Escola Municipal de Teatro "O Picurí"

OBXECTIVOS

  1. Ofrecer unha alternativa de lecer a tod@s os veciñ@s do municipio que lles guste o mundo do teatro, para ocupar o seu tempo libre.
  2. Fomentar o habito da lectura.
  3. Crear novas vías de relación entre a poboación.
  4. Potenciar o traballo cooperativo.
  5. Favorecer o desenvolvemento da capacidade expresiva.
  6. Potenciar a capacidade artística e creativa.

 Escola de Teatro nas Festas da Saleta 2004

DESTINATARIOS.

Está destinado a tod@s l@s veciñ@s que desexen gozar facendo teatro, a idade para participar é a partir de 5 anos. Para anotarse deben dirixirse ao Departamento de Cultura de Concello de San Cristovo de Cea.

CANDO NACEU

A Escola Municipal de Teatro "O Picurí" comezou o seu andadura o día 25 de agosto de 2003. Esta actividade foi organizada e posta en marcha desde o Departamento de Educación e Cultura do Concello de San Cristovo de Cea.

Esta formado por un grupo de 20 nenos e nenas mozos e mozas cunha idade comprendida entre 5 e 17 anos.

Como representacións máis importantes están as que levaron a cabo o 19 de setembro de 2003 na Praza Maior de Cea con motivo das festas patronales onde interpretaron dúas pezas, "Cea en Festas", unha parodia dos maiores dun pobo durante os preparativos dunha festa, e "Mosteiro Glamoroso", na que en formato programa de televisión, se parodiaba aos personaxes do corazón do momento e outra representación que se celebro, con motivo dos festejos navideños, o día 28 de decembro de 2003 titulada "O burro de Xoaniño non quere ir a escola", que tiña como fío argumental as peripecias dun neno que non quería ir ao colexio.

Este grupo de teatro non é profesional, pero dentro das súas posibilidades, está aberto a invitacións para actuar noutros lugares, festa ou calquera outro evento, asegurando a diversión de todos os asistentes a cada unha das súas funcións.

COMO CONTACTAR

A persoa que se encarga de grupo teatral é Rosana Bernárdez Pena , Educadora social do Concello de San Cristovo de Cea. Teléfono de contacto 988 28 20 00.

Revisión 2014: Neste intre a escola está sen actividad, agardando poder ofrecer pronto a nova da súa posta en funcionamiento.

 

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar a imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares