Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Exposición Fotográfica: Cea Refulxe

29.02.2016 .- O pasado venres 26 de febreiro inaugurouse no Edificio Multiusos do Concello de San Cristovo de Cea unha interesante exposición, onde o Mosteiro de Oseira e o Pan de Cea son os protagonistas. "Cea Refulxe" é unha colección fotográfica de Xulio Gil, coordinada por Xabier Límia, que reflexa desde o punto de vista do autor imaxes únicas tanto do Mosteiro como do Pan de Cea.

Esta exposición estará no Edificio Multiusos aproximadamente dous meses, e coincide no tempo co curso da Uned que anunciamos fai días sobre o patrimonio cultural de cea e Oseira. Aconsellamos visitala.

Adxuntamos 17 imaxes da inauguración. Preme na foto que segue.

Cea Refulxe: Inauguración

Cea Refulxe (inauguración 17 imaxes)

Galego

Charla informativa sobre o PROGRAMA "VIVENDAS NO CAMIÑO"

25.02.2016 .- Como anunciamos con anterioridade, onte celebrouse no Edificio Multiusos, unha charla informativa sobre as Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Camiño de Santiago. Se non pudeches asistir e estás interesado achegamos a información que pode ser de interese.

Preme no enlace que segue para ampliar esta información, e lembra que no Concello asesoramos sobre a tramitación destas axudas.

Máis información sobre as axudas (web do IGVS)

Vivendas do Camiño

Asimesmo, adxuntamos algunhas imaxes da xornada de onte (preme para ampliar):

Galego

Charla informativa

19.02.2016.- O vindeiro mércores CHARLA INFORMATIVA no Edificio Multiusos sobre "Axudas para a Rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago". Preme na imaxe para ampliar información.

Charla informativa

Preme aqui para descargar o aviso

© www.concellodecea.com

Galego

Anuncios: Prazas para estadías e tratamento termal.

Entroido 2016: Enterro da Sardiña

15.02.2016 .- Engadimos 13 imaxes do Enterro da Sardiña. Para velas preme na foto que segue,

Entroido 2016: Enterro da Sardiña

© www.concellodecea.com

Galego

Subvención: concesión da prestación económica por fillos e fillas menores de 3 anos

15.02.2016 .- Ainda que xa temos publicada esta axuda no apartdo correspondente, volvemos a recordala pola importancia da mesma. Lembra que no Concello asesoramos a tramitación destas axudas e subvencións. Preme no enlace que segue para ampliar información:

Galego

Entroido 2016: Festa Infantil

14.02.2016 .- Engadimos as fotos da Festa Infantil de Entroido, celebrada no multiusos. Para velas preme na imaxe que segue

© www.concellodecea.com

Galego

Curso da Uned: "A la sombra de Claraval: el patrominio cultural de Cea y Oseira"

12.02.2016 .- Os vindeiros días 4 e 5 de marzo (venres e sábado) celebrarase no noso Concello un interesante curso sobre  "A la sombra de Claraval: el patrimonio cultural de Cea y Oseira". É unha actividade organizada pola UNED Ourense, e que conta co patrocinio do Concello de Cea e a Deputación de Ourense, e coa colaboración do Mosteiro de Oseira, o Consello Regulador da IXP Pan de Cea e o Centro de Estudios Chamoso Lamas. Se esta interesado preme nas imaxes que seguen para ampliar información.

 "A la sombra de Claraval: el patrominio cultural de Cea y Oseira"  "A la sombra de Claraval: el patrominio cultural de Cea y Oseira"

Galego

Información sobre as ordes de subvención e asesoramento na tramitación, na Casa do Concello

10.02.2016 .- Como xa temos publicado no noso apartado de "Axudas, Subvencións, Ofertas, Emprego" resumimos tres que consideramos poden ser relevantes para moitos veciños. Premendo nos enlaces amplíase información. Na casa do Concello asesoramos sobre a tramitación das mesmas. De luns a venres de 9:00 horas a 15:00 horas.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Galego

Entroido 2016: Gardería

10.02.2016 .- Subimos 26 imaxes do Entroido na Gardería. Que ben o pasaron os nenos e nenas do P.A.I, acompañados das súas familias. Preme na imaxe que segue para ver as fotos.

© www.concellodecea.com

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares