Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Novo Superior en Oseira

11.11.2015 .- A comunidade de monxes de Oseira conta con novo superior, cuxo nomeamento faise efectivo no día de hoxe, festividade de San Martíño de Tours. Trátase de Alfonso Lora Astudillo, natural de Fuentes de Andalucía (Sevilla). Ten actualmente 65 anos e foi de profesión enfermeiro en Sevilla antes de entrar en Oseira o 23 de xaneiro de 2008. Posteriormente, fixo a súa profesión perpetua o 11 de xullo de 2013.

O abade de San Isidro de Dueñas, Juan Javier Martín Hernández, comisionado polo abade xeral da Orde Cisterciense e en presenza do Obispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, nombrouno novo superior da abadía de Santa María la Real de Oseira o pasado día 9 deste mes de novembro.

O irmán Alfonso Lora Astudillo sustitúe a Gerardo Luis Martín Sánchez, que deixou o servizo como superior no mes de xullo do presente 2015 para regresar ao mosteiro de San Isidro de Dueñas, do que procedía.

Despois de varios meses de discernimento e a necesaria consulta coa comunidade e co abad xeral da Orden Cisterciense da Estricta Observancia, Eamon Fitzgerald, prodúxose este novo nomeamento, que se fai hoxe efectivo aproveitando a festividade do titular da Diócesis, San Martíño de Tours.

Será hoxe, sen embargo, unha xornada como outra cualquiera, posto que non haberá ningún tipo de celebración nin ningunha cerimonia especial. A única diferencia é que a comunidade xa conta co novo superior por un periodo de tres anos. Haberá únicamente misa solemne, con cantos gregorianos, ás 07,15 horas, con motivo da celebración de San Martíño de Tours, e o novo superior iniciará a súa labor sen ningún tipo de cerimonia. Tan só estaba prevista unha reunión da comunidade co abade de Dueñas, Juan Javier Martín Hernández, que finalmente por motivos familiares, posiblemente non se poderá celebrar.

A comunidade cisterciense de Oseira conta na actualidade cun total de 12 monxes, dos cales un é novicio. Vive fundamentalmente do que lle reporta o turismo, a hospedería, a gandeiría e a horta.

El Hermano Alfonso, Superior de Oseira

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares