Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Axenda Cultural

20.12.2014 .- Xa dispoñible na web a Axenda Culural para os meses de Decembro e Xaneiro.

Como sempre, un interesante conxunto de actividades pensadas en todos os publicos para estas datas de Nadal.

Para vela, preme no enlace da dereita da web.

Galego

Coñece a túa provincia: Excursión

12.11.2014 .- 

Excursión "Coñece a túa Provincia"

Galego

Magosto 2014

11.11.2014 .- 

Magosto 2014

Galego

Resumo Verán 2014 en vídeo

04.11.2014 .- Engadimos un vídeo que resume o Verán 2014 e as actividades realizadas. Agardamos que vos guste!

 

Galego

MELLORA DO ACCESO Ó POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA

31.10.2014 .- O pasado venres 24 de outubro publicáronse as bases de contratación para a "MELLORA DO ACCESO Ó POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA", por un importe de 2.002.000 €.

Unha nova que será importante de cara o futuro e que agardamos supoña un estímulo para todo o concello.

No perfil do contratante da web da Deputación de Ourense atópanse as bases. (http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante)

Galego

Presentación "Xogo de Rapaces"

13.10.2014 .- O pasado sábado no Edificio Multiusos Municipal, Fausto González Hermida presentou o seu libro "Xogo de Rapaces", ante un auditorio practicamente cheo.

O Alcalde, José Luis Valladares, presentou o acto, no que tiveron a palabra, Acisclo Manzano, recoñecido escultor afincado no noso Concello e amigo persoal do autor, Francisco Xabier Limia, profesor e historiador, autor do limiar da publicación e o propio Fausto González Hermida.

Un aperitivo para os asistentes coa animación dun cuarteto de vento pecharon un acto moi ameno e dinámico.

No enlace que segue podes ver unha serie de 26 imaxes da presentación

Presentación "Xogo de Rapaces" (11.10.2014) 

Galego

Gardería Municipal

13.10.2014 .- Xa entrado o novo curso pasamos un anaco na Gardería, cos máis cativos do noso Concello, e pudemos comprobar que este tipo de infraestructuras merecen moitísimo a pena, pues nela fórxase o futuro. Adxuntamos unhas imaxes dos nenos e nenas nas instalacións da Gardería.

 

Gardería Gardería Gardería

As imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Todos os dereitos reservados

Galego

Fausto González: Xogo de Rapaces

01.10.2014 .- Fausto González Hermida, ceense, acaba de publicar o seu libro "Xogo de Rapaces". Trátase dun anecdotario da súa infancia, na que conta relatos reXogo de Rapacesais con certa picardía e moita dose de humor e retranca.

O prezo do libro é de 10 €, e poderase mercar en diferentes puntos do noso concello.

O vindeiro 11 de outubro no Edificio Multiusos ás 20:00 horas haberá unha presentación oficial do libro e máis unha exposición das ilustracións da propia publicación. Haberá un aperitivo para os asistentes e música tradicional en directo.

Estades todos convidados

 

Galego

Horarios Actividades

Undefined

Boas Festas!

19.09.2014 .- Todo a punto en Cea para comezar as Festas da Saleta 2014.

O noso máis sincero desexo a vecinos e visitantes de que pasen unhas boas festas.

Como xa se anunciou en prensa e a través de bandos municipais a feira do 22 celebrarase mañá, sábado día 20 ao ser o lunes festivo local.

BOAS FESTAS!

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares