Información sobre as ordes de subvención e asesoramento na tramitación, na Casa do Concello
10.02.2016 .- Como xa temos publicado no noso apartado de "Axudas, Subvencións, Ofertas, Emprego" resumimos tres que consideramos poden ser relevantes para moitos veciños. Premendo nos enlaces amplíase información. Na casa do Concello asesoramos sobre a tramitación das mesmas. De luns a venres de 9:00 horas a 15:00 horas.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
- ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 (códigos de procedemento IN412A-IN412B).
- ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN316A).
- ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN314A).
Galego
Comparte en