correctamente as mensaxes).

O Concello de San Cristovo de Cea utilizará este servizo para enviar información de interese xeral.

A canle é unidireccional e só de información, non servirá para atender demandas, queixas ou suxerencias. Non se responderán mensaxes nin se atenderán chamadas nese número de teléfono.

O uso incorrecto deste servizo por parte dos usuarios/ as, conlevará á expulsión da lista de difusión e, á súa eliminación e/ou bloqueo. Se nalgún momento quixese darse de baixa do servizo, bastará comunicalo mediante unha mensaxe a ese mesmo número coa palabra BAIXA será borrado da canle.

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares