Oseira

Mensaxe de erro

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).

Exhibición de Patinaje Club AEHDE

03.07.2014 .- Mañá venres, 4 de xullo ás 20:00 horas, na Praza Maior de Cea Exhibición de Patinaxe Artístico. O Grupo AEHDE fará unha interesante exhibición de Patinaxe Artístico para o público asistente.

Y ainda que na Axenda poñía que iba a ser no Pavellón de Deportes trasládase á Praza Maior para disfrute dos veciños, veciñas e peregrinos que alí se encontren, moitos deles xa en Cea para disfrutar deste intenso fin de semana.

Non Faltes!!!

Galego

Axenda Cultural xa disponible

03.07.2014 .- Xa recibida nos fogares do noso Concello, xa temos tamén dispoñible a Axenda Cultural para os meses de xulio, agosto e setembro no seu apartado correspondente, no menú da dereita da web.

Como podedes comprobar trátase dun completo programa de actividades pensado en todos os públicos e pensado en varias disciplinas para, deste xeito, poder chegar á maioría de veciños.

Como recalcamos sempre que facemos pública unha nova Axenda Cultural, estamos abertos a suxerencias ou a poder resolver dúbidas que podan existir sobre a programación.

Na nosa dirección de correo electrónico ou ben no Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.

 

Galego

23 Festa do Pan de Cea: programa

02.07.2014 .- A falta de 4 días para a festa do Pan compartimos o programa completo. Este ano son dous días, o sábado 5 e o domingo 6, coa novidade da Ruta dos Fornos.

Agardamos que sexa un éxito o fin de semana e que todos os que nos visiten se leven un grato recordo e, sobre todo, un agradabilisimo padal, con sabor a Cea con Sabor a Pan de Cea.

Programa Festa do Pan  

Galego

Pan de Cea: Historia (fotos)

02.07.2014 .- Estamos na semana do Pan en Cea, estamos na semana da Festa do Pan, estamos na Semana da Ruta dos Fornos, e para celebralo dun xeito especial compartimos con todos 3 fotos, polo momento, da Historia do noso produto estrela. 

As tres fotos teñen un especial valor, e dúas delas son produto dunha donación anónima de 1909, que gardabamos cun cariño especial e que estamos seguros que serán do voso agrado.

Xa están dispoñibles no apartado Proxecto Historia, como sabedes, subímolas en orde inverso, por tanto son as tres primeiras do apartado.

Galego

Presentación 23 Festa do Pan de Cea

01.06.2014.- A Festa do Pan de Cea, a cita gastronómica máis importante no eido do pan das que se celebran en Galicia, estrea este ano unhaPresentacion XXIII Festa do Pan de Cea novidosa actividade como é un roteiro gastronómico que percorrerá os antigos fornos, "co obxectivo de unir historia, tradición e gastronomía, as trazas máis características desta festa que leva celebrándose dende o ano 1992 para exaltar este produto", explicou hoxe o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, no acto de presentación da 23ª edición da Festa do Pan de Cea, que tivo lugar na Deputación de Ourense.

Galego

Cociña en Vivo: Ruta dos Fornos

29.06.2014 .- Ruta dos Fornos, novidosa iniciativa na 23 edición da Festa do Pan de Cea.

Na mesma, un dos seus puntos fortes será a Cociña En Vivo (ou showcoocking), que se celebrará na Praza da Panadeira sobre as 19:30 horas.

Da man de Enma Pinal Osorio os asistentes disfrutarán dun singular evento de cociña con degustación dos pratos realizados

Cociña en Vivo

Galego

23 Festa do Pan de Cea: Ruta do Fornos

25.06.2014 .- Chega xullo e co mes, sempre o primeiro domingo, chega a Festa de Exaltación do Pan de Cea. Tras 22 años de percorrido, o evento xa alcanzou madurez e un oco na axenda da boa gastronomía galega.Ruta dos Fornos 2014

E este ano chega con novidades, con novidades relacionadas, como non pode ser doutro xeito, coa gastronomía. A Ruta dos Fornos engade un día máis á celebración e que agarda, de forma humilde, converterse nun evento con sentido propio e que complemente perfectamente a Fiesta del Pan. Consiste nunha ruta gastronómica polos antigos fornos de Pan de Cea, aqueles lugares onde as familias de Cea, por semanas, cocían o Pan de Cea. Escolléronse catro Fornos para esta primera edición, O Forno do Lodairo, o Forno da Parapeta, o Forno do Santo e o Forno da Cruz. En cada un deles haberá unha selección de pinchos. Todos estos pinchos son con produtos galegos de calidade maridados con Pan de Cea. 

Galego

Corpus 2014

25.06.2014 .- O pasado domingo, 22 de xuño, Cea amencía cun aspecto diferente. Como é xa tradición un importante grupo de veciños  involúcrase na elaboración de alfombras florais en boa parte da Vila con multitude de símbolos que representan ao noso pobo.El Pan de Cea representado en las Alfombras de Corpus

Unha bonita iniciativa que chamou a atención de visitantes e peregrinos que se atopaban en Cea.

Queremos agradecer o traballo desinteresado de todos os que aportaron o seu graniño de area, e que a iniciativa perdure no tempo.

No enlace que segue, e no noso apartado En Fotos (de Flickr), podedes ver unha galería de 50 imaxes que resumen o día de Corpus en Cea. Esperamos que vos gusten!

Galego

III Maratón de Futbol Sete Festa do Pan de Cea

17.06.2014 .- Por terceiro ano consecutivo, un grupo de mozos do noso Concello organiza o Maratón de Fútbol Sete Festa do Pan de Cea. III Maratón de Fútbol 7 Festa do Pan de CeaOs días 27, 28 e 29 de xuño as instalacións do Lodairo acollerán un evento deportivo que pouco a pouco se está a converter nun referente na provincia. O Concello de Cea, como non pode ser doutro xeito apoia esta iniciativa cedendo as instalacións deportivas e agarda que todos os que visiten Cea neses día se leven un grato recordo.

O Consello Regulador da IXP Pan de Cea tamén se une como colaborador do evento un ano máis.

Estamos seguros do éxito organizativo e de que as xornadas suporán un bo escaparate para a vila e o Concello.

Benvidos a Cea.

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares