Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Renovación do Alumeado Público Municipal Exterior

06.07.2016 .- Procedemento aberto, tramitación ordinaria, varios criterios de adxudicación para a execución da obra "Renovación de instalacións de alumeado público exterior municipal" no Concello de San Cristovo de Cea.

 

Galego

I Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea

27.06.2016 .- Éxito na I Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea. Gran ambiente e elevada participación neste evento que marca o inicio da XXV Festa de Exaltación do Pan de Cea. Agradecemos a todos os participantes, colaboradores, patrocinadores a labor realizada. Asimesmo agradecemos a AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outra enfermidades Neurodexenerativas) a súa presenza e o importante traballo que veñen realizando. Compartimos 93 imaxes que resumen a xornada de onte.Preme na foto que segue para ver as fotos:

© www.concellodecea.com

Galego

Acta de constitución e puntuacións do proceso para cubrir 9 prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar

30.05.2016.- Engadimos información do proceso para cubrir nove prazas de Auxiliares de Axuda no Fogar.

Acta de constitución e puntuacións do primeiro exercicio

Acta do segundo exercicio e puntuacións finais

Galego

Renovación de Instalacións de Alumeado Público Exterior Municipal,

18.05.2016.- Adxuntamos Anuncio de Licitación e Prego de Clausulas Administrativas Particulares para a "“Renovación de Instalacións de Alumeado Público Exterior Municipal”. Preme no seguinte enlace para descargalas.

 Anuncio de Licitación

Prego de Clausulas Administrativas Particulares

 

Galego

Oseira!!! A vista de drone

02.05.2016.- Pablo González, amigo e colaborador da Comunidade de Oseira e desta páxina web comparte con nós este magnífico vídeo do Mosteiro de Oseira de xeito totalmente desinteresado.

Agradecemos o detalle a Pablo e valoramos un traballo verdadeiramente espectacular.

 

Monasterio de Osera de Pablo González en Vimeo.

© Pablo González. Permitido o uso libre con fins promocionais do Mosteiro de Oseira exclusivamente

Galego

Excursión

15.04.2016 .- Preme na foto para ampliar información ou ben acude ao Concello, serás informado! 

Excursión

© www.concellodecea.com

Galego

Concerto en Oseira

05.04.2016.- Concerto da Escolanía de Lluc no Mosteiro de Oseira. Coorganizada entre o Concello de Cea e O CEIP Virxe da Saleta. Preme na imaxe para ampliar.

Escolanía de Lluc

© www.concellodecea.com

Galego

Actividades de Semana Santa

16.03.2016.- Para a vindeira Semana Santa propoñemos dúas actividades para os interesados:

  • CINE EN LEIRO: (Martes 22 de marzo)
    • Película: Kung fu Panda 3 - Saída ás 11 horas desde a Casa do Concello - Prezo 6 € empadroados 10 € non empadroados. Prazo de inscrición ata o 21 de marzo
  • ENCONTRO ENTRE CATIVOS E MAIORES NA RESIDENCIA A SALETA (Mércores 23 de marzo)

    • Saída ás 10:00 horas da Casa do Concello 

Galego

Lista provisional de admitidos e excluidos para a creación de nove prazas no servizo de Axuda no Fogar

14.03.2016 .- Preme no seguinte enlace para ver a lista provisional de admitidos e excluidos para a creación de nove prazas no servizo de Axuda no Fogar.

Lista provisional de admitidos e excluidos para a creación de nove prazas no servizo de Axuda no Fogar

Galego

Bases para a creación de nove prazas como laboral de Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar

04.03.2016 .- Bases para a creación de nove prazas como laboral de Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de San Cristovo de Cea. Preme no enlace que segue para descargar as bases ou no seguinte para ver a publicación no BOP de hoxe.

Bases (04.03.2016)

B.O.P Ourense (04.03.2016)

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares