Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Pavillón de Deportes

O 5 de xuño de 1999 foi inaugurado en San Cristovo de Cea o Pavillón polideportivo municipal. Unha pista central e unha auxiliar (ambas de parqué), 4 vestiarios de equipos e dous de árbitros, 1 ximnasio, 2 servizos (masculino e feminino respectivamente) e unha bancada con aforamento para 400 persoas conforman o complexo deportivo.

No pavillón xogan habitualmente os equipos locais de fútbol sala da liga local do Carballiño. Tamén xogou como local neste feudo o Carpintaría Janeiro FS nos seus partidos de categoría autonomica á que ascendeu o ano 2004.

Outros eventos que se realizaron eventualmente foron diversos partidos de Frigoríficos Florindo do Carballiño, un encontro de división nacional de Balonmán, no que facía ás veces de local o Lalin Balonman. Disputouse asimesmo a Final de Copa Deputación de Fútbol sala no ano 2001.

O partido inaugural disputárono o Ourense Fútbol Sala e Frigoríficos Florindo FS.

Recentemente equipouse o ximnasio con máquina aeróbicas.

Para calquera dúbida sobre o pavillón, peticion de cita ou outra información de calquera índole podes poñerte en contacto na dirección de e-mail info@concellodecea.com ou ben no telefono 630 70 05 48, no cal o encargado, Carlos Luís, informarate gustosamente.

Pavillón Municipal de Deportes. Placa inauguración  Pavillón Municipal de Deportes. Placa inauguración  Pavillón Municipal de Deportes. Placa inauguración

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares