Sala de Exposicións

No Edificio Multiusos Municipal, atópase a sala de exposicións. Trátase dunha sala ampla e luminosa, aberta a quen desexe expor os seus traballos.

Até a data, exposicións de pinturas, de teas, de debuxos, de maquetas, mesmo de coches de scalextric déronlle vida a este lugar.

No apartado En fotos, dentro da categoría Exposicións pode ver as fotos de todas as que até a data alí se celebraron.

Artistas como Asun Adá, Frei Luís de Oseira, María Auxiliadora Fernández, María Prim, Israel Barrosa, Mitra, José Fernández "O Rei", entre outros nos mostraron a súa obra.

Lembramos que a Sala de Exposicións esta aberta e disposta para quen alí queira mostrarnos a súa obra, sexa do tipo que sexa. Para iso simplemente ha de porse en contacto co Concello de San Cristovo de Cea, ben nas dependencias municipais, ben no número de teléfono 988 282 000, ben a través de correo electrónico info@concellodecea.com, informaráselle da dispoñibilidade e facilitaráselle un impreso (en breve poderase descargar desde esta web), para para facer a solicitude formal.

Sala de Exposiciones Exposición del Hermano Luis de Oseira

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares